Skip to Content

Relixión Católica

Saída Relixión Católica

O mércores, 21 de febreiro, o alumnado de 4º de Primaria de Relixión Católica visitou un templo cristián, preto do colexio; a Parroquia de San Luis Gonzaga.

Grazas ao seu párraco, D. Manuel, que colaborou abríndonos as portas da igrexa e así poidemos ver de cerca un cáliz, o sagrario, a sacristía, o retablo coa cruz e a imaxe de San Luis…

Felicitar dende aquí ao alumnado que estiveron moi atentos e foron moi respectuosos, tendo en conta o lugar no que nos atopabamos.

Dúas fotos da visita:

 

Imaxe

Imaxe

Felicitación Nadal 2023

Como cada ano nestas datas, Alfonso Modroño agasállanos, aos que temos a sorte de ser os seus amigos, cun poema que quero compartir con todos vós a modo de felicitación navideña, xunto coas fotos dos nenos e nenas que este ano con moitas ganas e ilusión fixeron a obra de Nadal do Portal de Belén.


En esta Navidad, suenan campanas

Que no tocan a Gloria, repicando;

son misiles de guerra martillando,

con muerte y destrucción, vidas humanas.

 

Pero aún quedan en pie nuevas mañanas

donde pueda la luz ir germinando

la cosecha de paz que está esperando

ver crecida, el amor, tras sus ventanas.

 

Volvamos al calor del viejo nido;

al Belén que se alzó en nuestra inocencia

para ser corazón, faro y latido.

¡Oh campanas de Gloria..! sed conciencia

De nuestras navidades; su sonido…

¡Repicad por un mundo sin violencia!

 

Alfonso Modroño

A Coruña, Navidad 2.023

 

Darío, Ander, Paula, Iago Turnes, Iago Amil, Alís, Emily, Adriana, Felipe, Iker, Paola, María, Miguel Díaz, Candela, Manuel, Francesco, Adrián, Hugo, Uxía, Miguel Couselo e Marcos.

¡ FELIZ NAVIDAD!

Agasallo de Nadal dun poeta

AGASALLO DE NADAL DUN POETA


Teño a gran sorte de que a vida sempre puxo no meu camiño boa xente, que me aporta moita ledicia. Entre ela está Alfonso Modroño, que como vén sendo xa tradición nestas datas, agasalla os seus amigos e amigas cun soneto, que quero compartir con todos vós co permiso de el.


SONETO NAVIDADES 2.022


No dejes de mirar hacia delante
buscando el lado bueno de las cosas;
no permitas que sombras sediciosas
desvirtúen la luz a cada instante.


Persigue tu destino, caminante,
sin miedo a las pisadas dolorosas.
¿Qué importa si el camino, cual las rosas,
tiene espinas...?¡Será más excitante...!


¡Crea, una navidad, día tras día!
Enfrentate a la insidia, al mal humor...
¡Dilúyete en la paz de la armonía!


¡Ponle vida a la vida! ¡Ponle amor...!
No dejes que te venza la apatía;
regálate horizontes, sin temor.


Alfonso Modroño 2022


Acompaño a este poema a foto do Nacemento do cole, que tan bonito quedou grazas á ANPA “San Cristóbal”. Bo Nadal e a seguir o sabio consello do soneto.

Nacemento

Teatro: Portal de Belén

NADAL NAVIDAD

Chegou a época do ano en que a rutina deixa paso á ilusión e repetimos cada ano, os rituais que nos unen un chisquiño máis e que acenden as nosas esperanzas de ser mellores fillas, fillos, nais, pais, irmás, irmáns, parellas, amigas, amigos, veciñas, veciños... en definitiva de poder alcanzar a anhelada paz que só chega polo camiño da entrega.

Como cada ano o alumnado de Relixión representamos a obra do Portal de Belén, este ano sin público e co tempo xusto para gravar, sin poder repetir as escenas, o importante non son as cualidades artíticas de cada quen, senón o que disfrutamos facendo o teatro, a sensación de estar en Nadal, os nenos e nenas vestíndose de Baltasar Virxe María, Estrela… coa alegría e emoción propias da sua idade, unha sensación de vida semellante a unha historia con final feliz.

O PORTAL DE BELÉN

Aquí vos deixo as fotografías e os vídeos da obra de teatro do Portal de Belén, que cada ano nos trae o Nadal ao noso cole.

 

Ver Genially

 

O Advento deixa paso ao Nadal

Aínda o Advento non rematou, queda unha vela por acenderse… pero a min xa me chegou en forma de soneto, unha especial felicitación de Nadal do meu amigo Alfonso Modroño que como curiosidade os direi que foi o que fixo o primeiro pregón das Fogueiras de San Xoán no ano 1.971.

Desexo compartir convosco este soneto de gran sentimento e beleza, que por amizade me cediu para publicalo nesta web escolar.

 

Dejadme que regrese a ese momento

que, en la infancia, era tiempo de alegría,

cuando el musgo era un prado, y discurría

por un río de plata; encantamiento…

  

Dejadme que regrese a “el nacimiento”

que inundaba el hogar de fantasía,

cuando todo era un sueño, y yo subía

a colgar de una estrella el pensamiento.

  

¿A quién puede dañar que la recuerde

Con su nombre de siempre: Navidad;

pintada de colores rojo y verde…?

  

No quiero disfrazar la realidad

de un tiempo que es de paz y nunca pierde

la magia y el calor de su verdad.

 

Alfonso Modroño Márquez. NAVIDAD 2021

A Coresma

A Coresma

Estamos no tempo litúrxico da Coresma, que comezou o Mércores de Cinza e dura 40 días ata chegar a Pascua. É un tempo de preparación para a Resurrección de Xesús.

A maneira de alcanzar a nosa plenitude pasa pola conversión. Mellorar a nosa condición humana para sentirnos en comunión cos demáis, con Deus e en paz con nós mesmos.

Todos e todas buscamos o sentido da vida e a Coresma é tempo de reflexión e meditación para os cristiáns e as cristiás sobre a nosa existencia. Os 40 días que Cristo pasou só no deserto fortalecérono espirítoalmente para os acontecementos que tería que vivir posteriormente, de feito sufre unha morte inxusta coa serenidade dunha persoa que acepta a súa realidade, porque comprende cada actuación do ser humano e perdoa aos seus executores ca xenerosidade do Pai ou Nai que entende a debilidade dos seus fillos e fillas.

“Xuntos camiñamos cara a plenitude”.

Cartel de Cuaresma

Bo Nadal!

Disque o venres da semana pasada e o martes desta, andiveron polos corredoiros e ate visitaron a biblioteca a Virxe María, San Xosé, o neno Xesús, a curmá Isabel e uns pastores...todos eles acompañados polos Reis Melchor, Gaspar e Baltasar. Hai proba gráfica e ben guapos e guapas que saíron... Certo que me lembran os meus alumnos e alumnas de 6o...cousas miñas... 

Bo Nadal

Irene, Claudia , Iria, Anxo, Teo, Inés, Alba e Paola (6º B).

 

bo nadal 6º A

Alba, Valentina, Sifen, Claudia, Martín, Lois, Gustavo, Santiago y Candela (6º A).

 

O Nadal chegou ao Wenceslao

Coincidiremos todos e todas, que unha vez que nos convertemos en pais e nais, vivimos ó
Nadal dun xeito máis parecido ó da nosa infancia, aínda que nunca igual, as lembranzas chegan con
moito sentimento. Compartimos cos nosos fillos e fillas esa ilusión das primeiras veces... as
panxoliñas en familia, a árbore cos seus coloridos adornos e chispeantes luces; o Nacemento coas
figuriñas, o Portal, o musgo, a Estrela de Oriente e o río de papel de aluminio; o turrón cos seus
entrañables anuncios, o canturreo dos nenos e nenas de San Idelfonso atopando o Gordo... os turnos
entre as familias para pasar a Noiteboa nunha casa ou noutra... os atragantamentos cas uvas en Fin
de Ano.... a Cabalgata ca chuvia de caramelos e as rúas cheas de xente moi abrigada; a noite de Reis
chea de nervios e expectación... o Roscón coa súa sorpresiña sen querer dar aínda as festas por
rematadas... A peniña que da quitar a árbore, sinal de que o Nadal alá vai, e hai que retomar de novo
a rutina das presas e as obrigas... en fin... a escalada da ben nomeada costa de xaneiro...

Coma mestra son moi afortunada de ver chegar o Nadal ó colexio, onde o ambiente a finais
de novembro comenza a cambiar, vas polo corredor e podes escoitar a Nuria a de música, a Mila a
de inglés ou a Ana García de 2º A coma nas aulas están ensaiando algunha panxoliña, oense en
varios idiomas que para iso somos un colexio plurilingüe... e lembras unha vez máis o ben que te
sentías cando estabas en EXB cantando cos teus compañeiros e compañeiras todos unidos e unidas
por unha canción que só se escoitaría eses días e despois quedaría gardada ata o próximo Nadal.

Se vas a conserxería, verás a Fernando atarefado entre fotocopias de sumas e restas, con
outras do Rei Baltasar co seu turbante aínda sen colorear. Na sala de profes alguén fala de que xa
estamos en tempo de encargar a lotería e na secretaría a goma eva e os papeis ouro e prata van
minguando...

Xa van uns cantos anos que Susana Vázquez e Isabel López da ANPA, veñen pola tarde a
poñelo Nacemento, este tan bonito que vedes aquí abaixo, que para ninguén pasa desapercibido e
menos para os nenos e nenas que o ollan sen perder detalle e desfrutando do cariño que poñen cada
unha delas colocando cada peza, buscando o que pode facer de montículo, medindo o papel para
tapar o oco que deixa a mesa pola parte de abaixo, sin escatimar co fixo para que non caia a
primeira de cambio, espallando as virutiñas con xeito... para que vexamos un lugar acolledor que
nos conduce a unha humilde corte ca mula e co boi, chea de esperanza e vida.

Nacemento

En Relixión sempre preparamos unha obra de teatro cos alumnos e alumnas de sexto,
empezo con tempo e sempre cada ano fago algunha variación aínda que o argumento nunca cambia,
despois o día da actuación, parece sobre todo unha comedia, porque os nervios fan que actrices e
actores cambien ó guión dando lugar a situacións coma que o Neno Xesús quede esquecido enriba
da megafonía cando debería estar nos brazos da Virxe María ou Melchor termine tropezando ca súa
túnica, dúas tallas mais grandes da que lle correspondería por estatura e a súa coroa caia entre un
público sempre moi agradecido.

O Nadal xa chegou ó Wenceslao...Benvido sexas..

O Advento

 Advento é o tempo de preparación para o Nadal e comeza 4 domingos antes de esta celebración. Marca o inicio do Novo Ano litúrxico católico que este ano 2.020 empezará o domingo 29 de novembro. Advento vén do latín “ad-venio” que quere dicir “vir, chegar”, comeza o domingo máis cercano á festa de San Andrés Apóstolo (30 de novembro) e dura 4 semanas.

Advento

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut