Skip to Content

Novas

O CPI DE VEDRA SELECCIONADO PARA O PROXECTO "RADIO NA BIBLIO"

O CPI Plurilingüe de Vedra figura entre os 20 centros seleccionados para desenvolver o Proxecto Piloto "Radio na Biblio" durante este curso 2017/18.

O proxecto, cunha importante dotación económica e de recursos, será coordinado desde o equipo da biblioteca escolar e pretende achegar ao alumnado á emisión de novas na radio con cursos formativos e a posterior edición de programas.

O CPI DE VEDRA PREMIO DE INNOVACIÓN EDUCATIVA EN DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

O proxecto titulado "A PALABRA É VIDA E VAI AO LONXE" presentado pola profesora XULIA MARQUÉS acadou un Premio de Innovación Educativa en Dinamización Lingüística, segundo aparace publicado na Resolución da Xunta deste xoves pasado.

O proxecto céntrase na toponimia, conxunto das denominacións propias dos lugares, que é un tesouro para un país e peza fundamental para entender o desenvolvemento da historia e cultura do noso pobo. Vai dirixido a todas as etapas educativas do centro e conta con dous eixes de actuación: no propio centro e na contorna do mesmo. Conta coa colaboración do Equipo de Dinamización de Lingua Galega e dos equipos docentes de Infantil, Primaria e Secundaria, así como do Concello de Vedra e Asociacións Culturais da contorna do centro.

Este proxecto entronca tamén co programa VEDRA MEDRA, que se vén desenvolvendo ao longo do curso por esta mesma profesora, que acadou o Premio Antonio Fraguas como proxecto didáctico durante este curso 2016/17. Os materiais deste programa serán expostos no Museo do Pobo Galego a partir do mes de setembro.

VIAXE FIN DE ESTUDOS A PARÍS - 4º DE ESO

     Os alumnos e alumnas de 4° da ESO do CPI Plurilingüe de Vedra acaban de realizar unha viaxe fin de estudos a París entre os días 1 e 5 de maio, onde coñeceron os principais monumentos da cidade francesa, como a Torre Eiffel, a Catedral de Notre Dame, os Museos  de Louvre e d'Orsay, o barrio de Montmartre e tamén  visitaron o Palacio de Versalles e Eurodisney.

Viaxaron un total 26 alumnos/as acompañados polos seus profesores do Departamento de Xeografía e Historia.

 

Ver fotos +

 

O CLUB DE DEBATE CUARTO CLASIFICADO NA FINAL DA LIGA GALEGA

O Club de Debate do CPI Plurilingüe de Vedra participou esta fin de semana na final da Liga galega de Debate, acadando o cuarto posto, por puntuación total, a pesares de gañar os dous debates realizados. O éxito deste grupo de debate foi evidente se temos en conta que é a primeira vez que se participaba e que eran os de menor idade do certame pois os dos outros centros pertencían a 1º de Bacharelato.

O alumnado que participou na final foi: David Freire Moure, María Vales Fachal, Milagros Angueira García, Silvia Ferro Fernández e Cristina Santaya Vázquez


CARREIRA SOLIDARIA PARA COLABORAR COA ONG "SAVE DE CHILDREN"

Un ano máis o CPI de Vedra ven de organizar a Carreira Solidaria anual para colaborar coa ONG "Save the Children" que traballa a prol do nenos e nenas en situacións desfavorecidas.

Como en anos anteriores, o patrocinio dos familiares e amigos para as carreiras do alumnado e profesorado do centro levou a unha exitosa recadación que este ano alcanzou os 1016,80 euros, que son transferidos á conta desta ONG.

Como mostra da actividade podedes ver as FOTOS da carreira no seguinte enlace: https://goo.gl/photos/rGTqyQP6kheu3gfP6

O CPI DE VEDRA GAÑADOR DA FASE DE ZONA DA LIGA GALEGA DE DEBATE

O CLUB DE DEBATE do CPI Plurilingüe de Vedra resultou gañador na fase de zona da Liga Galega de Debate que se celebrou este mércores dia 15 de marzo no Pazo da Cultura de Carballo. Os debates estiveron centrados no tema de actualidade "Os deberes escolares son convenientes para a educación". Durante todo o día realizaron distintos debates ata o final entre dous equipos gañadores que se clasifican para a fase final a celebrar no mes de maio. O colexio de Vedra participou con dous equipos de cinco alumnos/as cada un: Lucía Fernández, Darío Balado, Abril García, Ana Campos, Luzía Mendez por un lado, e David Freire, María Vales, Cristina Santaya, Silvia Ferro e Milagros Angueira por outro, sendo este último o que resultou gañador. O responsable da preparación dos grupos foi o profesor de Lingua Castelá Marcos Taracido

O centro participou invitado polo Equipo de Dinamización Lingüística do Concello de Teo, ao que agradecemos este xesto, así como a colaboración e subvención aportada polo Concello de Vedra.

+ Fotos

IMAXES DA CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER - 8 DE MARZO

O centro conmemorou hoxe 8 de marzo o Día Internacional da Muller, sumándose ao clamor internacional en favor da igualdade e a non discriminación da muller.

FOTOS DO ACTO +

VIDEO +

O SECRETARIO XERAL DE POLÍTICA LINGÜISTICA VALENTÍN GARCÍA ENTREGA O PREMO AO PROXECTO DIDÁCTICO "VEDRA@ MEDRA" DO CPI PLURILINGÜE DE VEDRA

A Fundación Antonio Fraguas premia o proxecto didáctico do noso centro titulado "Vedr@ medra" presentado pola profesora de galego Xulia Marqués.


A entrega do premio tivo lugar hoxe 29 de xuño no Museo do Pobo Galego

(Ver noticia)

PREMIADO UN PROXECTO DIDÁCTICO DO CPI PLURILINGÜE DE VEDRA

(Noticia extraída da Fundación Antonio Fraguas)

A Fundación Antonio Fraguas premia proxectos didácticos de Vedra e Monforte de Lemos

21-06-2016

O Proxecto Didáctico Antonio Fraguas é un xeito de premiar a comunidade escolar polos seus esforzos cara á educación patrimonial, ao coñecemento da lingua e do medio e á valoración dos máis diversos elementos do noso acervo cultural, a través de traballos sistemáticos de pescuda sobre o patrimonio etnográfico, antropolóxico, lingüístico, xeográfico, histórico e artístico da contorna dos centros escolares. O Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, que cumpre dez edicións, está integrado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no Plan Proxecta. Entregarase un premio de 7.000 euros a cada proxecto, ambos do ensino secundario, xa que a modalidade de primaria quedou deserta. Os traballos realizaranse durante o curso seguinte 2016-2017 e os resultados serán expostos en setembro de 2017. Nesta edición acordouse premiar os seguintes centros:

- CPI Plurilingüe de Vedra por Vedr@ medra, unha aposta polo patrimonio inmaterial como eixe de dinamización lingüística e cultural nun centro educativo do rural galego. Segundo o xurado, este proxecto consegue implicar non só a comunidade educativa senón tamén distintos axentes sociais e culturais co fin de darlle valor á riqueza lendaria e sobre todo toponímica das parroquias e contorna do Concello de Vedra. Alén diso, recoñéceselle o feito de estar inscrito no Programa Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e a posibilidade de incluír o alumnado dos tres ciclos educativos no mesmo.

- IES A Pinguela de Monforte de Lemos, ao proxecto Figuras de antonte e de onte. Figuras para o mañá. ...

Distribuir contido


by Dr. Radut