Dende o centro educativo poñémonos en contacto con vostedes para comunicarlles que foi publicado no DOG Núm 96 do martes, 19 de maio de 2020, a apertura do prazo para a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar.
Debido á situación producida polo COVID-19, debemos de establecer unhas INSTRUCIÓNS que nos permitan unha adecuada coordinación entre o centro e as familias e tramitar as solicitudes de forma ordenada e segura con garantías sanitarias e de hixiene.
Por iso mesmo informamos sobre as pautas a seguir e solicitamos da súa colaboración, para que poida desenvolverse o proceso coa maior normalidade posible.
INSTRUCIÓNS
Prégase a presentación telemática de forma preferente tal e como se dispón na Orde seguindo os pasos alí indicados.
De non ser posible, entregarase no colexio presencialmente. Nese caso, e a efectos de evitar aglomeracións, haberá un sistema de CITA PREVIA para acudir ao centro e entregar as solicitudes.
HORARIO CITA PREVIA
Para concertar a cita chamen de 10.00 a 13.30 horas ao teléfono: 663 820 640.
As solicitudes presentaranse do seguinte xeito:
- Do 20 ao 25 de maio, solicitudes de varios irmáns matriculados no centro.
- Do 26 ao 29 de maio, alumnado que cursará 1.º e 2.º
- Do 1 ao 5 de xuño, alumnado que cursará 3.º e 4.º.
- Do 8 ao 12 de xuño, alumnado que cursará en 5.º e 6.º.
- Do 15 ao 18 de xuño, alumnado que se matricule no Instituto. No caso de que saiban se están admitidos deberá tramitarse no Instituto
O PRAZO COMEZA O 20 DE MAIO E REMATA 0 19 DE XUÑO
DOCUMENTACIÓN NECESARIA (artigo 12 da Orde do 12 de maio do 2020).
*Nos casos nos que exitan dúbidas acerca da cumprimentación do formulario, chamen ao 881 960 302.
FORMULARIOS
Pódense descargar nesta mesma páxina ou recollelos en conserxería.
Horario de recollida de formularios: De 10.00 h a 13.00 h.
RECOMENDACIÓNS SANITARIAS
Recoméndase empregar mascarillas e usar bolígrafo propio no momento da entrega da documentación.
ENLACES DE INTERESE
Presentación telemática
Formulario ED330B
DOG Núm 96, do martes, 19 de maio de 2020.