A ILLA DE SAN SIMÓN

O Mércores 18 de xuño o alumnado de Primaria fixemos a saída de fin de curso á illa de San Simón, na ría de Vigo.

Vimos o museo da batalla de Rande, canóns, lingotes de ouro e prata, escafandras, soldados ingleses, holandeses, franceses,... Contáronnos a historia tal e como ocorreu. 

Logo fixemos o percorrido en barco, pasando por debaixo da ponte de Rande, ata rematar na illa onde recibimos información sobre o seu pasado e todo o que nela aconteceu: lazareto, prisión,... Vimos o paseo dos buxos e ata participamos na busca do tesouro (que atopou Roberto de 5º). Fixádevos que montón de moedas de ouro!!

 

Aprendemos moito e tamén disfrutamos da paisaxe e o bo tempo. 

Os que queiran repetir coas familias que miren a páx. web do concello de Redondela, que organizan viaxes.

E paga a pena. A que si?

 

AdxuntoTamaño
illassimon.swf4.31 MB

Powered by Drupal - Design by artinet