CONCURSO LOGOTIPO ANPA DE DODRO

BASES DO CONCURSO

A ANPA de Dodro en colaboración co C.P.I Eusebio Lorenzo Baleirón e C.R.A de Dodro convoca un concurso para a creación do LOGOTIPO destinado a ser a imaxe representativa da asociación. O deseño debe ser acorde para a súa utilización en papel, WEB ou soportes multimedia.

 

1.       PARTICIPANTES.

Poderán participar tódolos alumnos matriculados no curso 2014/2015 no C.P.I Eusebio Lorenzo Baleirón ou calquera das unitarias do CRA de Dodro. Os participantes deberán presentar una única proposta, que deberá ser orixinal e inéditas.

 

2.       CONTENIDO DO DESEÑO.

O contido das obras presentadas estará composto unicamente polo logotipo, sen outro adorno nin accesorio.

 

3.       PRESENTACIÓN DO DESEÑO.

O formato a presentar deberá ser en papel e o tamaño máximo será formato folio A4. Ningún traballo poderá estar firmado nin levar señas que poidan identificar o seu autor.

 

4.       PRAZO E ENTREGA.

Prazo de entrega: Ata o 16 de Xaneiro de 2015.

A entrega de traballos farase mediante entrega en man en sobre cerrado ó titor de cada curso indicando no sobre “Concurso Logotipo ANPA”, sen outra identificación e estes entregarán os sobres recibidos a calquera dos membros da xunta directiva da ANPA.

 

5.       DOCUMENTACIÓN A APORTAR.

No sobre cerrado deberá achegarse:

-          Proposta de deseño.

-          Papel no que figuren os seguintes datos:

o   Nome e apelidos do participante.

o   Curso no que está matriculado.

o   Centro no que está matriculado.

 

6.       XURADO.

O xurado será elixido pola Xunta Directiva da ANPA.

 

7.       ELECCIÓN DO RESULTADO POR PARTE DO XURADO.

O prazo para facer público o resultado do concurso dependerá do número de propostas presentadas.

A elección do xurado será definitiva.

 

8.       PREMIOS.

-          Farase entrega de un vale desconto en material escolar ó gañador

-          Entregarase un pequeno detalle a todos os participantes

-          O gañador terá a satisfacción de ver que o seu deseño foi o elixido como imaxe representativa da ANPA. 

 

9.       PROPIEDADE INTELECTUAL.

-          O gañador cede tódolos dereitos en relación co traballo feito e presentado, polo que a ANPA de Dodro pasará a ser propietaria de tódolos dereitos de propiedade intelectual que puideran corresponderlle en relación co deseño, así como calquera outros que lle puidesen corresponder. A propiedade, uso e dereitos do traballo gañador quedarán reservados exclusivamente á ANPA de Dodro.

-          Da mesma maneira, tódolos participantes, incluído o gañador/a, ceden os dereitos de manipulación, edición, exposición e reprodución.

 

10.    TRABALLOS NON PREMIADOS.

Estes traballos serán conservados pola ANPA para o seu uso en caso necesario.

 

11.    PRESENTACIÓN DO LOGOTIPO GAÑADOR.

O resultado pasará a ser o logotipo oficial da ANPA desde o momento en que se comunique o gañador e notificarase na páxina web da ANPA e do CPI.

 

12.    ACEPTACIÓN DAS BASES.

A participación no Concurso leva implícita a aceptación de tódalas súas bases e a decisión do xurado. Toda cuestión non prevista nas presentes bases será resolta polo Xurado, comunicándose a cada participante a decisión que corresponda.

 

¡¡¡¡¡¡¡ ÁNIMO E SORTE PARA TODOS OS PARTICIPANTES!!!!

Powered by Drupal - Design by artinet