Novo tema en 3º da E.S.O. Feel good Inc (Traducido como "A Corporación "Síntete ben")

Liberdade contra as Corporacións.  Feel good Inc - Gorillaz

En palabras de 2-D, a canción e o vídeo que veredes no link representan a prisión mental na que vivimos. Ou sexa, os límites impostos pola sociedade e que non nos deixan ser libres.

 

A pequena illa do moiño onde está Noodles representa a liberdade que tanto queremos mais que dificilmente alcanzamos.

 

Os membros de De la Soul (os rapeiros das pantallas) representan as corporacións, as grandes empresas e aos medios de comunicación que nos teñen "atrapados".

Ao final do vídeo vemos como "As corporacións do "síntete ben"  atrapan a 2-D na súa grande torre. Vemos tamén com Noodles escapa na súa "illa liberdade", mais os helicópteros da "Feel good Inc" van detrás del...

 

Feel Good Inc  - Gorillaz

 

Recoméndovos ver o vídeo unha vez. Ler de novo o que aquí pon e voltar a ver o vídeo outra vez. Vai moi rápido.

Apertas.

Powered by Drupal - Design by artinet