Este trimestre, nas clases de Plástica CLIL (3º e 4º EP), inspirámonos na artista Yayoi Kusama para realizar varias propostas artísticas.
Invitamos a todo o alumnado e profesorado do centro a participar nunha instalación interactiva que trataba de recrear o traballo de Yayoi Kusama na Tate Gallery de Londres. A proposta consistía en transformar un pequeno espazo en branco no corredor do colexio, nun mar de puntos de cor.