Skip to Content

Cuarto

Formación en E-Dixgal 4º EP

Hoxe o alumnado de 4º EP recibiu unha pequena formación en E-Dixgal por parte das nenas e nenos de 6º EP que completaron dous cursos neste programa educativo.

Formación E-Dixgal

Formación en E-Dixgal do alumnado de 4ºEP

O alumnado de 4º de educación primaria recibiu hoxe unha pequena formación no proxecto E-Dixgal por parte das compañeiras e compañeiros de 6ºEP, que completaron dous cursos neste programa educativo.

Formación E-Dixgal

CONTOS NA LAREIRA: REGUEIFAS E TRADICIÓN ORAL GALEGA

21/05/2019 12:48

O martes visitounos unha mamá de un alumno de 4º de primaria para falarnos das regueifas e outras formas de tradición oral propias de Galicia. 

Os alumnos coñeceron máis sobre estas fontes de información e terminaron a sesión coa lectura dun libro, que gustoulles moito!!

Moitas grazas a todos os familiares que participan neste tipo de actividades!

Álbum: Biblioteca -> Contos lareira 4º

VISITA AO PARQUE DE BOMBEIROS

22/05/2019 12:40

Onte os alumnos de 4º de primaria fixeron unha saída para visitar o parque de bombeiros de A Coruña, ata onde chegaron en bicicleta.

Primeiro practicamos un pouco no patio do centro e puxemos a punto as nosas bicicletas para emprender o camiño cara ao parque.

Alí os bombeiros ensinaronnos as súas instalacións, os equipos que utilizan para as emerxencias e ... ata deixáronnos usar a mangueira!

Unha visita xenial na que gozamos moito!!

Moitas grazas aos familiares que participaron connosco!

Álbum: Visitas escolares -> Bombeiros 4º

ENCONTRO CON ÁNXELA LOUREIRO

O pasado día 9 de maio visitounos Ánxela Loureiro, autora de "Choiva de Ras".

Os nenos e nenas de 4º pasaron un rato moi agradable con ela, coñecendo curiosidades sobre o libro e sobre os aspectos nos que se centrou para escribilo, así coma cantando e bailando as cancións que a propia autora compuxo.

Grazas Ánxela!

SAÍDA: A CORUÑA DE PICASSO

30/04/2019 10:30

Os nenos de 4º de primaria fixeron o pasado martes, 30 de abril, un percorrido pola Coruña de Picasso. 

Comezaron visitando a Casa Museo, que lles encantou, e no que descubriron moitas curiosidades do pintor, para continuar pola súa escola: o IES Eusebio da Guarda, onde visitaron o sue salón de actos, abraiados por toda a arte que conten. 

Finalmente remataron na plaza de Pontevedra realizando un pequeno resumo da visita antes de volver ao colexio. 

Álbum: Visitas escolares -> Coruña de Picasso 4º

VISITA Á COMPAÑÍA DE TRANVÍAS

10/04/2019 11:57

Hoxe os nenos e nenas de 4º A foron visitar a Compañía de Tranvías de A Coruña. 

Na visita, veu recollernos un autobús urbán para levalos ata cocheiras e, unha vez alí, coñecer as normas de seguridade vial, a historia da compañía de tranvías, realizar un percorrido polas instalacións (mecánica, cambio de pezas, pintura, limpeza dos autobuses...) e finalizar nas oficinas e centro de control de todos os autobuses que circulan pola cidade. 

Unha visita xenial!!

Álbum: Visitas escolares -> Compañía Tranvías 4º

CONSUMO

14/02/2019 12:20

SON FUTURO

24/01/2019 11:20

Actividade para os alumnos de 4º.

TEATRO EN AFUNDACIÓN

17/12/2018 09:15
Distribuir contido


by Dr. Radut