Skip to Content

As cabazas van ao cine!

ATENCIÓN!! CHEGA O SAMAÍN 2023!


“AS CABAZAS VAN AO CINE”!!!


Un ano máis, realizaremos unha exposición de cabazas os días 30 e 31 nos corredores do colexio. Por iso necesitamos a vosa colaboración, sempre de xeito voluntario, para facelas na vosa casa e traelas o LUNS 30 DE OUTUBRO. O tema deste ano é o cine, así que podedes converter esa cabaza nun personaxe, nunha escena ou en todo o que a vosa imaxinación vos suxira!!

Ata o infinito... e máis alá!!!

O alumnado que o desexe pode vir disfrazado O MARTES 31 DE OUTUBRO, pero sen complementos, nin máscaras, nin obxectos que interrompan a marcha das clases.

Ese día, para o tempo da merenda no colexio, tamén poden traer alimentos relacionados co Samaín.

GRAZAS!

 



page | by Dr. Radut