Skip to Content

Circulares informativas

Circular inicio de curso 2023/24

A través desta circular informativa dámosvos a benvida a este curso 2023/24.

Instrución 2/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Instrución 2/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria para o curso 2022-23.

 

Obras no edificio de educación infantil

Nestas imaxes podedes ver como quedou o edificio de educación infantil logo das obras desenvolvidas ao longo dos últimos días.

Entrada EI

Edificio EI

Xornadas de portas abertas IES A Sardiñeira

Xornadas de portas abertas IES A Sardiñeira

Xornadas de portas abertas

Desde o CEIP Plurilingüe Wenceslao Fernández Flórez propoñemos os luns 6 e 13 de febreiro, de 16:15 a 18:00 horas, como xornadas de portas abertas para as familias.

A dirección.

Alumnado de 6º EP: reserva de praza para 1º ESO

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 16 de xaneiro de 2023 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

O prazo de solicitude abranguerá do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro do 2023, ambos incluídos.

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado

(https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

Normativa de aplicación:

Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, ese regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Anexo I (modelo solicitude).

Convocatoria municipal actividades socioculturais nos centros cívicos

Convocatoria municipal actividades centros cívicos

Realizarase preferentemente on line  mediante o Formulario de preinscrición en actividades (coruna.gal) on line   e en caso de non ter acceso a Internet ou non saber desenvolverse,  chamando ao siguinte número de teléfono: 881 150 637Este non é un teléfono de atención. Só serve para anotarse nas actividades.

Actividades CCM San Diego

Actividades CCM Monelos

Campamentos urbanos de Nadal

CAMPAMENTOS URBANOS DE NADAL 2022 NOS CENTROS CÍVICOS MUNICIPAIS dirixidos a menores nados entre o 1/1/2010 al 31/12/2018

PARA PODER PARTICIPAR: Facer a preinscrición o 1, 2 ou 3 de decembro de 2022 ben on line na web municipal www.coruna.gal/serviciossociais ou no teléfono 613 37 19 73 (horario de atención telefónica de 9.00 a 20.00 h).

Actividades nos centros cívicos municipais de Mesoiro e Monelos

Infórmase das seguintes actividades a desenvolver nos centros cívicos municipais de Mesoiro e Monelos:

Cambios corporais nas mozas e mozos.

Visita Pazo Municipal.

O maltrato e a violencia entre os/as mozos/as na época de internet.

 

Candidaturas de nais e pais para o Consello Escolar

RELACIÓN DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS NO SECTOR DE PAIS E NAIS DO ALUMNADO

Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección de representantes de nais, pais e/ou titores/as legais do alumnado no Consello Escolar do centro, segundo  convocatoria do día dous do mes en curso, a Xunta Electoral deste colexio fai pública a relación de nomes das persoas candidatas que se presentan á referida elección, segundo se indica por orde alfabética de apelidos neste documento.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut