Skip to Content

Contos na lareira

CONTOS NA LAREIRA: REGUEIFAS E TRADICIÓN ORAL GALEGA

21/05/2019 12:48

O martes visitounos unha mamá de un alumno de 4º de primaria para falarnos das regueifas e outras formas de tradición oral propias de Galicia. 

Os alumnos coñeceron máis sobre estas fontes de información e terminaron a sesión coa lectura dun libro, que gustoulles moito!!

Moitas grazas a todos os familiares que participan neste tipo de actividades!

Álbum: Biblioteca -> Contos lareira 4º

XURXO SOUTO

O xoves 11 de abril visitou a nosa biblioteca Xurxo Souto para contar historias e lendas ao alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria!

Xurxo é amigo de dous alumnos, Xoán de 6º A e Lois de 4º B.

É un grande contador de historias. Apaixónalle escoitar e aprender. Transmite con intensidade as historias que lle contan os mariñeiros e mariñeiras desta nosa terra e el, como terrícolo, como el di, vai recollendo nos seus libros “Contos do mar de Irlanda”, “A gran travesía de Chiruca Macallás”, “O retorno dos homes mariños”,”Tres trebóns”, “Contos da Coruña”, “A terra Queima”, “Materia prima”…

Contounos moitas lendas sobre o mar da Coruña que non sabiamos, deunos un mapa da nosa costa no que aparecen nomes que só coñece a xente do mar. Tocou a buguina e o acordeón.

Os seus amigos déronlle un pequeño agasallo de parte do colexio. Asinounos dous exemplares que podedes ver na biblioteca.

Pasámolo xenial e aprendimos un montón!

Moitas grazas por vir de forma desinteresada!

Volve cando queiras!!

Medre o mar!

CONTOS NA LAREIRA:O PAPÁ DE MIGUEL

Onte Miguel, papá de Miguel da clase dos Cabaliños de 4 anos, veu ao cole para que xuntos puideran contar a todos os seus compañeiros os contos "Quitiquín" e "Los pitufos".

CONTOS NA LAREIRA:O PAPÁ DE MIGUEL

CONTOS NA LAREIRA:O PAPÁ DE MIGUEL

 

Pasaron todos un ratiño estupendo ao calor da nosa lareira.

Moitas grazas pola visita!!

"¿A QUE SABE LA LUNA?", "CARABUÑAS", E CONTOS CLÁSICOS.

Hoxe os nenos e nenas de 4 anos gozaron coas historias que as mamás de Vera e Valentina viñeron a contarnos. 

 

Moitas grazas as dúas por compartir o voso tempo con nós!

 

 

"EL LIBRO DE LA SELVA" E "UN DESASTRE DE BRUJA"

Esta semana os nenos e nenas dos Cabaliños, de 4 anos A, achegáronse a nosa lareira a escoitar varios contos, os que contoulles Eduardo, o papá de Maia, e o que contou María, a avoa de Manuel.

Moitas grazas pola visita!! Ata outra!!

"PACO PAPÁN"

Hoxe os peques de 3 anos acudiron de novo a nosa lareira para escoitar un novo conto.

Esta vez os contacontos foron Claudia F. e o seu avó, Xocas, que interpretaron para todos a historia de "Paco Papán".

Aos nenos e profes gustoulles moito, estiveron moi atentos as aventuras deste neno tan lacazán. 

Moitas grazas pola visita, Xocas! 

CORRE, CORRE CABACIÑA E LA OVEJITA QUE VINO A CENAR

A nosa lareira está moi concurrida, xa que os peques de infantil acuden alí cos compañeiros para escoitar as fantásticas historias que as familias veñen a contarnos.

Neste caso contáronnos "Corre, corre cabaciña" e "La ovejita que vino a cenar".

Moitas grazas a Patricia, curmá de Valentina, e a David, papá de Daniela, por compartir este ratiño con nós.

PACO Y EL ROCK

O pasado venres a nosa lareira voltou a encherse de historias e música da man de Brais, o papá de Xoel de 3 anos A. 

Contounos o conto "Paco y el rock" co que repasamos moitos instrumentos e algún ata animouse a tocalos!!

Moitas grazas pola visita!

O COELLIÑO BRANCO

Inauguramos a nosa lareira!

En 3 anos, achegáronse ao caloriño do lume para recibir a María, nai de Breogán da aula de 3 anos B.

Entre os dous, nai e fillo, agasállaronnos  co conto "O COELLIÑO BRANCO" ( Kalandraka) e non tedes máis que mirar as caras dos nenos e nenas para comprobar o que nos gustou a todos.

Grazas por compartir esta actividade con todos nós.

Esperamos novas visitas!!

contos lna lareira

contos na lareira2

Distribuir contido


by Dr. Radut