Skip to Content

Actividades Complementarias e Extraescolares

DÍA DE EUROPA 2020

O 9 de maio de 1950, Robert Schuman, Ministro francés de Asuntos Exteriores, presentou a proposta denominada "Declaración Schuman" , para a creación dunha Europa organizada sobre unhas bases políticas comúns que buscaban unhas relacións pacíficas permanentes entre os diferentes países europeos.

Esa Declaración, en principio dirixida ás relacións entre Francia e  Alemaña e á creación da Comunidade Europea do carbón e do aceiro, sentou as bases do que hoxe é a Unión Europea.

Na Cumbre de Milán de 1985, en ocasión do centenario do nacemento de Schuman, a Comisión Europea decidiu designa-lo 9 de maio como Día de Europa.

 

A melodía que simboliza á UE procede da Novena Sinfonía composta en 1823 por Beethoven, que decidiu poñer música á "Oda á Alegría" escrita por Schiller en 1785. Expresa a visión idealista da fraternidade entre os seres humanos, visión que Beethoven compartía.

En 1972, o Consello de Europa convirtiu o tema da "Oda á Alegría" de Beethoven no seu himno.

En 1985, foi adoptado polos dirixentes da UE como himno oficial da Unión Europea. 

O himno tócase nas cerimonias oficiais da Unión Europea e, en xeral, en tódolos acontecimientos de carácter europeo.

ESCOITADE UNS EXEMPLOS DO ALUMANDO DE 6º!! QUE ARTISTAZOS!!! GRAZAS POR PARTICIPAR!!

2 DE MAIO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Dende o ano 2013 celébrase o 2 de maio o Día Internacional contra o Acoso Escolar.

Para que poidamos vivir en harmonía e detectar se os nenos/as o sofren, parécenos interesante a consulta da páxina web de Educonvives.

Concretamente, extraemos desa páxina web a seguinte información de interese: 

  • Liña de axuda a infancia.  Teléfono: 116 111. A liña de axuda á infancia é un servizo para todos os nenos e nenas que nalgún momento se sintan maltratados por outra persoa, necesten axuda ou queiran falar sobre os problemas que lles afectan.

Propoñémosvos para estes días o visionado dalgunhas peliculas e cortos que parécennos axeitados para traballar o tema: 

Axeitada para todos Axeitada para o 3º ciclo de EP

 

Corto: "No jueges conmigo"

 

 Corto: "Se buscan valientes"

 

Esperamos que vos gusten!

DÍA INTERNACIONAL DA SAÚDE E A SANIDADE PÚBLICA

Cada ano, o 7 de abril, celébrase o Día Mundial da Saúde para conmemorar o

nacemento da ORGANIZACIÓN MUNDIAL DA SÁUDE (OMS) O 7 de abril de 1948.

Cada ano elíxese un lema diferente, invitando á toda a sociedade e ás institucións a loitar contra un problema de saúde.

Este ano 2020 o lema é: “Apoiemos ao persoal de enfermería e de partería”.

TODOS XUNTOS PODEMOS!! QUEDA NA CASA!!

FELIZ DÍA DA SÁUDE A TODOS OS QUE A TEMOS!! PERO SOBRE TODO ÁS

PERSOAS QUE NON A TEÑEN!! MOITA FORZA E ÁNIMO!!! VÓS PODEDES!!

DÍA DA PAZ 2020

O pasado xoves 30 de xaneiro conmemoramos no centro o Día Internacional da Paz e a non Violencia. 

Foi un acto moi sinxelo pero moi emocionante para todos xa que puxemos unha "primeira peza" no noso banco para a Paz e enchemos o patio de pombas brancas que nos levan a ese banco cando temos un conflicto, precisamos axuda ou simplemente unha aperta.

Despois fixemos un mural humano formando as letras e o símbolo da paz e rematamos cantando e bailando todos xuntos a canción "We are the world".


Esperamos que agora vós disfrutedes tanto coma nós!

 

PREPARANDO A CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ

Estimadas familias do alumnado;

O xoves 30 de xaneiro celebraremos no colexio o "Día Escolar da non Violencia e da Paz".

Para isto necesitamos que ese día veñan vestidos cunha camiseta, camisa, xersei, sudadeira branca (sen debuxos nin letras). Se non a tedes lisa, poden darlle a volta e traela do revés, ou traer unha camiseta interior. A cuestión é non gastar e ir todos da cor da paz para bailar xuntos e cantar a canción "We are de world".

Aproveito a ocasión para saudalos.

Nuria Calvo, coordinadora do Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias.

MIRADAS AL MUNDO

16/01/2020 11:06

Enmarcada dentro das actividades para a próxima conmemoración do Día da Paz, a pasada semana recibimos a visita de María e Bebe, membros da ONG "Miradas al mundo". 

Explicáronnos como é a vida para os pequenos de Guinea-Bisaú, o seu día a día, as súas tarefas, os seus xogos... 

Tamén contáronnos todas as melloras que teñen feito na aldea grazas a axuda de todos, xa que durante nos últimos anos o noso cole ten organizado distintas actividades a través das cales colaboramos con esta asociación. 

Foi un momento de convivencia moi interesante e divertido, xa que ademáis de coñecer aspectos da rutina diaria en África, rematamos bailando varias danzas africanas. 

Moitas grazas pola visita, pola vosa labor e  por achegarnos esta realidade ata a nosa escola. 

Álbum: Visitas escolares -> Miradas al Mundo

CONCURSO "AHORA VAMOS ANDANDO AL COLE"

15/01/2020

"Stop Accidentes" en colaboración co Concello de A Coruña e a Fundación Mapfre celebraron o concurso "Ahora vamos andando al cole", que ten como obxectivo impulsar comportamentos seguros nos entornos escolares.

Alumnos de 22 centros escolares de Galicia participaron no certame presentando cartas e debuxos dirixidos aos seus pais ou algunha institución, os seus compañeiros..., permitindo miltiplicar a mensaxe da seguridade vial e brindar consellos tanto no seu entorno familiar, municipal e a poboación en xeral.

De entre todos os participantes no noso cetro contamos cunha finalista e unha gañadora, María e Antía de 6º de primaria, que presentaron un debuxo e unha carta e que acudiron ao Concello de A Coruña onde realizouse o acto de entrega dos premios. 

Parabéns as nosas campionas e a todos os participantes nesta fermosa iniciativa!

Álbum: Curso 2019/20 -> Concurso "Ahora vamos andando al cole"

FESTIVAL DE NADAL 2019

21/12/2019 09:50

Arriba o telón!!

Sabemos que o esperábades con moitas ganas e por fin temos listos os videos do fantástico festival de Nadal 2019!

Esperamos que vos guste moito xa que todos o preparamos con moito cariño.

Ademais podedes ver o chulo que estaba o noso cole durante estos días de Nadal:

Álbum: Curso 2019/20 -> Nadal 19

CELEBRAMOS O MAGOSTO 2019

O pasado luns o cole cheiraba a lume porque celebrábamos a tradicional festa do Magosto. 

O pasamos fenomenal entre castañas, xogo e baile!

Moitas grazas a todos por facer posible estas celebracións!

CELEBRANDO O SAMAÍN 2019

31/10/2019 17:54

Chegou o Samaín e con el o noso énchese unha vez máis de seres terrorificos chegados do máis alá, e algún do barrio!!

Como cada ano celebramos o concurso de cabazas, este ano seguindo a temática do proxecto de investigación para este curso: AS INVENTORAS E INVENTORES E OS SEUS INVENTOS.

Parecía unha temática un tanto complicada para trasladar a decoración das cabazas, pero unha vez máis, os peques e as súas familias deixáronnos moi impresionados cos fantásticos resultados!!

De seguro que a partires das vosas ideas podemos comezar a pescudar e aprender un montón!! Moitas grazas a todos polo voso entusiasmo e colaboración!! 

 

Álbum: Curso 2019/20 -> Samaín 19
Distribuir contido


by Dr. Radut