Skip to Content

Taboleiro

ACTO DE DESPEDIDA

Onte parte da comunidade educativa do noso colexio: mestres, alumnado, persoal... participamos con moita pena nun acto de despedida ao noso compañeiro e alumno. 

O seu titor, Eloy, dixo unhas fermosas palabras, as que seguiron un minuto de silencio e outro dun sentido aplauso e os seus compañeiros de primeiro prantaron unha árbore na entrada do colexio no seu recordo. 

Resultou un acto moi sinxelo, agarimoso e respectuoso. 

Ata sempre pequeno, seguirás connosco, seguiremos coidándote e vendote medrar. 

Así mesmo, toda a Comunidade Educativa do Ceip Wenceslao Fernández Flórez queremos transmitir as nosas condolencias e apoio a súa familia e amigos nestos difíciles momentos. 

AVISO: LUNS 18 DE MARZO. DÍA LECTIVO

Estimadas familias,

Recordámoslles que tal e como figura no calendario escolar, o martes 19 de marzo é festivo pero o luns 18 de marzo consta como día lectivo, polo que ese luns haberá clases.

Moitas grazas!

 

BO NADAL E FELIZ 2019

Dende o CEIP Wenceslao queremos dar as grazas a todas as familias que colaboraron con nós para ter o cole tan bonito como lucíu estes días.

Co traballo dos rapaces e rapazas e os seus profes podemos ofrecervos este pequeno paseo polo noso Nadal!!

 

felicitación Nadal 18

Taboleiro

PROGRAMA MUNICIPAL EDUCASAÚDE (3ª edición)

Programa de prevención que pretende abordar o concepto de saúde dunha forma integral traballando pautas para fomentar unha conduta saudable, dirixido á infancia, adolescencia e mocidade desde tres aspectos fundamentais o físico, o psicolóxico e o relacional. O programa inclúe tamén ás familias como parte fundamental na transmisión destas condutas.

Distribuir contido


by Dr. Radut