FONDO DE LIBROS, AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS TEXTO, AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR E MATRÍCULA:
Publicada a ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).
Poden consultar a dita orde no seguinte enlace:
http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20200519_axudas_libros.pdf
Seguindo instruccións da consellería, para evitar desprazamentos e riscos innecesarios seguiremos empregando o teléfono, o tokapp e o correo electrónico como forma de contacto entre o persoal do centro e as familias.
ALUMNADO DO CENTRO
Enviaremos por tokapp as instruccións precisas de cómo se vai xestionar este trámite así como o trámite da matrícula e os prazos.
ALUMNADO DO CRA DE DODRO QUE RESERVOU PRAZA EN 1º DE PRIMARIA.
Informaráselles telefónicamente e mediante correo electrónico do procedemento a seguir para a matrícula e para a solicitude de axuda para a compra de libros e material escolar.
ALUMNADO PROCEDENTE DE CENTROS DE FÓRA DO CONCELLO QUE SOLICITOU ADMISIÓN NO CPI.
Informaráselles telefónicamente e mediante correo electrónico do procedemento a seguir para a matrícula e para a solicitude de préstamo de libros e axuda para compra de material escolar.
LEMBREN QUE AS AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO SON SÓ PARA O ALUMNADO DE 1º e 2º DE PRIMARIA. PARA O RESTO DO ALUMNADO, PODERÁN SOLICITAR FONDO DE LIBROS, AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR.