O martes día 15 de maio celebramos o Día das Letras Galegas cun acto no que se realizaron diferentes actividades. O alumnado de 1º de primaria fixo un repaso pola vida da autora homenaxeada María Victoria Moreno, 2º de primaria cantaron cantigas populares e pandeiradas, 4º, 5º e 6º cantaron cancións populares coa letra adaptada para a ocasión, como non, sobre María Victoria e tocaron o himno galego, 6º de primaria relatou o conto "A Volta de Fina" e o alumnado de 2º de ESO tocou o blues do "Pantrigo meu amigo" con letras da obra da autora que trataban de imitar a estrutura das cantigas de amigo.
Os alumnos e alumnas de 3º de primaria representaron unha obra con títeres titulada "So coma un can", obra adaptada dun conto en castelán que fala sobre o maltrato animal e trata de sensibilizar ao respecto do tema da adopción, para a que realizaron os diálogos e recibiron a axuda dos seus compañeiros e compañeiras de 5º de primaria que elaboraron as marionetas e repararon o teatrillo. Quedou xenial!!!
E todo isto coa inestimable axuda dos nosos presentadores Xulia e Iago de 4º de ESO.
FOTOS DO FESTIVAL NO ENLACE