Skip to Content

Información de interese

Actividades 8M do Concello

O Concello da Coruña organiza rutas guiadas para recordar a mulleres históricas da cidade

Con motivo do 8-M haberá tamén actividades nas naves do Metrosidero, o Fórum Metropolitano, a Casa Museo Casares Quiroga e o rocódromo

Imparables

 

 

Entre as actividades programadas para este ano destacan as Rutas en feminino. Trátase de itinerarios guiados por tres núcleos históricos clave da cidade: os xardíns do Ensanche e A Mariña; a Cidade Vella a Pescadería. As rutas servirán para coñecer mellor a vida e a obra de mulleres que deixaron marca na nosa historia e mapa de rúase están programadas para os días 6, 7 e 8 de marzo. inscrición pódese facer nos centros cívicos. Os actores Suso Martínez e Belén Espiñeirprotagonizarán tres rutas históricas por A Coruña, na que falarán de nomes como Luísa Villalta, María Pita, Emilia Pardo Bazán o Concepción Arenal, entre outras.

 

is actividades

O xoves 7 haberá un taller para elaborar carteis e mensaxes e o sábado 8 un formato 'Pasapalabra' con definicións relacionadas con igualdade de xénero. Ambas actividades están programadas as 18.00 horas. As artes escénicas terán presencia cá obra teatral 'A nena de ninguén', o día 8 de marzo no Fórum Metropolitano, que tamén acollerá o ciclo de cine 'Retrincos de muller'.

 

O día 9 continúa nas salas dos Cantóns a segunda edición do Festival Cinema por Mulleres. A programación municipal inclúe tamén actividades deportivas, como a xornada de portas abertas do rocódromo de Riazor que terá lugar o venres 8 de marzo e a tradicional carreira popular da Torre de Hércules, un evento incluído no circuíto Coruña Corre, que inclúe novamente unha marcha solidaria que se realizará o 23 de marzo.

 

 
 
 
 
 
 

8 de marzo: Día Internacional da Muller

Lecturas recomendadas

8 marzo

Programa 8M do Concello

Programa 8M

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

11 de febreiro: Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia 2021

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia 2021

O día 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que ten como fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas.

Para conmemoralo, a Fundación española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) emite este día o documental "Picture a Scientist", dirixido por Ian Cheney y Sharon Shattuck.

A largometraxe, que aborda as dificultades que atopan as mulleres científicas ao longo da súa carreira, estará dispoñible en Rede entre os días 8 e 11 de febreiro previa inscripción.

 

Máis información: https://www.fecyt.es/es/noticia/fecyt-emite-el-documental-picture-scientist-para-conmemorar-el-dia-internacional-de-la-mujer

25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero

Por que celebramos este día nesta data?

A data do 25 de novembro elixiuse para conmemorar o violento asasinato das  irmás Mirabal, tres activistas políticas asasinadas o 25 de novembro de 1960 pola policía secreta do dictador Rafael Trujillo na República Dominicana.   

Por que é importante darlle visibilidade?

POR DESGRACIA, OS ASASINATOS A MULLERES SEGUEN OCORRENDO E ÁS VECES POR PARTE DAS SÚAS PARELLAS OU EXPARELLAS.

 Actualmente, o confinamento nesta situación de pandemia fixo que milleiros de mulleres convivan cos seus agresores, vivindo 24 horas co seu maior inimigo. Os maltratadores víronse impunes ante unha situación dominada por eles, xa que o encerro dificulta ou impide as relacións fóra do fogar e a posibilidade de poñer unha denuncia. Ademais, a nivel psicosocial a corentena ten efectos nocivos sobre a vida mental das persoas, sendo unha situación ideal para que os maltratadores poidan exercer o abuso e a violencia con maior facilidade cara as persoas do seu redor.
Por iso, cómpre que todo a sociedade lle poña freno a isto e a todo tipo de violencia denunciando as situacións de maltrato.

Por que portamos o lazo morado?

Existe unha teoría que di que a cor morada do lazo débese a que representa a aquelas mulleres de principios do século XX que foron vítimas das accións violentas do dono da compañía textil Cotton New York, onde traballaban.

Eran 129 mujeres costureiras que se declararon en folga e víronse atrapadas polo lume, iniciado polo propio dono. Neses días, estaban traballando con teas de cor morada e asóciase a traxedia a ese ton.

Unha versión máis poética do drama di que o fume que saía da fábrica en chamas era de cor violeta e que podía apreciarse dende kilómetros de distancia.

Outra teoría di que a combinación da cor rosa e a azul, que simbolizan o feminino e o masculino, dá por resultado un ton lila do lazo morado. E así afirman, é como debería verse á sociedade, como unha mestura de cores e non como dúas cores diferentes.

Vede este conto de Palmira Castro:

https://defronte.gal/portfolio/sira-e-a-illa/

Curtametraxes sobre os estereotipos de xénero

La Peluca de Luca, un conto para xente valiente e un proxecto de coeducación que ten como obxectivo eliminar os estereotipos e prexuicios adscritos ao sexo. O proxecto leva viaxado a multitude de centros educativos desde 2012 tendo unha gran acollida tanto entre o alumnado como co profesorado:

 

La Peluca de Luca from La Peluca de Luca on Vimeo.

 

Inspirando ao futuro sen estereoptipos é un vídeo que demostra como os nenos e nenas posúen estereotipos de xénero moi latentes nas súas vidas.  Un experimento moi interesante que nos fará reflexionar.

 

 

 

 

Día da loita contra a violencia de xénero

Co gallo da conmemoración do próximo 25 de novembro "Día da loita contra a violencia de xénero" a Deputación pon en marcha unha campaña online e colaborativa baixo o lema "De fronte á violencia de xénero".

Cartel De fronte

Preme na imaxe para ver o vídeo da campaña

DE FRONTE á violencia de xénero, é unha campaña á que poden adherirse entidades públicas e privadas que conta cun programa de actividades online, dirixido a público infantil, xuvenil e adulto, e apela directamente á participación e implicación social. Na web defronte.gal podes seguir a campaña e adherirte a ela así como na web e nas redes de Facebook, You tube e Twitter da Deputación da Coruña.

Mediante esta campaña procúrase promover a creación dunha rede de administracións locais e entidades sensibles e comprometidas coa igualdade e a erradicación da violencia de xénero, xerando sinerxías entre elas, coa propia Deputación, e co resto da sociedade. Entre os seus obxectivos tamén se encontra a sensibilización social fronte á violencia de xénero, así como fornecer de recursos accesibles ou apoiar a diversificación da oferta de actividades socioculturais relacionadas coa igualdade de xénero

Programa de actividades:

Contaremos con tres palestras informativas, un concurso de desafío poético, unha actividade colectiva de papiroflexia e un contacontos.

A partir do día 4 de novembro se ofrecerán online e en aberto tres conferencias que abordarán a violencia de xénero desde diferentes perspectivas, como o da mocidade, da man de Vanessa Rodríguez Pousada, das tecnoloxías da información, con Sara Vierna Fernández, e dos medios de comunicación, con Ana Sanmartín López.

O Desafío poético, é un concurso que se desenvolverá entre o 4 e o 26 de novembro e que consiste en compartir en Facebook ou Twitter un texto poético, propio ou non. O premio serán tres bonos de 60€ para gastar en librarías da provincia.

Entre o 9 e o 15 de novembro desenvolverase unha actividade, guiada por Palmira Castro, de narración poética para todas as idades, conxuntamente cunha acción colectiva de origami nas redes sociais.

Para público infantil e familiar, ofrécese “Contos de nenas grandes e pequenas”, unha produción de Marta Ortiz e Brais das Hortas, en aberto do 23 ao 29 de novembro.

Por último, a campaña verase reforzada por oito pequenos vídeos onde diferentes persoeiros da cultura galega recitarán versos contra as violencias machistas.

Lembrade que podedes compartir nas redes a campaña, así como a vosa participación, a través do cancelo #defronte.

Un saúdo

 

Esta actividade está deseñada no marco do Plan de acción das políticas de igualdade de xénero da provincia da Coruña (2019-2023), desde o que a Deputación traballa na “creación de redes e sinerxías de traballo de Concellos pola igualdade e contra as violencias machistas na provincia da Coruña”, no “fomento dunha sociedade libre de violencias machistas” a través de actividades de sensibilización e concienciación e a "formación e información en materia de violencia de xénero" todas elas medidas recollidas no Plan.

CANTANDO POLA IGUALDADE

Reggaetón composto por Miguel Ángel Maroto Negrete e realizado polo alumnado e profesorado do IES Maestro Juan de Ávila, en Ciudad Real.

Canción de Natalia Gil e Lucía Gil:

ACTIVIDADES NO MUNCYT

O MUNCYT ten programada conferencia  "Científicas olvidadas"vpara mañán, mércores 19 de febreiro, que creemos que poder ser moi interesante, e moi en relación co noso proxecto de investagación de este curso.

E se sodes máis de acción tamén teñen preparada unha yincana familiar "Encuentra científicas", ata o 1 de marzo. 

Deixámosvos os enlaces para que podades botarlle unha ollada as actividades.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut