Regueifesta

 

Este venres houbo troula,
houbo unha grande festa,
no Auditorio de Galicia,
celebrouse a Regueifesta.
 
Dodro estivo alí presente,
coa rapazada de sexto,
que enfiou tan ben as coplas
que levou ata un premio.
 
A regueifa é coñecida,
pero alí aprendimos,
que no Ulla son atranques,
e no Courel cantan brindos.
 
Por Vilariño de Conso, 
o que crean son as bombas,
en Euskadi bersolaritza,
por Catalunya as glosas.
 
Desde Trives o folión,
cos seus bombos e aixadas,
fixeron tremer o palco,
quedamos marabilladas.
 
Esta festa da poesía ,
e da palabra cantada ,
foivos unha regalía,
vai ser por nós recordada.
 
Máis vídeos e fotografías:

Powered by Drupal - Design by artinet