Skip to Content

Equipo da natureza

TRABALLOS DO EQUIPO DE NATUREZA DURANTE O 3º TRIMESTRE

24/06/2019 21:24

No terceiro trimestre, continuamos co coidado das plantas da nosa horta escolar e do interior do centro.

Gracias a estes coidados fixemos colleitas estupendas de fresas, espinacas, xudías, cebolas, repolos...e todo moi ecolóxico, sen pesticidas de ningún tipo! Repartíronse entre os alumnos e algúns comentaron que prepararon con elas receitas riquísimas nas súas casas coma tortillas de espinacas, ensaladas... No panel da natureza continuouse cos traballos de investigación, noticias e fotos.

Nestes 2 últimos meses o tema proposto foi o das flores.

Por último, o centro fíxose cunha composteira gracias ao concello, e a partir do próximo curso continuaremos coa labor de concienciación no coidado do medio ambiente seguindo co traballo de coñecemento e coidado das plantas, animais, auga, etc.; a través da concienciación da importancia de xestos coma o reciclado e, ademais, fabricando o noso propio compóst.

Bo verán a todos e que disfrutedes nel da NATUREZA!!!

Álbum: Horto escolar -> Horto escolar 3º trimestre

PLANTACIÓNS DE PRIMAVERA

02/05/2019 12:55

Hoxe os alumnos de 1º A e 1ºB participaron nas plantacións de primavera do horto do noso cole. 

De seguro que estes pementos e tomates saen boísimos!!

Álbum: Horto escolar -> Plantacións de primavera: 1º

TRABALLOS DO EQUIPO DE NATUREZA NO 2º TRIMESTRE

10/04/2019

Neste segundo trimestre, ademáis do coidado das plantas da horta, das da xaula da entrada ao centro e as do interior do colexio, os equipos de colaboradores da natureza propuxeron varias actividades que tiveron bastante seguimento entre o alumnado e que foron as seguintes:

1º- Observación, fotografiado e traballos de investigación sobre os niños dos paxaros que se atopan na cidade.

O panel da natureza situado na planta baixa do centro, no corredor situado entre a biblioteca e o comedor, encheuse de fotos de niños aportadas polos alumnos de todos os niveis.

Tamén trouxeron algúns niños caídos para o seu estudio, que foron pasando polas aulas.

E algúns alumnos compartiron e expuxeron no panel traballos de investigación moi interesantes sobre o tema.

 

2º- As árbores que nos gustan.

En relación co tema do coidado das árbores e da súa importancia nas nosas vidas, e conectando coa celebración do día   da árbore (21 de marzo) se recolleron (e aínda se están a recoller) fotos de árbores que pola súa beleza, antigüidade, rareza...son os nosos favoritos.

Tamén deste tema o alumnado está compartindo no panel da natureza moitos traballos entorno ao tema das árbores e plantas en xeral.

 

Moitas gracias as familias pola parte que vos toca nestes traballos e fotografías.

Álbum: Horto escolar -> Horto Escolar 2º trimestre

TRABALLO NO HORTO ESCOLAR DURANTE O PRIMEIRO TRIMESTRE

00/00/

Ao longo do 1º trimestre realizamos as seguintes actividades: 

  • Recollida de prantas aromáticas da horta escolar e reparto polas aulas para a elaboracón de aceites esenciais de romero, de lavanda...
  • Plantacións nas aulas
  • Reforma do noso horto escolar coa colaboración do Concello
  • Plantación no horto de cultivos de inverno, cos grupos de 2º a 6º

ademais de todo isto contamos coa labor de voluntariado, nenas e nenos de 4º, 5º, e 6º de primaria, que se encargan do mantemento da horta, regado das plantas do interior do colexio...

Podedes ver parte deste traballo neste álbum.

Álbum: Horto escolar -> Horto Escolar 1º trimestre
Distribuir contido


by Dr. Radut