Skip to Content

Axudas

Resolución bolsas estudo MEC 2023/24

Hoxe saíu publicada a resolución definitiva das bolsas de ESTUDO DO MEC. CONVOCATORIA XERAL CURSO 23/24.

Pódese interpoñer recurso de reposición ata o día 22 de abril de 2024.

O documento do recurso, así como a documentación terá que presentarse do seguintes xeitos:

Xeito presencial:

  • REXISTROS DA ADMINISTRACIÓN DO ESTADO
  • REXISTROS DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA
  • REXISTROS DO CONCELLO E DA DEPUTACIÓN
  • CORREO POSTAL (ORDINARIO E CERTIFICADO)
Xeito telemático:
Destinatario:

CONSELLERIA DE CULTURA, EDUCACION, FP E UNIVERSIDADE

XEFATURA TERRITORIAL DE CULTURA, EDUCACION, FP E UNIVERSIDADE

SERVIZO DE APOIO AOS SERVIZOS EDUCATIVOS. SECCION DE BOLSAS DE ESTUDO

Bolsas de Estudos

Rúa Vicente Ferrer, 2

15071 A CORUÑA

 

Bolsas de estudo MEC 24/25

PARA QUE ESTUDOS PODES SOLICITAR UNHA BOLSA?

Para alumnos que no curso 24/25 estean matriculados en:

• Bacharelato

• Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos

de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos

en centros públicos e privados concertados

• Formación Profesional de grao medio e de grao superior

• Ensinos artísticos: profesionais e superiores

• Ensinos de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia

• Ensinos deportivos

• Estudos relixiosos superiores

• Formación Profesional de Grao Básico

• Ensino universitario: Grados, Máster...

COMO SOLICITALA?

1. ENTRA NA SEDE ELECTRÓNICA.

https://sede.educacion.gob.es Todo o proceso de solicitude da bolsa realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

2. REXÍSTRATE.

➔ Para rexistrarte, necesitas un usuario e un contrasinal:

Se xa te rexistraches previamente para calquera outro trámite, a túa conta segue sendo válida e non fai falta que che volvas a rexistrar.

Se nunca te rexistraches, clica en «Rexístrese» e segue os pasos para crear unha conta.

➔ Para acceder á solicitude de bolsa, podes facelo de dúas formas:

Con Cl@ve (claves electrónicas de administracións públicas) ou certificado electrónico, se dispós deles, ou mediante o mesmo usuario e contrasinal cos que te rexistraches na sede electrónica.

3. ENCHE O FORMULARIO. Unha vez dentro, tes que encher o formulario en liña. Neste paso, non che pediremos que achegues documentación porque as unidades encargadas da tramitación de bolsas consultarán todos os datos necesarios para comprobar que reúnes os requisitos para solicitala. Só en determinados supostos pedirémosche que achegas algún documento concreto.

4. IMPRIME O XUSTIFICANTE DE PRESENTACIÓN. COMPROBA SE TE ATOPAS NALGUNHA DAS SITUACIÓNS PARA REMITIR DOCUMENTACIÓN:

DIRECCIÓN PARA REMITIR DOCUMENTACIÓN Á UNIDADE DE BOLSAS:

XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA. CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

Servizo de Apoio aos Servizos Educativos. Sección de Bolsas de Estudo

R/ Vicente Ferrer, 2 - 15071 A Coruña

➔ PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: do 19 de marzo de 2024 ás 9 h., ata o 10 de maio de 2024 ás 15 h. (horas peninsulares)

➔ PARA MAIS INFORMACIÓN: https://www.becaseducacion.gob.es

➔ DURANTE OS MESES DE AGOSTO E SETEMBRO DEBES ESTAR ATENTO AO CORREO ELECTRÓNICO

➔ Non o deixes para o final. Pide a túa bolsa aínda que non saibas o que vas estudar ou mesmo se vas ou non a estudar.

Axudas alumnado NEAE 2022/23

Resolución do 13 de maio de 2022 (BOE 18 de maio) da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2022-2023.

 

Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2022/23

O sábado 10 de marzo publicouse no BOE a nova convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2022/2023.

Modifícanse os prazos e o procedemento de xestión das solicitudes.

O prazo para presentar as solicitudes é do 30 de marzo ao 12 de maio, inclusive.

A presentación realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación.

Nunha 1ª Fase preténdense realizar as comprobacións económicas.
As unidades de tramitación de bolsas revisarán os datos persoais e familiares necesarios para a comprobación da renda e patrimonio familiar e enviarán as solicitudes á Axencia Tributaria para o seu cálculo.

Nunha 2ª fase informarase aos solicitantes do resultado das comprobacións económicas anteriores, dándolles un prazo para formular alegacións se procede.
Doutra banda, informarase tamén do procedemento e prazo para que poidan modificar a súa solicitude inicial, no relativo aos datos académicos.

Máis información na seguinte ligazón:
https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

A convocatoria de axudas para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo publicarase despois da convocatoria xeral, a partir do mes de maio.

AXUDAS

Neste apartado podedes atopar toda a información relativa as distintas axudas ás que podedes acceder: 

Distribuir contido


by Dr. Radut