Skip to Content

Admisión de alumnado

Listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido para o curso 2024/25

SAÍRON PUBLICADAS AS LISTAXES PROVISIONAIS DO ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO NO CENTRO.


Para visualizar as listaxes poderán facelo de forma presencial no taboleiro interior do centro, nunca vía telefónica, ou ben de forma non presencial empregando a Chave 365 ou certificado dixital da “Fabrica Nacional de Moeda e Timbre” a través da aplicación admisionalumnado.

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 5 días hábiles contados desde o día seguinte da súa publicación.

Estas reclamacións resolveranse coa publicación das listas definitivas o 15 de maio.

Admisión alumnado - Curso 2024/25

Proceso admisión

  
Documentación: 
  
 
 
 
 
 
 
 
 
 
  
 
  
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Admisión alumnado 2024/25

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2024/2025

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición (IES A Sardiñeira)

 

Prazo de presentación da solicitude de reserva do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro

 

Para máis información prema aquí:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42051

Impreso reserva de praza IES A Sardiñeira

Queres matricular ao teu fillo/a de no noso cole? Así funciona a nosa Educación infantil

E D U C A C I Ó N     I N F A N T I L

N O  W E N C E S L A O

Educación Infantil

A día de hoxe, a situación socio-sanitaria na que nos atopamos inmersos desaconsella realizar as Xornadas de Portas Abertas que tiñan lugar no noso centro en datas previas a preinscripción de alumnado de nova incorporación.

Por ese motivo axuntamos a seguinte información que esperamos sexa de utilidade á hora de resolver dúbidas que axuden a escoller o centro educativo que máis se axuste as necesidades de cada familia.

A etapa de Educación Infantil é concibida coma un todo globalizado. A mellor forma de aprender é experimentando e descubrindo por nós mesmos polo que o xogo é a base da nosa aprendizaxe. Pretendemos crear unha escola activa, participativa, integradora e comprometida coas necesidades do alumnado.

Creemos que a educación é un proceso construtivo. Potenciamos o exercicio constante da exploración e a procura de respostas. Axudámoslles a pensar, razoar e solucionar conflitos de xeito independente.

Recoñecemos as diferenzas individuais respectando as distintas necesidades, capacidades intelectuais, personalidade e ritmos de madurez. Cada un vai desenvolvendo as súas destrezas aprendendo a enfrontarse positivamente aos seus fracasos e frustracións. Procuramos que o/a neno/a sexa capaz de aceptarse a si mesmo.


¿Que aprendemos?

Linguaxe:
Damos a coñecer aos nenos/as as funcións da linguaxe tanto oral coma escrito co fin de iniciarse na aprendizaxe da lecto-escritura. A nosa meta é axudar ao alumnado a empezar a ler de xeito comprensivo a través de actividades lúdicas e dinámicas.

Lóxica:
Achegamos ao alumnado ao coñecemento dos obxectos, ao descubrimento das súas propiedades e finalmente á representación matemática das mesmas. O desenvolvemento da observación, a intuición, a creatividade e o razoamento lóxico son principios básicos sobre os cales se constrúe o pensamento matemático.

O mundo que nos rodea:
    Consideramos que o coñecer, explorar e  amar a natureza e a comunidade que nos rodea. Inspiran a creatividade, a tolerancia e abren as portas da “imaxinación”.

A psicomotricidade:

A estimulación psicomotriz nos nenos/as en idades temperás resulta moi beneficioso para o seu desenvolvemento físico e psicolóxico. A psicomotricidade vai facilitar a adquisición do esquema corporal permitindo que o neno/a sexa consciente do seu propio corpo, favorece o control muscular e axuda ao neno/a domine o seu corpo e movementos con maior facilidade; contribúe a perfilar o control postural, a lateralidade, o equilibrio, a coordinación e o sentido do espazo; estimula a percepción e exploración do entorno; axuda a que se oriente no espazo e no tempo; propicia as relación sociais e estimula a expresión emocional.

Plurilingüísimo:

Como centro plurilingüe que somos, desde os 3 anos temos un proxecto de inmersión en inglés que axudará a desenvolver a comprensión e expresión oral. Áreas Implicadas:

  • INGLÉS: o horario semanal da área de lingua inglesa é segundo a Orde de 25 de xuño de 2009 dunha hora semanal.
    O noso proxecto contempla 2 sesións semanais de 50 minutos antes/despois do recreo que se reparten do seguinte xeito: 30 minutos da área propiamente dita en inglés e a continuación a merenda  durante 20 minutos no que aproveitamos para desenvolver a lingua nunha situación  real de comunicación: fórmulas de cortesía, peticións, vocabulario específico da alimentación, hixiene, etc.
  • INFORMÁTICA: 1 sesión semanal de 50 minutos na aula de informática. Na hora de informática os/as nosos/as alumnos/as familiarizaranse co ordenador, tablets e scornabots. Usarán diferentes aplicacións e poderán afondar na aprendizaxe das diferentes áreas do currículo pero usando sempre a lingua estranxeira.
  • MÚSICA: 1 sesión semanal de 50 minutos na aula propia de cada grupo en 3 e 4 anos, e na aula de música en 5 anos. Coñecerán vocabulario e conceptos propios do currículo da área de música en inglés. Sen esquecer a tradición musical de Galicia,  poñerase especial atención ás músicas do mundo de fala inglesa.

 Imaxe da video-visita

Preme na imaxe para ver a vídeo-visita.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut