Skip to Content

Educación Física

ORIENTÁMONOS POLO PARQUE DE OZA

11/06/2019 10:34

Os alumnos e alumnas de 5º B aproveitaron a mañana co profe de educación física facendo xogos de orientación polo parque, buscando fotos, superando probas, traballando en equipos...

Un día diferente para lembrar neste duro final de curso. Pasárono moi ben e portáronse aínda mellor!!

Álbum: Visitas escolares -> Orientación 5ºB

VISITA AO CONCELLO SOBRE RODAS

05/06/2019 10:18

E  a choiva deunos tregua!!

Con moitas dúbidas durante toda a noite e parte da mañana, o alumnado de 5º de primaria atreveuse a sair en bicicleta coa idea de chegar secos ata o Concello de A Coruña.

O desexo cumplíuse, e pais, alumnos e profes puidemos gozar dun agradable paseo en bici e unha visita ao concello que resultou un luxo xa que puidemos visitar salas de acceso ata agora prohibido.

A volta máis do mesmo, diversión e ledicia. 

Portáronse como campións. O próximo ano máis!

Álbum: Visitas escolares -> Concello en bici 5º

PEDALEANDO ATA A TORRE

30/05/2019 16:44

POR FIN!! O CONSEGUIMOS!!

O curso pasado a chuvia deixou ao alumnado de 6º coas ganas, pero este ano o sol permitiu aos maiores do cole disfrutar das bicicletas pola cidade.

O noso obxectivo, chegar ata a Torre de Hércules e aprender cunha visita guiada polo seu interior.

Así foi, pedalearon como campeóns, con moita prudencia e respeto entre eles, divertíndose mentres estreaban os novos tramos de carril bici da nosa cidade...

Todo isto foi posible, entre outras cousas, á colaboración dalgúns familiares que acompañaronnos durante o trayecto, moitas grazas por elo.

En definitiva, unha excursión que resultou un éxito para todos, e que confirma a boa traxectoria do noso cole no que respecta á educación vial.

Somos uns fenómenos!!

A próxima semana será o turno para as nenas e nenos de 5º, ide preparando as bicis!!

Álbum: Visitas escolares -> Torre de Hércules 6º

ORIENTACIÓN EN 5ºA

Hoxe o alumnado de 5º A tivo unha clase de Educación Física diferente, marchamos ao parque de Oza para realizar todos xuntos unha proba de orientación.

Nos primeiros momentos costoulles un pouco organizarse por equipos, distribuir as fotos, os controis de cruces e seguir o plano, pero en nada acadaron o obxectivo da actividade e pasalo bomba entre eles.

Tiveron tempo para traballar, merendar e xogar! A volta... non querían ir ao cole!!

Outro día tocaralles ao grupo B, estade preparados!!

Distribuir contido


by Dr. Radut