Prezada/o amiga/o;
Comprácenos remitirlle o programa do XIV Encontro Arqueolóxico do Barbanza, que terá lugar os días 29 de febreiro e 1 de marzo de 2020, na casa da cultura Ramón Martínez López, en Boiro.
Agardamos que o programa sexa do seu interese:
Si está interesada/o en asistir, pode formalizar a matrícula:
- directamente a través da nosa plataforma dixital: www.centroarqueoloxicodobarbanza.org
- remitíndonos un correo cos seus datos á info@centroarqueoloxicodobarbanza.org, ou centroarqueoloxicobarbanza@gmail.com
- ou, pinchando aquí
A modalidade libre é gratuíta e con aforo limitado, polo que é preciso formalizar a matrícula.
Existe unha modalidade de matrícula certificada cun custe de 15 euros, tamén con aforo limitado, para aquelas persoas que requiran da homologación do curso para as seguintes circunstancias:
-Alumnos da USC que soliciten o recoñecemento como crédito ECTS ou como actividade de formación do Programa de doutoramento de Xeografía, Historia e Historia da Arte.
-Docentes dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (actividade de formación de 12 horas)
-Certificados de asistencia
Para calquera dúbida, pódense pór en contacto coa secretaría do evento.
Saúdos cordiais