Skip to Content

Novas

O PERIODO DE ADAPTACIÓN 20/21

O PERIODO DE ADAPTACIÓN

 

Entendemos por adaptación o tempo que cada neno/a precisa para familiarizarse coa escola, cos adultos e cos iguais, para chegar a sentirse a gusto e ser capaz de despedirse sen angustias, xa que de unha boa adaptación vai depender a súa actitude cara a escolarización.

Por que lle damos tanta importancia?

Para os nenos/as é unha situación nova: espazos, persoas, horarios… (Aínda que xa estivesen escolarizados)

Cada un ten o seu propio ritmo de adaptación e non debemos ter presa nin facer comparacións cos outros/as respectando o tempo que cada un necesite.

A lexislación vixente marca para o curso 2020-2021 o período de adaptación entre o 10 e 30 de setembro.

 

HORARIO

10 e 11 de setembro

2 quendas por aula coa metade do alumnado en cada unha delas co seguinte horario

1ª QUENDA: 9.30 A 11:30H

2º QUENDA: 12:00 a 14:00h.

14 ao 18 de setembro

1ª QUENDA: 9.00 A 11:00H

2º QUENDA: 12:00 a 14:00h.

21 ao 30 de setembro

Todo o grupo de aula co seguinte horario:

9:00 a 12:45H

(É MOI IMPORTANTE A PUNTUALIDADE NAS ENTRADAS E SAÍDAS DO COLE)

 

O acceso ao centro do alumnado de 4º de Educación Infantil farase polo portalón negro do centro situado na rúa General Rubín (rúa sen saída peonil tanto se van polas escaleiras coma pola beirarrúa).

Unha vez que teñen accedido ao patio exterior de Infantil esperarán alí. Pedimos que a persoa que veña a buscar ao neno/a manteña a distancia física de seguridade axeitada co resto das familias e só se aproximen ao portalón verde do edificio de Educación Infantil cando a titora vaia dicindo o nome do seu fillo/a. Isto axudará a evitar aglomeracións ao carón do portalón, facilitará as mestras a entrega do alumnado e os/as nenos/as amosarán menor ansiedade no momento da espera para ir coa súa familia.

A hora de acceso será a establecida no plan organizativo para o acceso ao centro. 

 

Estaremos nas aulas as titoras correspondentes e as mestras de apoio (unha en cada aula).

Nas entradas, as titoras estarán na aula para recibir ao alumnado e as mestras de apoio controlarán o acceso as dependencias do centro.

Nas saídas estaremos titoras e mestras de apoio.

REUNIÓNS DE INICIO DE CURSO 20/21

REUNIÓNS DE TITORES NO MES DE SETEMBRO

As reunións de titorías con pais/nais/titores/as legais de principio de curso tiveron que ser modificadas con respecto ao planificado en xuño, para adaptarnos as recomendacións sanitarias.

Serán nas aulas de cada curso nas seguintes datas, aínda que as horas son xerais para todo o grupo. Cada titora/titor contactará con vós (vía abalarmóbil ou teléfono) para concretarvos a quenda que vos corresponde. 

Lembrade que só poderá acudir un adulto por familia, non poderán acudir alumnos, e precisarase máscara. 

 

  • 4º Educación Infantil: Día 4 de setembro, ás 10.00 h

  • 5º Educación Infantil Día 4 de setembro, ás 11.15 h

  • 6º Educación Infantil Día 4 de setembro, ás 10.00 h

  • 1º Educación Primaria Día 4 de setembro, ás 11.15 h

  • 2º Educación Primaria Día 4 de setembro, ás 12.30 h

  • 3º Educación Primaria Día 4 de setembro, ás 10.00 h

  • 4º Educación Primaria Día 3 de setembro, ás 10.00 h

  • 5º Educación Primaria Día 3 de setembro, ás 11.15 h

  • 6º Educación Primaria Día 3 de setembro, ás 12.30 h

 

Moitas grazas pola vosa colaboración. 

 

PROXECTO DE RENOVACIÓN DO PATIO

NOTA INFORMATIVA SOBRE A CANCELACIÓN DAS CLASES

Estimadas familias

Dende o colexio temos a obriga de informarvos que o centro non ten, nestes momentos, ningún tipo de notificación oficial por parte da Consellería de Educación que nos faga pechar mañá,  venres 13 de marzo, o centro educativo.  

Entendemos as vosas inquedanzas, pero nós, como funcionarios, non temos a capacidade de facer nada que non sexa ordenado pola Consellería.  

Calquera nova que poida acontecer, procederemos a comunicala coa maior brevidade posible.

Moitas grazas pola súa comprensión.

A Coruña, a 12 de marzo de 2020

A dirección

AVISO IMPORANTE DE OBRAS NO CENTRO

Estimadas familias:

A partir do luns 17 de Febreiro van empezar os arranxos na cuberta de Educación Infantil.

Mentres duren as obras, o acceso ao edificio de Educación Infantil farase pola porta branca que se atopa no patio grande de Educación Primaria. Faremos unha fila única (3 e 4 anos xuntos).

Esta fila estará pegada ao edificio de Educación Infantil; xa dentro do edificio as mestras distribuirán ao alumnado para as súas aulas correspondentes.

As entradas e saídas serán por esa porta ata novo aviso. Desculpade as molestias que poidan ocasionarse e aproveitamos para mandarlles un saúdo.

As mestras de Educación Infantil

NOVA ALERTA LARANXA

En previsión das condicións meteorolóxicas adversas para mañá, xoves 15 de xaneiro, a Xunta de Galicia suspende as actividades no exterior dos centros localizados nas zonas afectadas. 

Como en outras ocasións, as actividades extraescolares veranse afectadas, xa que moitas de elas non poderán desenrolarse con normalidade aínda que o alumnado estará igualmente atendido. 

SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIOR

A Xunta de Galicia as activa a alerta laranxa por mor das fortes rachas de vento e suspende as actividades no exterior para mañana, 14 de xaneiro 2020.

No caso das actividades extraescolares o alumnado estará igualmente atendido pero non se desenrolarán as actividades con normalidade.

REUNIÓNS DE INICIO DE CURSO

Benvidos a un novo curso escolar!

Aínda que as clases non comezarán ata o próximo mércores, 11 de setembro, nos próximos días teremos unha reunión informativa coas familias do alumnado. 

As datas e horarios serán os seguintes: 

  • Educación Infantil: xoves 5 de setembro, 10 horas.
  • 1º e 2º de Primaria: xoves 5 de setembro, 11 horas.
  • 3º e 4º de Primaria: venres 6 de setembro, 10 horas. 
  • 5º e 6º de Primaria: venres 6 de setembro, 11 horas. 

As xuntanzas serán nas aulas e para os adultos. 

Moitas grazas!

 

PREMIADOS!

Algúns dos nosos alumnos participaron durante este curso nas "Escolas 110% branquiazuis" de La Opinión de A Coruña e, como no Wenceslao temos uns grandes artístas, Joel e Ana foron elexidos polos seus traballos de debuxo e redacción: 

 

ALERTA LARANXA

A Xunta de Galicia infórmanos dunha alerta de nivel laranxa por refachos de vento durante o día 9 de novembro en Galicia, polo que se suspenden todas as actividades no exterior para a próxima xornada.

Podedes ver toda a información neste enlace

Distribuir contido


by Dr. Radut