Skip to Content

Actividades no centro

Día de Rosalía

O venres 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía, o día no que naceu a nosa ilustre poeta Rosalía de Castro.

Este ano 2024, cúmprense 187 anos do seu nacemento e o alumnado voluntario da biblioteca quixemos honrala indo á estatua que hai no noso barrio, pero o mal tempo impedíunolo. Aínda así, limos e cantamos versos dela na nosa biblioteca: “Paseniño paseniño”, “Namorados” e “Negra sombra”.

Ademais, catro voluntarios/as de cada clase dende 3º a 6º foron ler poemas aos máis pequenos. Gozaron moito coas lecturas!

VIVA ROSALÍA!

Día de Rosalía

 

 

 

 

 

 

Álbum de fotos Entroido 2024

Álbum Entroido 2024

Álbum Entroido 2024

 
 
 
 

Magosto 2023

NO MAGOSTO DESTE ANO 2023 PASÁMOLO XENIAL!!!

COMEMOS RICAS CASTAÑAS, XOGAMOS A SEIS XOGOS POPULARES MOI DIVERTIDOS COS NOSOS/AS COMPIS E BAILAMOS A MUIÑEIRA “E POUSA POUSA” DE UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA TODOS XUNTOS NO PATIO!!!

GRAZAS ÁS FAMILIAS POR AXUDAR NESTA NOSA TRADICIÓN POPULAR TAN SENLLEIRA.

 

ÁLBUM DE FOTOS

 

Preparando o Magosto 2023

Benqueridas familias!!!

Temos o pracer de darvos unha boa nova:

VOLVE O MAGOSTO!!!

O venres 10 de novembro asaremos castañas no colexio e comerémolas no patio.

Tamén faremos un baile e xogaremos a xogos populares.   

Solicitamos de novo a vosa colaboración para:

-      Traer unha morea de castañas PICADAS durante os días 8, 9 ou 10.

-      Durante eses mesmos días teñen que traer tamén un castañeiro feito na casa co nome e curso posto para gardar as castañas e as cascas. Dámosvos a continuación unha idea de como facelo: Necesitades un brick de leite baleiro e limpo, cortado pola metade tal e como se indica no debuxo. (Podedes facelo sen cortalo nun lateral para poder dobralo). Non esquezades o cordón para poder colgalo do pescozo e ter as mans libres para poder comer moitas castañas!! Forrádeo e decorádeo como vos guste!!

Castañeiro

 

MOITAS GRAZAS DE ANTEMÁN POLA VOSA COLABORACIÓN.

 

Equipo de Dinamización da Lingua Galega.                    CEIP Plurilingüe Wenceslao Fernández Flórez.            

 

 

 

 

 

Samaín 2023: as cabazas van ao cine!

Ao noso colexio viñeron unhas cabazas ao cine e representaron varios personaxes de distintas películas: Nemo, Mavka, Frankenstein, Olaf, Cincenta, E.T., Os piratas do Caribe, Stitch, Coco, Monsters, Os Minion, Spiderman, Hulk, Peppa Pig, Charlotte, indios, vampiros, Angry birds, Star Wars, Pesadelo antes de Nadal, Pokemon, Maléfica... e ben acompañados de flocos de millo, cámaras, claquetas... 

Buscade máis personaxes  e máis pelis!!

ESCENA 1, TOMA 1....CLACK!!!  

GRAZAS, FAMILIAS!!!

EIEP: 1º, 2º e 3ºEP: 4º, 5º e 6º

Samaín 2023

Festival Día das Letras 2023 (íntegro)

Festival do Día das Letras 2023 con todas as actuacións.

Festival Letras Galegas 2023

Aquí tedes un resumo do festival do Día das Letras.

Unha Galaxia chea de Letras Galegas

 

O xoves 18 de maio, co gallo da celebración das Letras Galegas, Caxoto veunos contar uns contos sobre a importante figura á que se lle adica este ano 2023: FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO. Xunto a el están outros escritores/as que escintilan coma estrelas nesta Galaxia, nome da editorial que fundou.

 

Importante é salientar que se celebramos este día o 17 de maio é grazas a el dende o ano 1963. Sesenta anos da nosa festa das letras!!

 

Pasámolo xenial e aprendemos moito!

Caxoto

 

 

Súbete ao tren do noso barrio!

ATENCIÓN, FAMILIAS!!!

Retomando o proxecto do ano pasado “Antigos costumes”, que foi unha pasada, este ano continuámolo, pero relacionándoo máis co tren e co barrio.

Entón, pedimos a colaboración dos avós, avoas, tíos/as, amigos/as, pais, nais, veciños/as... para que veñades ao colexio a contarnos lendas, contos, cancións ou vivencias relacionadas co tren, co noso barrio ou con Galicia en xeral, coma o ano pasado en galego.

Este curso podemos facelo de forma presencial ou virtual, como prefirades. Mandade as vosas propostas, vídeos ou suxerencias a wencescogalego@gmail.com.

Se é de forma presencial, buscaremos un día e hora.

REMATA O PRAZO O 12 DE MAIO.

MOITAS GRAZAS!! ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!

Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Plurilingüe Wenceslao Fernández Flórez.

Tren

Distribuir contido


by Dr. Radut