Skip to Content

Actividades

3 de decembro: Día da Diversidade Funcional

Preme na imaxe para visualizar o contido.

Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller

25 de novembro: Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller.

Que é a violencia de xénero?

Curtametraxe "Escondite Inglés", baseada no guión gañador do VII Concurso de guións contra a violencia de xénero 2020.

Deputación Provincial da Coruña.

Un minuto de apagón!

Quen é quen? Outubro

Adiviña quen é a muller de outubro. Preme na foto para ver as pistas.

Gañador e gañadora - II Concurso Quen é?

Noraboa aos dous gañadores do II Concurso “QUEN É” e a todos e todas as acertantes dalgún dos meses!!

 

Seguide participando o ano que vén en prol da igualdade!!!

Gañadores do II concurso Quen é?

 

Acertantes do II concurso Quen é?

A muller de abril e maio era...

YOLANDA CASTAÑO PEREIRA


Parabéns aos gañadores!

 

Yolanda Castaño Pereira, naceu no ano 1977 en Santiago de Compostela. En 1990 veu a vivir á Coruña, onde estudiou bacharelato e licenciouse en Filoloxía Hispánica.

Con dezasete anos gañou o Premio Ferrín Bouza Brey, grazas a el publica “Elevar as pálpebras”(1995). Comeza unha carreira que levoulle a publicar algúns títulos moi destacados da lírica galega das últimas décadas, como “Vivimos no ciclo das erofanías (1998), que foi premio Johán Carballeira y Premo da crítica española, “Profundidade do campo (2007), que foi Premio Espiral Maior, ou “A segunda lingua” (2014), que foi premio da Poesía a Fundación.

É membro do equipo directivo da Asociación de Escritores en Lingua Galega e de Letras de Cal, nova editorial de poesía destinada a publicar aos novos valores. Cunha intensa labor como conferenciante, recitadora e articulista convertese nunha embaixadora da literatura e da cultura de Galicia, que representou en diversos foros por todo o orbe, incluíndo Arxentina e outros países de Latino América, como Venezuela, Perú, Colombia ou Nicaragua.

Como poeta e tamén como crítica literaria, colaborou en diversas publicacións como: Festa da palabra silenciada, Dorna, A xanela, Clave Orión, A Flama no Espello, Quimera, O Correo Galego, A nosa terra, Ólisbos, Elipse, Enclave, o no Mundo.

Participou en varios volumes colectivos como “Daquelas que cantan...”, “Rosalía na palabra de once poetas galegas” (1997), que foi editada pola Fundación Rosalía de Castro e que acompañaba dun CD, “Muller a facer vento” (1998), ou “Alguén agarda que volva alí” (1998). Ademais de participar en numerosos recitais, organizou xunto a Enma Couceiro os Ciclos de Recitais Poéticos en Filoloxía, celebrados mes a mes entre 1996 e 1998.

Participou no programa da TVG chamado “Cifras e Letras”, na sección das Letras, é guionista, comisaria de Arte e poesía, autora infantil e xuvenil (“Punver” ou “Cando eu saiba ler”), tradutora, ensaísta, as súas obras publicáronse nunha vintena de idiomas.

Dende hai un lustro dirixe na Coruña o ciclo Poetas Di (n) versos, foro mensual no que creadores galegos e de todo o mundo recitan os seus textos. Na mesma liña, coordina tamén un Taller Internacional de Tradución poética que celébrase cada outono na emblemática illa de San Simón, próxima a Vigo.

Nos últimos anos traballou en proxectos nos que a poesía hibrida con outras artes, como a plástica, música, performance, danza, arquitectura, audiovisual ou incluso gastronomía. Desta fusión naceron publicacións como o libro-cd “Edénica no 2000”, ou a sua colaboración como letrista de músicos como, Gaudi Galego ou Rosa Cedrón.

En relación co debuxo, falar do seu libro, “Xela quixo ser ela”, que é a biografía da protagonista do Día das Letras Galegas 2021, Xela Arias, dirixida ao público novo. A poeta, Yolanda Castaño, presenta a vida de Xela Arias dende os anos de infancia, onde quedou claro o seu amor pola literatura e a lingua, e tamén as súas ansias de independencia e liberdade.

 Grazas a todos/as por participar, por facer estes traballos de investigación tan ben feitos!

Aprendemos moito de moitas mulleres importantes, algunhas por desgraza olvidadas.

A final de curso recibiredes un pequeno agasallo!

Seguide aprendendo destas mulleres e doutras.

Ata o próximo concurso!

II Concurso "Quen é?" - Abril-Maio 2021

Observa esta foto e le as pistas:

Pista Muller Abril-Maio

PISTAS:

    1. Unha das “Mulleres nas letras” que está pintada nun edificio de Vigo é a muller que debes buscar.

    2. Que celebramos o día 23 de abril e o día 17 de maio? Esta muller está relacionada coas dúas conmemoracións.

    3. Este ano adicamos as Letras Galegas a Xela Arias. A muller que estás a buscar está adscrita á corrente de “poesía de muller”, xunto á homenaxeada deste ano.

    4. Estudou no IES Puga Ramón!

    5. Veu á biblioteca do noso colexio no curso 2018-2019 e asinou exemplares dun libro seu. Hai dous na biblioteca. A súa dedicatoria foi moi orixinal.

    6. Participaba na sección de letras no programa “Cifras e letras” da TVG.


QUEN É?

Manda a túa resposta e un breve traballo a musicawff@gmail.com ATA O VENRES 28 DE MAIO ÁS 14:00. Pon no asunto: MULLER DE ABRIL-MAIO.

Podes tamén mandar un debuxo!!

ANÍMATE A PARTICIPAR!! GRAZAS!!

A muller de marzo era...

NORABOA AOS 4 ACERTANTES!!  ERA ANTONIA FERRÍN MOREIRAS!!

 

Debuxos de Antonia Ferrín Moreiras

 

Antonia Ferrín Moreiras



Antonia Ferrín Moreiras naceu en Ourense no ano 1914. Finou aos 95 anos en Santiago de Compostela no ano 2009.

Foi a máis lonxeva da nosas astrónomas, foi a pioneira nesta materia. Ademais foi a primeira muller en ler unha tese doutoral en astronomía en España, no ano 1963, tamén foi unha excelente profesora tanto en Madrid como en Santiago de Compostela. Licenciouse en Ciencias Químicas e Farmacia pola universidade de Santiago de Compostela, estes estudios, o seu traballo como mestra nacional e dous anos de Ciencias exactas realizounos antes da Guerra civil, ademais de exercer como profesora de Matemáticas no Instituto de Ensinanza media de Santiago de Compostela.

Ao estalar a guerra, foi suspendida da actividade académica, xa que se lle abriu un expedinte de depuración debido a unha denuncia anónima provocada polas súas ideas políticas. A comisión sancionadora inhabilitouna para desempeñar cargos de confianza e veuse obrigada a deixar a docencia no instituto. En 1940 solicitou a revisión da súa causa e conseguiu reanudar as clases na Facultade de Ciencias.

Rematada a guerra acabou os seus estudios de Matemáticas na Universidade Central de Madrid como alumna libre. Na década dos 40 iniciou os seus traballos de investigación baixo a dirección de D. Ramón María Aller Ulloa, director do Conservatorio Astronómico e Catedrático da USC. Entre os anos 1952 e 1963 traballou no CSIC como axudante de Investigación. En 1963 lee a súa tese doutoral que será a primeira en Astronomía e a primeira que se defende na Sección de Matemáticas da USC. Nese mesmo ano é nomeada Catedrática Numeraria de Matemáticas na Escola de Maxisterio “Santa María” de Madrid. A partir de entón trasladase a Madrid onde tamén foi profesora adxunta na Cátedra de Astronomía da Facultade de Matemáticas da Universidade Complutense. Xubilouse no ano 1984.

As súas contribucións principais á Astronomía, realizadas no Observatorio de Santiago, consisten en traballos sobre ocultacións estelares, medidas de estrelas dobres e determinación de pasos por dous verticais.

Unha anécdota que lembraba sempre foi o frío que pasaba no Observatorio coas faldras e que non podía usar pantalóns porque era un tempo no que era unha prenda que nos se toleraba nas mulleres.

II Concurso "Quen é?" - Marzo 2021

ADIVIÑA A MULLER DE MARZO!!!!

Muller concurso Quen é? de marzo 2021
       
PISTAS:

1-    Naceu en Ourense, pero viviu a maioría da súa vida en Santiago.

2-    Estudou tres carreiras: Química, Farmacia e Matemáticas e foi profesora, pero descubriu que a súa paixón era a… e compaxinou as dúas cousas.

3-    Se sabes o que é un Observatorio, saberás cal foi a súa paixón e ela foi a primeira muller española…

4-    Grazas ao seu labor agora se puido conseguir, por exemplo, que Perseverance aterrizase hai pouco en Marte.

5-    Sufriu unha inxustiza polo único feito de ser muller. Cal?

 

INVESTIGA, MANDA A TÚA RESPOSTA E UN BREVE TRABALLO A musicawff@gmail.com         

ANTES DO VENRES 26 DE MARZO.

A muller de xaneiro e febreiro era...

NORABOA AOS CATRO ACERTANTES DO CONCURSO DA MULLER DE XANEIRO-FEBREIRO!!!

Era…


RIMA SULTANA RIMU

Rima Sultana Rimu

Rima Sultana Rimu, naceu en Ramu, Bangladesh, en 2002, polo que ten agora 19 años, filla dunha familia de campesiños, traballa como unha educadora, e é activista bengalí,  polos dereitos humanos e pola paz, defensora da minoría étnica rohingya e doutras comunidades, imparte clases e actúa de mediadora en Bazar de Cox bengalí, un dos campos de refuxiados máis grande do mundo. Adícase a dar talleres sobre a participación das mulleres e a xuventude na construción da paz, educa ás nenas sobre os seus dereitos mediante a utilización do teatro e as transmisións de radio.

No ano 2018, con tan só 17 anos, involúcrase na rede internacional  de mulleres xoves polo liderado, en Cox´s Bazar, que pertence a Rede Global de Mulleres Construtoras da Paz, que recibe o apoio da ONU mulleres.

Tamén contribuíu  a diminuir as tensións crecentes entre a poboación autóctona e a avalancha de refuxiados e solicitantes de asilo Rohingya, agravadas en 2010, pola pobreza que tiñan na provincia de Bazar de Cox.

Por realizar esta tarefa humanitaria, no ano 2020 foi designada como unha das mulleres máis influíntes e inspiradoras do planeta pola cadea británica BBC, a través da súa iniciativa 100 Mulleres BBC.

Rima loita para que as mulleres non sexan tratadas de forma distinta e inferior aos homes. Ela di que vive nun país cunha cultura moi tradicional, afectado pola violencia e o desprazamento

Loita contra os problemas de matrimonio infantil, acoso nas rúas, violencia sexual...

Cando empezou a súa loita a moitos non lles gustou, incluso membros da súa familia, porque dicían que faltaba ó respecto á súa relixión.

A súa labor é que as mullere e nenas poidan ler e escribir para comprender completamente os seus dereitos. Se non teñen educación, non poden defenderse. É  moi difícil que poidan ser independentes economicamente; por iso loita por marcar esa diferenza.

Agora mesmo todos os problemas destas mulleres agraváronse máis polo COVID, xa que moitas nenas deixaron de ir á escola. Non é fácil poder dar os talleres, volve a haber un aumento de matrimonios infantís nos campos de refuxiados

A loita continúa...

 

Debuxo de Rima Sultana Rimu

 

Distribuir contido


by Dr. Radut