Skip to Content

Actividades Complementarias e Extraescolares

24 de xaneiro: Día Internacional da Educación

Día da Educación celébrase no mundo dende tan só o 2019, e como o resto de Días Mundiais, ten como obxectivo visibilizar e sensibilizar á sociedade sobre temas de gran transcendencia, neste caso, sobre o dereito á educación. Na Orde do Calendario escolar do curso 2020-2021 da Consellería de Educación aparece por primeira vez esta conmemoración.

Tal e como dicta a páxina oficial da ONU: «A educación é a base para unha sociedade xusta, igualitaria e autosuficiente»

O dereito á educación está consagrado no artigo 26 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, no Artigo 27 da Constitución Española e no dereito 7 da Declaración dos Dereitos Humanos da Infancia.

O tema de 2021 non podía ser outro que “Recuperar e revitalizar a educación para a xeración COVID-19”, baseándose en 3 pilares: nos heroes da educación, na necesidade de innovar para non permitir que ningún neno/a quede sen educación, e na importancia de conseguir financiación para que as escolas e os formadores/as sigan realizando o seu traballo.

 

Día Internacional da Educación 2021

Día Internacional da Educación 2021

10 de decembro: Día da declaración universal dos Dereitos Humanos

Que é a Declaración Universal de Dereitos Humanos (DUDH) e por que se creou?

A DUDH foi adoptada polas Nacións Unidas (ONU), que acababa de establecerse o 10 de decembro de 1948 como resposta aos “actos de barbarie ultraxantes para a conciencia da humanidade” cometidos durante a Segunda Guerra Mundial.

Son 30 dereitos aquí explicitados: https://www.ohchr.org/SP/NewsEvents/Pages/DisplayNews.aspx?NewsID=23871&LangID=S

Os Dereitos Humanos, xunto coa paz e o desenvolvemento sostible, son os tres pilares básicos sobre os que se sustentan as Nacións Unidas.

https://www.youtube.com/watch?v=iwKIcup2B1U

  

Estatuto de Autonomía de Galicia e Constitución Española

O Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936 foi un proxecto de estatuto de autonomía para Galicia redactado durante la Segunda República, que foi plebiscitado o 28 de xuño de 1936 pero que non chegou a entrar en vigor debido ao comezo da Guerra Civil, pois Galicia quedou en mans dos sublevados dende o principio.

Castelao dando un mitin

Castelao, nun dos seus mítins, apoiando o Estatuto.  

 

Vota o estatuto

Carteis de Castelao para a campaña estatutaria.

 

O Estatuto de Autonomía de Galicia de 1.981 recolle entre outras cousas:

    • O recoñecemento do galego como lingua propia de Galicia (e a cooficialidade co castelán).

    • Os símbolos propios de Galicia: bandeira, escudo e himno.

    • A división e organización administrativa do territorio de comarcas e parroquias rurais.

    • O recoñecemento das comunidades galegas no estranxeiro.

    • Facenda e patrimonio propios.

    • Diversas competencias dacordo á Constitución e ás leis de solidariedade entre as comunidades que conforman España.

 

Organización territorial de Galicia

 

 

A Constitución Española é a lei máis importante do Estado Español. 

Este 6 de decembro cumpre 42 anos.  

https://www.youtube.com/watch?v=GVPL7e3dRkc

 

3 de decembro: Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Como aprendimos os dez dereitos da infancia o 20 de novembro, hoxe centrámonos no 5:
 Día Persoas con discapacidade


O obxectivo social é que se cumpran as leis de Inclusión Social para garantir aos nenos e ás nenas con discapacidade o dereito a unha vida plena.
Día Persoas con discapacidade 



Todos temos calidades e debilidades que nos fan especiais.
Visionade este vídeo: “El cazo de Lorenzo”.


https://youtu.be/GUfa7p5qqa0

25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero

Por que celebramos este día nesta data?

A data do 25 de novembro elixiuse para conmemorar o violento asasinato das  irmás Mirabal, tres activistas políticas asasinadas o 25 de novembro de 1960 pola policía secreta do dictador Rafael Trujillo na República Dominicana.   

Por que é importante darlle visibilidade?

POR DESGRACIA, OS ASASINATOS A MULLERES SEGUEN OCORRENDO E ÁS VECES POR PARTE DAS SÚAS PARELLAS OU EXPARELLAS.

 Actualmente, o confinamento nesta situación de pandemia fixo que milleiros de mulleres convivan cos seus agresores, vivindo 24 horas co seu maior inimigo. Os maltratadores víronse impunes ante unha situación dominada por eles, xa que o encerro dificulta ou impide as relacións fóra do fogar e a posibilidade de poñer unha denuncia. Ademais, a nivel psicosocial a corentena ten efectos nocivos sobre a vida mental das persoas, sendo unha situación ideal para que os maltratadores poidan exercer o abuso e a violencia con maior facilidade cara as persoas do seu redor.
Por iso, cómpre que todo a sociedade lle poña freno a isto e a todo tipo de violencia denunciando as situacións de maltrato.

Por que portamos o lazo morado?

Existe unha teoría que di que a cor morada do lazo débese a que representa a aquelas mulleres de principios do século XX que foron vítimas das accións violentas do dono da compañía textil Cotton New York, onde traballaban.

Eran 129 mujeres costureiras que se declararon en folga e víronse atrapadas polo lume, iniciado polo propio dono. Neses días, estaban traballando con teas de cor morada e asóciase a traxedia a ese ton.

Unha versión máis poética do drama di que o fume que saía da fábrica en chamas era de cor violeta e que podía apreciarse dende kilómetros de distancia.

Outra teoría di que a combinación da cor rosa e a azul, que simbolizan o feminino e o masculino, dá por resultado un ton lila do lazo morado. E así afirman, é como debería verse á sociedade, como unha mestura de cores e non como dúas cores diferentes.

Vede este conto de Palmira Castro:

https://defronte.gal/portfolio/sira-e-a-illa/

20 DE NOVEMBRO: Día Universal Da Infancia

É un día de celebración polos avances conseguidos, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos e nenas máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.

 

Que fixemos este ano 2020?

Coñecimos os dez dereitos e os entendimos. Recoñecimos a súa importancia. 

Partimos da ilustración sobre a Declaración dos Dereitos da Infancia que Quino, tristemente desaparecido o 30 de setembro, fixo de Mafalda en 1979 para UNICEF.

Entón, cada nivel preparou un dereito, reformulou as viñetas de Mafalda e…como representante de cada grupo clase, velaquí vai a nosa ilustración sobre a Declaración de Dereitos da Infancia coa nosa amiga Mafalda. 

Temos dúas versións, a dos grupos A+ Mestres/as e a dos grupos B +2ºC.

DEREITO 1: Dereito á Igualdade, sen distinción de raza, relixión ou nacionalidade.

DEREITO 2: Dereito a unha protección especial para que poidan crecer física, mental e socialmente sans e libres.  

DEREITO 3: Dereito a ter un nome e una nacionalidade.

DEREITO 4: Dereito  a una alimentación, vivenda e atención médica axeitadas.

DEREITO 5: Dereito á educación e atención especiais para os nenos física ou mentalmente diminuidos.

DEREITO 6: Dereito á comprensión e amor por parte das familias e da sociedade.   

DEREITO 7: Dereito a una educación gratuita. Dereito a divertirse e xogar.

DEREITO 8: Dereito a atención e axuda preferentes en caso de perigo.

DEREITO 9: Dereito a ser protexido contra o abandono e a explotación no traballo.

DEREITO 10: Dereito a recibir una educación que fomente a solidariedade, a amizade e a xustiza entre todo o mundo

Galería dereitos

Preme na imaxe para acceder á galería

[http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipwenceslaocorunha/galeria/displayimage.php?album=54&pid=776#top_display_media]

 

 

Dis que din... é Samaín!! 2020

DIS QUE DIN… É SAMAÍN!! 2020

Os nenos e nenas de 1º A traballaron moito nun programa do Concello facendo….que?

Mirade paso a paso cada foto e a ver se adiviñades que están facendo.

Confeccionaron os seus disfraces de…

TERRORÍFICOOOOSS!!!

 

Samaín

Samaín

Conmemoracións da 1ª avaliación

As conmemoracións que se recollen no artigo 8 da Orde do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/2021 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia e que celebraremos no colexio na 1ª avaliación son as seguintes:

  • 20 de novembro de 2020: Día Universal da Infancia.
  • 25 de novembro de 2020: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
  • Do 30 de novembro ao 7 de decembro de 2020: conmemoración da Constitución e do Estatuto de autonomía de Galicia.
  • 3 de decembro de 2020: Día Internacional das persoas con Discapacidade. 
  • 10 de decembro de 2020: Dia da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

Por mor da situación sanitaria actual, non colgaremos carteis alusivos a estas datas nos corredores, pero si colgaremos actividades na páxina web. Non celebraremos ningún festival nin data sinalada a nivel centro coma antes, senón nos grupos estables de convivencia e contemplarase a posibilidade de gravar ou fotografar algún traballo de cada grupo para que os demais o vexan a través da nosa páxina web. 

AGRADECEMENTO DA POLICÍA NACIONAL E MATERIAL SOBRE MOVILIDADE SEGURA.

O centro, un ano máis, participou no programa Plan Director impulsado pola Policía Nacional durante este curso tan atípico. 

Por isto, o corpo de policía lémbranse do noso alumnado e queren agradecerlles a súa comprensión e comportamento exemplar durante esta crise sanitaria a través deste vídeo: 

 

 

Por outro lado, dende STOP ACCIDENTES e a ANCAS, achégannos uns pasatempos para que de maneira lúdica podades traballar distintos aspectos de movilidade segura. 

Esperamos que vos gusten!

"FESTIVAL" DE FIN DE CURSO 2020

Como este ano non puidemos despedirnos coma sempre, o alumnado maior do colexio, os de 6º A e 6º B , fixeron a letra da canción ”Acuarela“ de Toquinho para todos vós.

 

Deixámosvos unha versión instrumental e a letra. Podedes cantala nas vosas casas!

 

ACUARELA. 6º A e B. CEIP PLURILINGÜE WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ. XUÑO 2020.

AQUÍ ESTAMOS OS SEXTOS CANTANDO E BAILANDO NA CASA

E NUNCA ESQUECEREMOS AS FESTAS, MAGOSTOS, CABAZAS.

POIS O CORONAVIRUS QUITOUNOS PODER DESPEDIRNOS

DOS NOSOS COMPAÑEIROS, DOS MESTRES E DOUTROS AMIGOS.

ESTE ANO FOI RARO, TIVEMOS QUE IRNOS EN MARZO.

NON PUIDEMOS BICARNOS, NIN DARNOS APERTAS NIN CASE FALAR.

NOVE ANOS NO MEU WENCES

NOVE ANOS MOI FELIZ!

RISAS, XOGOS E TRABALLOS

PARA CHEGAR ATA AQUÍ.

NO COLEXIO EU TEÑO MOI GRANDES AMIGOS

E ALGÚNS DELES XA NON OS VEREI.

NOVE ANOS NO MEU WENCES

NOVE ANOS MOI FELIZ!

RISAS, XOGOS E TRABALLOS

PARA CHEGAR ATA AQUÍ.

AÍNDA QUE EU ME VAIA DESTE COLEXIO

NO MEU RECORDO SEMPRE ESTARÁ

SEMPRE ESTARÁ

AQUÍ ESTAMOS OS SEXTOS CANTANDO E BAILANDO NA CASA

SEMPRE ESTARÁ

E NUNCA ESQUECEREMOS AS FESTAS, MAGOSTOS, CABAZAS

SEMPRE ESTARÁ

….

SEMPRE ESTARÁ

…..

SEMPRE ESTARÁ

….

SEMPRE ESTARÁ

  

 

 

ATA SEMPRE, AMIGOS/AS DO COLEXIO WENCESLAO!!

  

 

Distribuir contido


by Dr. Radut