Skip to Content

Circulares informativas

CIRCULAR DO INICIO DO CURSO 2020/21

A través da seguinte circular informativa de inicio de curso queremos darvos a benvida ao CEIP P. Wenceslao Fernández Flórez e informarvos de aspectos relacionados cos seguintes temas:

  • Profesorado e titorías
  • Calendario escolar
  • Instrucións aos pais/nais de alumnos/as
  • Comedor escolar e madrugadores
  • Actividades extraescolares de tarde
  • Biblioteca (servizo de tarde)
  • Currículo de primaria. Horas semanais
  • Páxina web

Descargar a circular.

RECOLLIDA DE MATERIAL NA AULAS (Infantil e Primaria) E RECOLLIDA DOS LIBROS DO FONDO DE LIBROS 19-20 (3º a 6º de Primaria)

Durante este días organizaremos a recollida e entrega de material do seguinte xeito: 

XUÑO
1 2 3 4 5

1º de Primaria

Entrega de material de aula ás familias

2º de Primaria

Entrega de material de aula ás familias

3 e 5 anos de Infantil

Entrega de material de aula ás familias

4 anos de Infantil

Entrega de material de aula ás familias

 
15 16 17 18 19
 

3º de Primaria

RECOLLIDA FONDO DE LIBROS 19-20

Entrega de material de aula ás familias

4º de Primaria

RECOLLIDA FONDO DE LIBROS 19-20

Entrega de material de aula ás familias

5º de Primaria

RECOLLIDA FONDO DE LIBROS 19-20

Entrega de material de aula ás familias

6º de Primaria

RECOLLIDA FONDO DE LIBROS 19-20

Entrega de material de aula ás familias

 

 INSTRUCIÓNS para as familias:

  • Secuenciamos a recollida da seguinte maneira:

a. Cada día poñeranse 4 franxas horarias das que informará o titor/a ás familias (Abalar, tfno., email…).

10:00 a 11: 00 h 11:00 a 12:00 h. 12:00 a 13:00 h. 13:00 a 14:00 h.

 

b. As familias esperarán fóra do edificio, pero dentro do recinto escolar. 

Entrarán pola porta principal de entrada do centro. Solo poderá entrar unha familia de cada grupo á vez. As familias nas subidas e baixadas gardarán a distancia de seguridade de 2 metros e deberán acudir con mascarilla.

  • Os de infantil baixarán pola escaleira frente a administración
  • Os de Primaria subirán e baixarán pola escaleira frente administración.
  • O profesorado esperará na aula coa porta aberta.

Fernando encontrarase na conserxería e coordinará as subidas e baixadas das familias, de modo que cando unha familia marche, avisará a Fernando e este daralle paso á seguinte familia dese grupo que estará esperando no xardín.

 

c. As familias NON poderán vir cos nenos/as ao colexio e debrán traer as súas propias bolsas para levar o material, así como o seu bolígrafo para calqueira trámite a realizar.

 

d. As familias que teñan fillos en varios cursos poderán, nalgúns casos, recoller todo o material das aulas o mesmo día, pero iso é importante que o comuniquen as titoras/es para poder organizalo. 

 

e. Se non vos é posible a recollida e entrega do material nos horarios ofertados, e precisades que outra familia o faga no voso nome é necesario que cubrades unha autorización para tal fin. 

 

 25 de maio 2020

O equipo directivo

PROGRAMA DO CONCELLO: "NINGUÉN ATRÁS"

Estimadas familias!

Informámoslles que o Concello dispón dun programa de axuda ás familias.

Nel as familias que non dispoñen de conexión a internet ou teñen problemas para facer as tarefas que dende o centro se propoñen, poden solicitar a axuda e colaboración para que o Concello lles facilite impreso o material a traballar nos seus domicilios.

O tfno. de contacto para inscribirse no programa do Concello do CMIX (Centro Municipal de Información Xuvenil) é: 981184294

AVALIACIÓN DO SEGUNDO TRIMESTRE

Estimadas familias:

O día 3 de abril, ás 14.00 horas, serán publicadas na aplicación Abalar as notas de avaliación deste curto segundo trimestre.

As notas reflicten o traballo curricular realizado ata o 13 de marzo deste ano, non sendo avaliables as propostas de traballo que o profesorado, con tanto esforzo, preparou para os vosos/as fillos/as.

Os boletíns de notas, nun principio, non poderán ser entregados ata que a actividade educativa volva a ser presencial.

Calquera nova que xurda ao longo deste tempo será comunicada ás familias vía web.

As dúbidas que teñades poderán ser consultadas de modo privado co mestre/a en cuestión ou ben a través do email do centro.

Un saúdo a todos e todas e moita paciencia. Dende o centro desexamos que pronto nos volvamos a ver.

 

A dirección

ACLARACIÓN SOBRE A 2º AVALIACIÓN

Estimadas familias:

Comunicámoslles que a segunda avaliación, que estaba prevista para os día 30 e 31 de marzo, coa conseguinte publicación de cualificacións para o próximo 3 de abril, queda aprazada temporalmente ata novo aviso.

Aproveitamos para aclararlles que as actividades propostas polo profesorado do centro aos distintos niveis, non son nin avaliables nin de obrigado cumprimento. Esperamos que sirvan como medio para manter en activo ao alumnado, pero sen ánimo de sobrecargar a ninguén.

 

A Coruña, 24 de marzo de 2020

 

A dirección

CRISE DO COVID19: PECHE DO CENTRO

A dirección do CEIP Plurilingüe Wenceslao Fernández Flórez, tendo en conta a situación de alerta nacional, e seguindo :

  • O Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.
  • As indicacións das instrucións do 13 de marzo de 2020 por parte da Consellería con respecto ás medidas a adoptar en relación coa pandemia Covid-19 para os vindeiros 14 días naturais  contados dende o 16 de marzo de 2020. 

INFORMA:

Con respecto ao proceso de admisión:

  • Suspensión de prazos administrativos das entidades do sector público, definido na Lei 39/2015, de 1 de octubre, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. O cómputo dos prazos reanudarase no momento en que perda vixencia o presente real decreto ou, no seu caso, as prórrogas do mesmo. 
  • Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases. Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática.

 

Con respecto á presenza de persoal docente no centro:

  • Suspéndese a actividade educativa presencial en tódolos centros e etapas, ciclos, graos, cursos e niveis de ensinanza contemplados no artígo 3 da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.
  • Durante o período de suspensión manteranse as actividades educativas a través das modalidades a distancia e «on line», sempre que resulte posible.

 

Con respecto á atención do alunado:

  • Temos publicado na nosa web as canles de comunicación e información co alumnado e as familias a través das ferramentas ou plataformas coas que se traballa habitualmente. Ao mesmo tempo o profesorado facilitará, na medida do posible,  propostas de actividades para que o alumnado continúe co seu proceso educativo nos seus domicilios. 

O CENTRO EDUCATIVO, DENDE HOXE, LUNS, 16 DE MARZO DE 2020, PERMANECERÁ, POLO TANTO, PECHADO ATA NOVO AVISO

 

Medios de comunicación co centro:

 

Moitas grazas a todos/as pola vosa comprensión.

 

A Coruña, 15 de marzo de 2020

A dirección do centro

CRISE DO COVID19: COMO IMOS TRABALLAR?

Estimadas familias:

Seguindo as instrucións do 13 de marzo de 2020 da Consellería de Educación, e por mor da crise sanitaria, o alumnado do noso centro poderá continuar co seu proceso de aprendizaxe a través desta mesma páxina,  do seguinte xeito: 

  • Educación Infantil: A través da aula virtual e o blog.
  • 1.º de Educación Primaria: A través de Abalar móbil e uso do blog “jugandoyaprendiendoen1c”
  • 2.º de Educación Primaria: Realizar traballo entregado polas titoras. Información puntual por Abalar.
  • 3.º de Educación Primaria: Realizar tarefas programadas e seguimento por Abalar.
  • 4.º de Educación Primaria: Comunicación a través de Abalar móbil e aula virtual.
  • 5.º de Educación Primaria: Páxina web e aula virtual de 5.º. Puntualmente Abalar.
  • 6.º de Educación Primaria: A través do blog Raparigos “rapacinos2. blogspot.com” e a páxina web.
  • Relixión: Aula virtual da web e Abalar móbil.
  • English: Realización de tarefas entregadas e comunicación a través de Abalar e web do centro (creación aula virtual de inglés).
  • Música: Aula virtual e web do centro

INFORMACIÓN SOBRE O PECHE DOS CENTROS POLA CRISE SANITARIA

Seguindo as indicacións da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia, o CEIP Plurilingüe Wenceslao  Fernández Flórez suspenderá as actividades lectivas de modo oficial o luns 16  de marzo de 2020, e de xeito recomendable a partir de mañá 13 de marzo de  2020, durante 14 días; non obstante, mañá o centro permanecerá aberto.  

Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, comedor e servizo de madrugadores.  

Ao longo destes 14 días, o centro utilizará a páxina web do centro para informar e comunicar ás familias de todas as novas que sexan do voso  interese.  

Ao mesmo tempo, ao longo destes días, o profesorado do centro determinará cal é a canle máis axeitada para programar actividades relacionadas cos  contidos curriculares, para que o seu alumnado as poida realizar no seu  domicilio, e fará o seu seguimento, pero non terán carácter de avaliables.  

A Coruña, a 12 de marzo de 2020

A dirección 

Distribuir contido


by Dr. Radut