Skip to Content

Actividades

CONCURSO: QUEN É?

"Quen é?" é un concurso para descubrir a identidade dunha figura feminina relevante, destacando así o papel das mulleres ao longo da historia.

Mensualmente aparece no taboleiro da entrada a fotografía dalgunha muller e algún dato relevante da súa biografía. 

As alumnas e alumnos investigan, fora ou dentro da aula, para tratar de descubir de quen se trata e cando cren adiviñar a identidade deixan a súa resposta no buzón que hai para tal fin.

Ao final do curso haberá un pequeno agasallo para os gañadores!!

 

TALLERES DE IGUALDADE

27/02/2020 13:46

Ao longo do mes de febreiro leváronse a cabo nas aulas de primaria uns talleres nos que traballamos sobre a igualdade.

Nos talleres traballamos a diversidade de moitos xeitos: a diversidade de razas, a diversidade funcional e a diversidade en función ao xénero. 

Puidemos comprobar que a diversidade está presente nas nosas vidas de forma continua, e tamén traballamos para crear opcións promovendo a inclusión en todos os ámbitos da vida.

Álbum: Coeducación -> Talleres sobre igualdade

TEATRO: "IRIÑA BAILARINA"

27/01/2020 09:15

O pasado 27 de xaneiro todas as nenas e nenos do cole desfrutamos do espectáculo infantil a cargo de Teatro dos Ghazafelhos.

Un pirata, un xogador de futbolín, unha bailarina de caixiña de música e un único desexo: xogar sen límites para crecer sen medidas.

Ghazafelhos, a través desta representación, propónnos reflexionar sobre a igualdade de xénero, o cambio de roles ou os estereotipos sociais, 

A cabalo do conto Iriña Bailarina de Cristina Justo e Paloma Rodríguez, publicado dentro da colección A Igualdade Conta, por Edicións Embora, a compañía crea un contacontos dramatizado onde o público ten a última palabra.

Álbum: Coeducación -> Teatro: "Iriña bailarina"

CAIXA ROSA, CAIXA AZUL

11/02/2020 19:07

Aínda que os peques de 3 anos non participaron nos talleres do Concello, si que traballaron tema na igualdade na aula.

Concretamente a igualdade de xénero cobra moita importancia nestas idades temperás xa que é cando os rapaces toman conciencia da súa propia identidade e da dos demais. Tentamos que a linguaxe, os xogos e xoguetes, o tratamento cara aos nenos e nenas sexa non sexista educando en igualdade.

Tamén facemos moitas actividades de concienciación e aprendizaxe. 

Aquí podedes ver a secuencia desta actividade, na que os pequerrechos tiñan que elexir con que caixa de xoguetes querían xogar pero sen abrila. Cando o fixeron descubriron que os xoguetes que agochábanse dentro igual non eran o que eles esperaban vendo o seu exterior...

Álbum: Coeducación -> Caixa rosa, caixa azul

CONTOS PARA EMOCIONAR

11/02/2020 16:30

Ao longo do 1º trimestre as nenas e nenos de 4 e 5 anos realizaron os talleres de "Contos para emocionar", dentro do programa do Concello "A Coruña Educa", relacionado coa educación sexual para peques.

PROGRAMA EDUCATIVO

A educación afectiva, emocional e sexual das crianzas é fundamental por influír positivamente na calidade da vida, na adquisición de hábitos básicos de saúde, no benestar, na vivencia do pracer sexual, na consecución da felicidade e en último termo, na loita contra a violencia machista. Este programa educativo comprende unha serie de “Contos Dramatizados” e de actividades, cas que se traballa a construción da sexualidade e dos vínculos afectivos desde o respecto, a autoestima e a liberdade desde unha perspectiva de xénero.

CONTIDOS ,OBXECTIVOS

Este obradoiro consta de 5 sesións con 5 contidos diferentes traballados en 5 contos co cada un dos contidos:

  1. A construción da identidade de xénero. Estimular a aceptación e o respecto ás diferenzas entre as persoas. Facilitar que o grupo vaia descubrindo as diferentes identidades de xénero e que estas non están determinadas polos caracteres corporais, sexuais, psicolóxicos ou sociais, senón pola propia vivencia de sentirse nena ou neno.
  2. Os vínculos afectivos e as relacións coas outras persoas. Desenvolver a capacidade de identificar as calidades dos vínculos afectivos que abrangue o amor e a percepción subxectiva de sentirse queridas e queridos.
  3. As distintas orientacións sexuais e opcións de convivencia. Facilitar que o grupo interiorice como saudables as diferentes orientacións sexuais e os diferentes tipos de convivencia.
  4. Os roles de xénero. Explorar a actitude do grupo cara aos roles de xénero e promover a súa flexibilidade mediante a experimentación e o xogo.
  5. Os abusos sexuais. Previr os abusos sexuais na infancia Abordar con nenas e nenos o difícil tema do contacto físico non desexado, insistindo na posibilidade de dicir NON. 
Álbum: Coeducación -> Contos para emocionar
Distribuir contido


by Dr. Radut