Skip to Content

25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero

Por que celebramos este día nesta data?

A data do 25 de novembro elixiuse para conmemorar o violento asasinato das  irmás Mirabal, tres activistas políticas asasinadas o 25 de novembro de 1960 pola policía secreta do dictador Rafael Trujillo na República Dominicana.   

Por que é importante darlle visibilidade?

POR DESGRACIA, OS ASASINATOS A MULLERES SEGUEN OCORRENDO E ÁS VECES POR PARTE DAS SÚAS PARELLAS OU EXPARELLAS.

 Actualmente, o confinamento nesta situación de pandemia fixo que milleiros de mulleres convivan cos seus agresores, vivindo 24 horas co seu maior inimigo. Os maltratadores víronse impunes ante unha situación dominada por eles, xa que o encerro dificulta ou impide as relacións fóra do fogar e a posibilidade de poñer unha denuncia. Ademais, a nivel psicosocial a corentena ten efectos nocivos sobre a vida mental das persoas, sendo unha situación ideal para que os maltratadores poidan exercer o abuso e a violencia con maior facilidade cara as persoas do seu redor.
Por iso, cómpre que todo a sociedade lle poña freno a isto e a todo tipo de violencia denunciando as situacións de maltrato.

Por que portamos o lazo morado?

Existe unha teoría que di que a cor morada do lazo débese a que representa a aquelas mulleres de principios do século XX que foron vítimas das accións violentas do dono da compañía textil Cotton New York, onde traballaban.

Eran 129 mujeres costureiras que se declararon en folga e víronse atrapadas polo lume, iniciado polo propio dono. Neses días, estaban traballando con teas de cor morada e asóciase a traxedia a ese ton.

Unha versión máis poética do drama di que o fume que saía da fábrica en chamas era de cor violeta e que podía apreciarse dende kilómetros de distancia.

Outra teoría di que a combinación da cor rosa e a azul, que simbolizan o feminino e o masculino, dá por resultado un ton lila do lazo morado. E así afirman, é como debería verse á sociedade, como unha mestura de cores e non como dúas cores diferentes.

Vede este conto de Palmira Castro:

https://defronte.gal/portfolio/sira-e-a-illa/



page | by Dr. Radut