Skip to Content

Novas

Distribución de mascarillas

Estimadas familias

No DOG do venres 13 de novembro de 2020 saíu publicada a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 .

Pensamos que é do voso interese. Podedes atopala na seguinte ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201113/AnuncioG0598-061120-0002_gl.html

Lembrámoslles que para evitar aglomeracións e transito de persoas no interior do centro, é necesario solicitar cita previa, chamando ao seguinte teléfono, 881960300.

A dirección.

Aviso sobre casos Covid-19

O equipo directivo e o equipo COVID do centro, en todas as situacións relacionadas coa COVID-19, está a seguir o protocolo establecido polas autoridades sanitarias.

Este protocolo establece a obriga de manter informado permanentemente a Xefatura Territorial de Educación e a Sanidade.

É está última, quen determina as medidas a adoptar no centro, garantindo a confidencialidade e o anonimato de posibles afectados segundo establece a Lei de Protección de Datos.

É por isto, que se as autoridades sanitarias, no caso dun positivo confirmado no centro escolar, consideran que non hai unha listaxe de contactos estreitos, non haberá ninguna comunicación ás familias, polo que o resto da comunidade educativa poderá seguir acudindo ao centro coa súa actividade cotía, extremando as medidas de precaución e vixiando a aparición de síntomas compatibles coa Covid-19 como ata agora.

Un saúdo

 

A dirección

 

BENVIDAS E BENVIDOS A UN NOVO CURSO!!

Sabemos que este inicio de curso vai ser diferente pero todos os profes queremos que cheguedes con moito ánimo e estaremosvos agardando con moitas ganas!

Vémonos moi pronto!!

Unha aperta!!

"SI NOS NECESITAS, CUENTA CON NOSOTROS" DA POLICÍA NACIONAL

Como moitos sabedes o noso centro participa no proxecto da Policía Nacional "Plan Director".

Neste momento tan especial que tócanos vivir, dende a súa Delegación de Participación Cidadá, contactan con nós para recordarnos que trala aprovación da medida que permite as nenas e nenos dar un paseo durante unha hora ao día, nas proximidades do seu domicilio, aliviouse dalgún xeito, unha situación non exenta de moito esforzo. Un esforzo que ten que manterse e que se fundamenta na solidaridade.

Para seguir contribuíndo na labor formativa, para que o colectivo infantil teñan unha imaxe fiel da labor que está levando a cabo a Policía Nacional, así como que o alumnado poda coñecer o seu traballo e algunhas nocións preventivas que é importante lembrar, particularmente no referido a rede,  envíannos este vídeo: 

 

RESISTIRÉ EN LSE

Varias familias do centro organizáronse de xeito voluntario para crear este vídeo tan especial: 

 

 

Sodes moi grandes rapaces!!

Moitas grazas familias!!!

WENCES RESISTE!!!

Mañá comezamos o derradeiro trimestre do curso dunha maneira moi diferente a como gustaríanos. 

Cheos de dúbidas, incertidumbres... pero resistiremos porque sodes unhas campionas e campións!!

Esperamos que este traballo colaborativo de toda a comunidade do Wenceslao énchevos de forza para esta recta final!!!

Moitas grazas a todos pola vosa colaboración!!! 

Wences resiste!!!!

DÍA INTERNACIONAL DA SAÚDE E A SANIDADE PÚBLICA

Cada ano, o 7 de abril, celébrase o Día Mundial da Saúde para conmemorar o

nacemento da ORGANIZACIÓN MUNDIAL DA SÁUDE (OMS) O 7 de abril de 1948.

Cada ano elíxese un lema diferente, invitando á toda a sociedade e ás institucións a loitar contra un problema de saúde.

Este ano 2020 o lema é: “Apoiemos ao persoal de enfermería e de partería”.

TODOS XUNTOS PODEMOS!! QUEDA NA CASA!!

FELIZ DÍA DA SÁUDE A TODOS OS QUE A TEMOS!! PERO SOBRE TODO ÁS

PERSOAS QUE NON A TEÑEN!! MOITA FORZA E ÁNIMO!!! VÓS PODEDES!!

RESISTIMOS??

Dende o cole, ademáis de axudarvos a seguir traballando dende a casa, prentendemos acompañarvos, guiarvos, animarvos... nestes momentos tan especiais para todos. 

Con este motivo, temos a idea de facer un video colaborativo bailando, cantando, intrepretando... a canción "Resistiré 2020". 

Os benificios obtidos polas visualizacións deste video serán doados a Cáritas, polo que pareceunnos unha elección perfecta para o noso propósito.

¿Que temos que facer?

 

NOTA: É importante que non fagades só o retrouso, gravade varios anacos da canción para poder montala enteira...

resistire

resistire
Distribuir contido


by Dr. Radut