Skip to Content

Proxecto VEDRA MEDRA

VEDRA MEDRA REMATA A SÚA ANDAINA CUNHA EXPOSICIÓN NO CENTRO

Vedra: un país de palabras 

No mes de maio, mes das Letras, chegou ao CPI de Vedra unha exposición fotográfica que resumía todo aquilo que levamos feito e que ben podiamos titular, seguindo a Carlos Casares, "Vedra: un país de palabras".

 As palabras do territorio, os nomes dos lugares constituíron a base do noso proxecto e temos a satisfacción de achegárllelas en forma de imaxe ata o 15 de xuño ao noso alumnado e profesorado.

A partir do 1 de setembro, Vedra medra como gañador da X edición do Proxecto Didáctico A. Fraguas, pasará a expoñerse no Museo do Pobo Galego onde permanecerá durante o outono.

Ver nota da profesora Xulia Marqués

Ver fotos+

VEDRA MEDRA - VISITA Á AREA DE INTERPRETACIÓN DOS MUÍÑOS

Vedra medra achegouse nesta ocasión a unha das mostras de arquitectura popular que máis abonda na paisaxe galega, o muíño. Acudimos ata a Área de interpretación dos Muíños situada na parroquia de San Pedro de Vilanova e visitamos o conxunto etnográfico composto por 4 muíños de rodicio no curso do río de Merín.

Ler máis +

Ver fotos +


 

VM - 1º DE PRIMARIA VISITA O PAZO DE ORTIGUEIRA

O pasado 5 de abril, o alumnado de 1.º de primaria visitou o Pazo de Ortigueira de Santa Cruz de Ribadulla. E fíxoo coa súa mestra Mónica Diz e con Adrián Gómez, profesor de AL do CPI. Viaxaron acompañados polas tres mascotas de Vedra medra: TOPO, NIMO e NIMIA, pola coordinadora do proxecto, Xulia Marqués, e pola monitora Inés Ferradáns.

Ver máis fotos +

3º ESO VISITA O PATRIMONIO DE VEDRA

O alumnado de 3º de ESO ven de realizar varias visitas dentro do concello: Pazo de Ortigueira, Igrexa da Madanela, Igrexa de San Mamede, ..., dentro dunha actividade organizada polo Departamento de Xeografía e Historia e o proxecto VEDRA MEDRA para darlles a coñecer o patrimonio vedrés.

Ler máis+

Ver fotos+

O CPI E O PROGRAMA "Vedra Medra" COLABORAN COA FESTA DO VIÑO.

O proxecto Vedra Medra ven de participar como convidado na XXXVII Exaltación do Viño do Ulla, que se celebrou en San Miguel de Sarandón o pasado 9 de abril.

Ler máis+

Ver fotos+

Vedra Medra: Xornadas arredor do liño. FOTOS E RESEÑA

Os pasados días 28 e 30 de marzo celebramos no Centro Social de Vedra as Xornadas arredor do liño, dentro do proxecto Vedra Medra. Nestes enlaces podedes saber máis do alí acontecido e ver as imaxes das mesmas.

Máis información +

Enlace ás fotos

Vedra Medra: Xornadas arredor do liño - " VESTINDO O PATRIMONIO VEDRÉS"

A vindeira semana, e máis concretamente o martes día 28 e o xoves día 30, o proxecto Vedra Medra deste CPI de Vedra, organiza varias actividades arredor do liño, que se celebrarán Centro Social de Vedra, onde tamén se instalará unha exposición útiles tradicionais.

A actividade do martes 28 leva por título "O fiadeiro: contar e cantar" e conta coa participación das Pandereteiras Silandeira de San Xián de Sales. E a do xoves 30 leva por título "Cal fiamos, tal andamos" que conta coa participación da Asociación Cultural Tamparrantán de Santo André de Vea.

VER CARTAZ DA ACTIVIDADE +

VEDRA MEDRA COS CATIVOS DE INFANTIL NO PAZO DE ORTIGUEIRA

Nesta pasada semana o proxecto Vedra Medra levou aos cativiños de Educación Infantil a visitar o Pazo de Ortigueira, "acompañados" polas mascotas do proxecto: TOPO, NIMO e NIMIA.

Se queres saber máis sobre a visita PREME AQUÍ.

Ver fotos +

OBRADOIRO SOBRE PATRIMONIO - VEDRA MEDRA

Dentro do Programa Vedra medra que se leva a cabo este curso académico no CPI de Vedra presentamos arestora o OBRADOIRO SOBRE PATRIMONIO.

O OBRADOIRO SOBRE PATRIMONIO vai dirixido ao alumnado de ESO e ofértase como actividade voluntaria, en horario de 17:00 a 18:30 os martes ou os xoves durante o 2.º trimestre.

Este obradoiro será coordinado pola profesora Xulia Marqués (coord. do proxecto Vedra Medra do EDLG) e súmase ás actuacións que vimos desenvolvendo dende o comezo deste curso académico en relación co premio Proxecto Didáctico A. Fraguas que nos foi concedido polo Museo do Pobo Galego. 

Ler máis +

Ver fotos

 

VEDRA MEDRA COMEZA O 2º TRIMESTRE CUNHA NOVA SAÍDA

Vedra medra entra con forza no 2017 e fainocunha saída didáctica co alumnado e o profesorado de 5.º de educación primaria.

O río Ulla convértese, unha vez máis, en testemuña dunha visita articulada a partir de dous centros de interese: a pesca fluvial tradicional e o paso en barca de persoas e mercadorías. A andaina partiu de Cubelas e rematou en Ximonde.

Ler máis +

Ver fotos 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut