CURSO 2018-2019

SESIÓN DE CINE EN BRANCO E NEGRO

Aproveitando que o xoves nos propoñen vir ao cole de branco e negro, o alumnado de 5º e 6º queremos facer a nosa homenaxe especial a este tipo de cine.

Despois da visualización da película Le voyage dans la lunepuxémonos mans á obra para elaborar unha pantalla de cine coa imaxe emblemática deste filme.

Aquí nos tendes en plena tarefa creativa, xa vos amosaremos o resultado final.

 

 

 

 

 

Trátase dunha película francesa en branco e negro, muda e de ciencia ficción, rodada en 1902 por George Méliés. De feito, é a 1ª peli de ciencia ficción na historia do cine. Todo un motivo para gozar dela clicando no seguinte enlace.

El viaje a la luna

Que a desfrutedes!!

IMOS AO CINE

No día de onte, o alumnado de 4º,5º,6º de Primaria e 1º de ESO fixemos unha saída ao cine para ver  LA LEGO película 2. 

Aquí estamos un momento antes da proxección

 

 

 Despois de gozar da peli, aproveitamos para ver o funcionamento dunha sá de cine.

Explicáronnos como montaban antigamente as bobinas de celuloide: había que empatar as distintas cintas e despois, unha vez rematada a proxección, volver a desmontar. Menudo traballo!

Sabías que? para ver unha soa imaxe teñen que pasar 28 fotogramas por segundo, co cal... cada película podía medir varios km!!!

 

 Na actualidade resulta todo moito máis doado: agora as pelis chegan por satélite ou por fibra óptica directamente desde o país de orixe ata un enorme ordenador no que se programa un horario e a peli PROXÉCTASE SOA!!

Tamén vimos o procesador de son de última xeneración desde o cal escoitamos 7 sons á vez desde 7 altofalantes distintos. O que se chama SON 7.1

 

E despois de todo isto aínda nos quedou un ratiño para desfrutar dos xogos no parque que había alí ao lado.

 

Pasámolo moi ben!!

GALERÍA DE FOTOS

MENÚS DE PELÍCULA

A maioría do alumnado de 4º de primaria as matemáticas parécenos difíciles e aburridas, entón a profe  propúxonos adicar un día a traballar esta materia de maneira divertida.

Por fin chegou o día, sen darnos conta traballamos as fraccións , a multiplicación, as potencias, series, formas... Pasámolo xenial!!

Dámoslle as grazas ós pais de Uxía por levar para a súa casa a enfornar o noso doce con forma de estrela, coa que practicamos as fraccións.

Estes son algúns exemplos dos nosos traballos. ... Mellor dito, son as fotos que os menús xa os comemos.

GALERÍA DE FOTOS

ÁRBORE DE NADAL DE CINE

Como parte do proxecto de Centro, de xeito anual, elaboramos a árbore de Nadal. Este ano, como o proxecto vai sobre o cine a nosa árbore é, como non, o malvado Darth Vader.. Esperamos que vos guste.

BANDAS SONORAS

Hoxe fixemos a entrega de premios do concurso BANDAS SONORAS que consistiu na reprodución durante un mes de música de bandas sonoras de películas na hora do recreo en primaria e durante agarda de bus en secundaria. O alumnado,  despois de desfrutar da música  (e de bailar) debía anotar nunha folla de rexistro o título da película da que se trataba. Houbo dous gañadores en secundaria, Carolina Calvo e Marcos Devesa de 3º de ESO e en primaria, como estaba moi "reñido" e participaron con tantas ganas, fíxose un sorteo e o agraciado foi Nicolás Valdivieso de 6º de primaria que non puido recoller o premio por estar hoxe ausente, pero non debe preocuparse, o premio foi recollido por Lucía, a súa titora e seráselle entregado o luns.

Aquí vos quedan unhas fotos do momento da entrega dos premios

  O profe Xiao explicando cousas moi interesantes sobre a música e as películas e Carolina e Marcos no momento da recollida do premio    

                                                                        A man "inocente" que sacou o nome do premiado en primaria e a profe Lucía recollendo o premio do gañador                                                                                                 

SAÍDA 3º e 4º de ESO

O martes 13 de novembro o alumnado de 3º e 4º de ESO realizou unha saída ao Plató 1000, á Alameda en santiago de Compostela e á Cidade da Cultura.

Visitaron as instalacións da TVG, no Plató 1000 para acadar información xa que dentro do proxecto de centro, o alumnado de 3º terá que elaborar, en Tecnoloxía,  a maqueta dun plató de cine. Visitamos varios platós e recibimos unha moi instructiva charla sobre o proceso de grabación, edición e producción dos programas que se fan neste centro.

 

Despois nos desprazamos a Santiago, á Alameda para facer unha práctica de identificación de árbores e saimos pitando para o Gaiás onde puidemos desfrutar dunha visita guiada á exposición "Castelao Maxistral"...como "maxistral" foi a explicación do guía que nos trasladou á época da represión franquista e fixo un relato exquisito da relación da obra de Castelao nese momento histórico e político.


 


GALERÍA DE FOTOS

 

 

2º RECREO CON BSO

2º recreo a ritmo de cine. En Primaria disfrutámolo ao GRANDE!

 

 

 

UN RECREO CON BSO

Dentro do Proxecto de Centro deste curso, "O Cine", estasea desenvolver unha actividdae, tanto en primaria como en secundaria, que consiste en poñer música de películas (no caso de secundaria escoitarana durante a garda de bus da mañán e no de primaria no recreo). Poderá ademais o alumnado participar nun concurso que terá premio, só han de adiviñar cantas máis cancións poidan identificar e anotalas nunha folla de rexistro co seu nome e apelidos.

Hoxe foi o primeiro día con recreo musical e,se observamos as fotos, dámonos de conta de que foi todo un éxito. Polo menos no patio de Primaria!

 

 

 

Que BSO escoitaremos mañá?

OBRADOIRO DE CINE

Comezamos forte!!. O día 17, o primeiro día de clase, o alumnado de 3º e 4º de ESO recibiu a vista dos compoñentes de GAITAFILMES que realizaron un obradoiro de cine, actividade que se inclúe dentro do proxecto de centro que este curso ten como temática, como non podía ser doutro xeito, o cine.

GALERÍA DE FOTOS

Ao longo do curso escolar iremos publicando novas con actividades relacionadas co noso proxecto anual...e outras que, aínda que non estean relacionadas con esta temáticas resultarán, estamos seguros, moi interesantes.

BENVIDOS TODOS AO NOVO CURSO NO CPI PLURILINGÚE EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN!!!

Powered by Drupal - Design by artinet