Skip to Content

Actividades Complementarias e Extraescolares

9 de maio: Día de Europa

Sabías que o 9 de maio naceu da PAZ? Siii!!!

En 1945 terminou a Segunda Guerra Mundial. Foi un terrible episodio de destrucción. Como podían evitar os líderes dos países europeos que volvese ocorrer unha cousa así? Un francés, Jean Monnet,  reflexionou e decatouse de que había dúas cousas que un país necesitaba para empezar unha guerra: ferro, para producir aceiro e fabricar armas, tanques, bombas… e carbón para que as fábricas e o ferrocarril funcionasen. Se os líderes francés e alemán se puxesen dacordo para deixar de controlar a industria do carbón e do ferro e permitisen dirixila a persoas de toda Europa, conseguirían que todos se sentasen a falar arredor dunha mesa e non habería máis guerras. Falou disto con Robert Schuman, ministro do Goberno francés e pareceulle que era unha idea brillante, anunciándoa nun discurso o 9 de maio de 1950. A esta iniciativa se lle foron sumando varios países ata que chegamos hoxe en día a ser 27 países os integrantes da Unión Europea.

Pero… que sabes de Europa?

Accede a https://europa.eu/learning-corner/home_es
e aprende con xogos, concursos e libros de actividades.

Europa ten a súa PROPIA BANDEIRA E O SEU PROPIO HIMNO, a “ODA Á ALEGRÍA” tema principal do cuarto movemento da Novena Sinfonía de Beethoven. O texto orixinal está en alemán, pero cando se emprega como himno europeo elimínanse as palabras e se deixa só a melodía.

Escoitade unha versión en galego interpretada pola banda “Heicho cantar”


ESCOITA AMIGO A CANCIÓN DA ALEGRÍA
O CANTO ALEGRE DO QUE ESPERA UN NOVO DÍA
VEN, CANTA! SOÑA CANTANDO, VIVE SOÑANDO UN NOVO SOL
EN QUE OS HOMES ERGUERÁN XUNTOS OS BRAZOS
VEN, CANTA! SOÑA CANTANDO, VIVE SOÑANDO UN NOVO SOL
EN QUE OS HOMES ERGUERÁN XUNTOS OS BRAZOS
SE O TEU CAMIÑO SÓ CONDUCE Á TRISTEZA
É UN CANTO AMARGO QUE AGARDOU DETRÁS DA META
VEN, CANTA! SOÑA CANTANDO, VIVE SOÑANDO UN NOVO SON
EN QUE OS HOMES ERGUERÁN XUNTOS OS BRAZOS
VEN, CANTA! SOÑA CANTANDO, VIVE SOÑANDO UN NOVO SON
EN QUE OS HOMES ERGUERÁN XUNTOS OS BRAZOS

Día internacional contra o Acoso Escolar

Stop Bullying

O 2 de maio celébrase o Día Internacional contra o Acoso Escolar, co obxectivo de concienciar sobre o risco do acoso escolar e o bullying nos nenos/as e xente nova a nivel mundial, así como buscar os mecanismos para evitar este mal, que hoxe, se convertiu nun terrible perigo para a poboación infantil e xuvenil.

QUE É MALTRATAR?

Debes saber que o maltrato entre iguais consiste en que un alumno, unha alumna ou un grupo deles ataca, amola, molesta… a outro compañeiro ou compañeira unha e outra vez, de maneira reiterada, con intención consciente de causarlle dano ou medo, aproveitándose do desequilibrio de forza entre eles e tratando de que as persoas que poden axudar a vítima non se dean de conta. Normalmente, nestes casos de maltrato, a vítima non provoca ao agresor ou agresora, e non pode ou non sabe defenderse, porque se sente débil física e moralmente.

Situación de maltrato

Os casos de maltrato presentan moitas e variadas formas, case sempre combinadas unhas coas outras:

 ● Físico.
 Directo: dar patadas, puñazos, agresións con obxectos…
 Indirecto: agachar cousas, cambialas de sitio, roubalas…

● Verbal:
 Directo: vocear, burlarse, insultar, poñer alcumes…
 Indirecto: falar mal de alguén ás súas costas insistentemente, facer que escoite de “casualidade”, pintadas no encerado, enviarlle cartas ou mensaxes ao móbil…

● Relacional: Son accións encamiñadas a rebaixar a persoa e fomentar a sensación de inseguridade e temor.
 Directo: exclusión deliberada de actividades, impedir a súa participación…
 Indirecto: deixar a vítima soa no patio, facer parellas ou grupos na clase sen contar con esa persoa…

 

MIRA ESTE VÍDEO: “Osynlig, a chica invisible”.

Que lle pasa á chica?

Que tipo de maltrato sofre?

Por que?

Que farías ti para axudala?

Aínda que non saibas sueco, que cres que pon ao final? Investiga a ver se acertaches.

RECORDA…

Trata aos demais como che gustaría que te tratasen a ti

7 de abril, día Mundial da Saúde

No ano 1948 a Asemblea Mundial da Saúde proclamou o 7 de abril como día Mundial da Saúde. Esa data foi escollida en conmemoración da Organización Mundial da Saúde (OMS) e coa necesidade de crear conciencia sobre as enfermedades mortales mundiais e crear hábitos sans nas persoas. 

Cada ano escóllese un lema. O deste ano 20201 é:

”CONSTRUÍR UN MUNDO MÁIS XUSTO E SAUDABLE”

En 2020, o Día Mundial da Saúde sorprendeunos en pleno confinamento estricto decretado na maioría dos países do mundo, debido á grave pandemia de COVID-19.

Está claro que a pandemia de coronavirus afectou máis directamente ás poboacións máis pobres e que tiñan uns servizos sanitarios máis deficientes. Esta circunstancia non só é inxusta, senón que tamén é evitable.

Anímase aos países e gobernantes a que loiten por acabar con estas desigualdades para que todos poidamos saír xuntos desta crise sanitaria, coas mesmas oportunidades.

Día internacional da Muller - Traballos do alumnado

A continuación tedes unha mostra de varios traballos de aula realizados polo alumnado do noso cole conmotivo da celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller:

Se non visualizas ben o vídeo, preme nesta ligazón

 

Traballo do 8m - Segundo A

 

Se non visualizas ben o vídeo, preme nesta ligazón

 

Se non visualizas ben o vídeo, preme nesta ligazón

 

 

Podes ver outros traballos na galería da páxina web, no album "8 Marzo - Día internacional da Muller" :

Captura da galería da web

 

15 de marzo: Día dos Dereitos do Consumidor

Todos e todas mercamos cousas no noso día a día, verdade? Pero a cuestión é: Necesitamos todas?

Como consumidores/as debemos ser responsables e mercar só o que necesitamos, xa que un exceso de produtos, ademais do gasto económico que acarrea ás nosas familias, xenera malgasto e contaminación.

Cando botamos comida ao lixo, pasa isto:

Despilfarro alimentario

 

Cando imos mercar, que debemos mirar na etiqueta?

12 cuestións sobre etiquetado dos alimentos

 

Cales son os nosos dereitos como consumidores/as?

Dereitos como consumidores

 

Dende pequenos/as apañámonos de sobra con cousas que non son mercadas. 

Recordas cando xogabas cunha caixa en vez do xoguete que traía dentro? Ilusiónache xogar con paus, follas, piñas, pedras que atopas no parque? Constrúes casas, garaxes, parques, cidades con cousas que tes por casa? Reciclas rolos de papel, botes, cartóns… para construír xoguetes? Desta forma desenvolves a imaxinación e consegues crear unha peza única e túa.

Le este conto e coméntao na clase:

https://www.youtube.com/watch?v=7NandhJED_Q

Portada libro "Un agasallo diferente"

 

Coñeces os xogos tradicionais aos que xogaban os teus pais, avós, tíos...? Pregúntalles a que xogaban e con que xogaban e mándao a musicawff@gmail.com para que todos os coñezamos!! DATA LÍMITE: 26 DE MARZO. GRAZAS!!!

 

EXTRA!! EXTRA!!! CHEGA A SEMANA DA PRENSA!!!

Do 8 ao 12 de marzo celebramos a Semana da Prensa na escola, xa que aparece dende o ano 1989 na Orde do Calendario Escolar.

Un día desta semana traballaremos con xornais.

Cales son as novas do día? Podedes velas nas portadas, onde se amosan os grandes titulares. Mirade estes exemplos da prensa galega:

Semana da prensa - La Opinión

Semana da prensa - La Region. La Voz

 

Pero... que pasaría se non houbese novas? Mirade “O día no que a BBC quedou muda”:

 

 

8 de marzo: “Día Internacional da Muller”

Por que se elixiu ese día?

A explicación más verosímil remóntase a mediados do século XIX, en plena revolución industrial. O 8 de marzo de 1857, miles de traballadoras textiles decidiron saír ás rúas de Nova Iorque co lema 'Pan e rosas' para protestar polas míseras condicións laborais e reivindicar un recorte do horario e a fin do traballo infantil.
Foi unha das primeiras manifestacións para loitar polos seus dereitos, e distintos movimentos, sucesos e mobilizacións (como a folga das camiseiras de 1909) sucedéronse a partir de entón. O episodio tamén serviu de referencia para fixar a data do Día Internacional da Muller no 8 de marzo.
O Día Internacional da Muller do 8 de marzo foi declarado polas Nacións Unidas en 1975. Dous anos máis tarde convertiuse no Día Internacional da Muller e la Paz Internacional.
En España celebrouse por primeira vez en 1936.
Le este poema tan fermoso:

 

Poema de María Jesús González

 

RECORDADE QUE PODEDES PARTICIPAR DENDE AS VOSAS CASAS NO CONCURSO “QUEN É II” 

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipwenceslaocorunha/taxonomy/term/197

30 DE XANEIRO, Día Escolar da non Violencia e da Paz

Como todos os anos, chegou o 30 de xaneiro, un día moi especial. 

Aínda que este ano, desgraciadamente, non nos puidemos xuntar todos no patio para celebralo, podedes ver e escoitar unha canción cantada por todos:” I’ve got peace in my fingers”. 

 

POR QUE SE CELEBRA O 30 DE XANEIRO O “DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E A NON VIOLENCIA”?

Esta xornada celébrase dende 1964 e xa está recoñecida pola ONU dende 1993.

Nesa data conmemórase a morte de Mahatma Gandhi, líder nacional e espiritual da India, asasinado a tiros en 1948 por un integrista hindú. 

Gandhi

O Día Escolar da Non-violencia e a Paz foi declarado por primeira vez en 1964. Neste día, os colexios e centros convírtense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión. 

A mensaxe básica deste día é: “Amor universal, Non-violencia e Paz”. O Amor universal é mellor que o egoísmo, a Non-violencia é mellor que a violencia e a Paz é mellor que a guerra’. 

 

24 de xaneiro: Día Internacional da Educación

Día da Educación celébrase no mundo dende tan só o 2019, e como o resto de Días Mundiais, ten como obxectivo visibilizar e sensibilizar á sociedade sobre temas de gran transcendencia, neste caso, sobre o dereito á educación. Na Orde do Calendario escolar do curso 2020-2021 da Consellería de Educación aparece por primeira vez esta conmemoración.

Tal e como dicta a páxina oficial da ONU: «A educación é a base para unha sociedade xusta, igualitaria e autosuficiente»

O dereito á educación está consagrado no artigo 26 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, no Artigo 27 da Constitución Española e no dereito 7 da Declaración dos Dereitos Humanos da Infancia.

O tema de 2021 non podía ser outro que “Recuperar e revitalizar a educación para a xeración COVID-19”, baseándose en 3 pilares: nos heroes da educación, na necesidade de innovar para non permitir que ningún neno/a quede sen educación, e na importancia de conseguir financiación para que as escolas e os formadores/as sigan realizando o seu traballo.

 

Día Internacional da Educación 2021

Día Internacional da Educación 2021

10 de decembro: Día da declaración universal dos Dereitos Humanos

Que é a Declaración Universal de Dereitos Humanos (DUDH) e por que se creou?

A DUDH foi adoptada polas Nacións Unidas (ONU), que acababa de establecerse o 10 de decembro de 1948 como resposta aos “actos de barbarie ultraxantes para a conciencia da humanidade” cometidos durante a Segunda Guerra Mundial.

Son 30 dereitos aquí explicitados: https://www.ohchr.org/SP/NewsEvents/Pages/DisplayNews.aspx?NewsID=23871&LangID=S

Os Dereitos Humanos, xunto coa paz e o desenvolvemento sostible, son os tres pilares básicos sobre os que se sustentan as Nacións Unidas.

https://www.youtube.com/watch?v=iwKIcup2B1U

  

Distribuir contido


by Dr. Radut