Celebración do Día da Muller: 8 de marzo.
No CPI Eusebio Lorenzo Baleirón celebramos o Día da Muller.
En Primaria falamos e reflexionamos nas titorías, e debuxamos e escribimos, sobre algunha das nosas mulleres favoritas, ás que homenaxeamos este día, pero tamén o resto do curso coa exposición que podedes ver no cole.
O alumnado de Secundaria e o resto da comunidade educativa faremos esta homenaxe cunha exposición fotográfica, que por suposto, está aberta a novas achegas.
Gracias a todxs pola participación!
Aquí tedes o enlace ás fotos e o vídeo da actividade do Concello na que participou o alumnado da ESO e o CRA.
8 DE MARZO
Desde a Biblioteca do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, propoñemos esta actividade ao alumnado de ESO, profes e comunidade educativa, co fin de facer unha exposición conxunta para celebrar o 8M. As fotos poderán entregarse no correo electrónico da biblioteca que aparece no cartel. Animádevos!
Club de lectura da veciñanza
Únete ao Club.
CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA INTERXERANDO 2023
Os gañadores do X Concurso de Fotografía Matemática do curso 2022-2023 (Interxerando) son:
- 1º PREMIO: “Vórtice xeracional”.Xián Rial Figueira, 4º
- 2º PREMIO:“Simetría ancestral” . Manuel Boullón Pérez 3º
- 3º PREMIO: “Escala familiar” Mateo Tourís Abuín 2º
Parabéns aos premiados.
Aquí tedes todas as fotos presentadas.
Día de Rosalía
Onte todo o día, foi DÍA DE ROSALÍA.
Por iso, tocou encher a casiña que lle temos no cole de Pensamentos: pensamentos-plantas, cuxas flores sabemos que eran as favoritas da escritora e que foron feitas á man nas aulas; e pensamentos-poemas, isto é, algúns dos versos coas máis profundas e lúcidas reflexións da poeta.
Aquí tedes a ligazón á actividade no facebook.
Entroido 2023
O venres 17 de febreiro celebramos o Entroido, en colaboración co CRA de Dodro, visitando o Centro de Día do concello. Á volta tivemos a posibilidade de compartir coas familias unha degustación dos postres típicos desta celebración. Queremos agradecer o compromiso e a participación das familias na preparación destes doces.
Aquí tedes dous enlaces cos videos e fotos das actividades.
SAÍDA A SANTIAGO 5º E 6º PRIMARIA
30 DE XANEIRO. DÍA DA PAZ.
FESTIVAL DE NADAL
A celebración do festival de Nadal deste ano resultou marabillosa. Tivemos con nós a alumnado e familias do CRA e unhas actuacións dignas de mención.
Co fin das clases, o alumnado de 5º de Educación Primaria dá por finalizado o traballo arredor da obra teatral “Conto de Nadal” traballada durante máis dun mes. Foi un proceso moi interesente e enriquecedor para todos e todas. Nun inicio comezamos a repartir os papeis e a ler o guión na aula, trantando de mellor a entonación para que se axustase ao máximo a cada personaxe. Despois comezamos a interpretalo de pe na aula, para finalmente, o 12 de decembro iniciarnos cos ensaios diarios no escenario central. Pouco a pouco foi mellorando o dominio do guión, a escenografía foi variando ata parecerse cada vez máis ao resultado final, aparecendo o mobiliario e os decorados. Foi un proceso longo pero que o alumnado de 5º soubo aproveitar.
Sen a axuda do profesorado e especialmente da mestra de música Carolina, nada sería posible.
O camiño da nosa compañía teatral de 5º acaba de comezar,mais, que será o seguinte?....
O resto do alumnado e profesorado tamén traballou arreo para que puideramos ofrecer á nosa comunidade educativa un festival co que poder desfrutar despois de tanto tempo sen realizar este tipo de celebracións.
Nos enlaces deixamos, fotos e vídeos:
VÍDEOS ALUMNADO DO CRA
VÍDEOS ALUMNADO DO CPI
Desexamos a toda a nosa comunidade educativa unhas Felices Festas e un Próspero Ano.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »