Repítese a maxia

O martes 22 de novembro recibimos a visita dos usuarios do Centro de Día de Dodro. O alumnado de 4⁰ da ESO interpretou O pezinho mentres bailaba o de 4⁰ de E.P. Logo houbo pezas musicais de 4⁰, 5⁰ e 6⁰ de E.P. que prepararon nas clases de música, intercambio de agasallos, compartimos momentos de xogo co trompo e o xogo As abelliñas de S. Miguel. Houbo tamén tempo para falar, contar historias e atopar xente coñecida: María José e a súa veciña de Lestrove; Fina, que acaba de ter unha bisneta chamada Noa, como a nosa Noa, e Magdalena e Dani Baleirón que xa son como amigos de toda a vida,...
Agradecemos a todo o persoal traballador no Centro de Día e tamén a Mercedes, colaboradora co programa MUSE, a súa implicación neste proxecto.
Dannos a vida estas visitas. 
Agardamos vernos pronto!
 
 
 
 
 

Aquí tedes o enlace ás fotos da actividade.

Powered by Drupal - Design by artinet