Skip to Content

Historia da nosa biblioteca

BIBLIOTECA "MOISÉS GÓMEZ"

A Biblioteca do noso colexio chámase dende o ano 2.003 “Moisés Gómez”, por gratitude e na honra dun antigo mestre do centro: D. Moisés Gómez García que foi un home traballador, afable e moi querido polos alumnos e alumnas.

Atendeu e organizou a Biblioteca con xenerosa dedicación, dende que chegou no ano 1.986 até que se xubilou no ano 2.003, ademais de impartir clase de lingua española nos cursos superiores.

A Biblioteca nesas datas estaba situada no último piso, onde se atopa agora o Salón de Actos.

Moisés naceu en Madrid o 4 de abril de 1.943 e crióuse en Santiuste de San Juan Bautista, un pobo de Segovia, fixo o bacharelato laboral interno a 8 Kms. en Coca, vila coñecida polo seu monumental Castelo e tamén por ser a poboación na que naceu o emperador romano Teodosio “El Grande”.

Dos 16 aos 27 anos, residiu en Santiago de Compostela onde iría a vivir cuns tíos seus para continuar cos seus estudios. Ao rematar a carreira comenzou a traballar en Andabao, na zona de Arzúa e na A Sionlla. Estivo no colexio Quiroga Palacios de Santiago, antes de trasladarse coa súa dona Eugenia Mera, a Jerez de la Frontera (Cádiz) en 1970, destino que lembraba con moita ledicia e do que sempre contaba multitude de anécdotas sobre todo porque residían nunhas vivendas destinadas a mestres o que deu lugar a unha convivencia máis estreita entre o grupo de docentes desprazados.

Chegou a A Coruña en 1977 para impartir clase no C.E.I.P. Sagrada Familia e despois xa no Wenceslao ao ano seguinte da inauguración do noso colexio. Estaba casado, como xa adiantei, con Dna. Eugenia Mera, outra mestra mítica e moi recordada polo antigos alumnos do Wenceslao. Xuntos formaban un matrimonio entrañable e moi respetado por toda a comunidade educativa.

Distribuir contido


by Dr. Radut