CORRECÁN SOLIDARIO

INFORMACIÓN PARA OS INTERESADOS: Está convocada a terceira edición do CORRECÁN SOLIDARIO organizado pola Asociación Canina Cancoruña. asociación sen ánimo de lucro que loita pola integración cíivica dos cans na cidade, a tenencia responsable e a protección e fomento de adopción de animais de compañía.

O CORRECÁN SOLIDARIO celebrarase domingo 20 de mayo e o percorrido será o mesmo da edición anterior:  Paseo Marítimo de Riazor e Orzán con saída e meta no Pazo Municipal dos Deportes de A Coruña coa seguinte planificación:

 

·         Circuito no  que o participante poida correr ou camiñar co seu can.

·         Venda de dorsais a un prezo simbólico que se utilizará ao 100% como donativo ás protectoras que formen parte do evento.

·         Contar cun pequeno avituallamento por participante (bebida, froita ou barriña enerxética).

·         Ter stands montados polas protectoras para a difusión da súa actividade. Incluso poderían levar algún can do seu refuxio ao que lle estean procurando un fogar.

·         Outorgar algún tipo de premio que non favoreza a competitividade.

·         Dar bastante peso aos sorteos de agasallos entre as persoas participantes.

·         Intentar acadar afluencia de público interesado en colaborar  nesta labor de difusión da adopción animal: a través da publicidade, a participación de empresas colaboradoras, a presenza dalgún personaxe coñecido...

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

 

Máis información nos arquivos adxuntos.


AdxuntoTamaño
Colaboración con Correcán Solidario 2018-N.doc185.5 KB
Documentacion Concello III Correcan Solidario 2018.doc110.5 KB
Regulamento III Correcan Solidario Cancoruña 2018.doc104.5 KB

Powered by Drupal - Design by artinet