Skip to Content

Circulares informativas

RESERVA DE PRAZA NO I.E.S. SARDIÑEIRA

Á ATENCIÓN DAS NAIS, PAIS E/OU TITORES LEGAIS DO ALUMNADO DE SEXTO CURSO DE ED. PRIMARIA DESTE CENTRO.

De acordo co establecido na Orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Do 12  de marzo de 2013 (DOG do 15) pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado nos centros sostidos con fondos públicos, comunícolles o seguinte:

1. Aos efectos da continuidade de estudos do actual alumnado de sexto curso que promocione á etapa de educación secundaria obrigatoria, este Centro está adscrito ao IES Sardiñeira.

2. A circunstancia de estar este Centro adscrito ao citado IES supón que o noso alumnado terá prioridade para a admisión.

3. As familias que no vindeiro curso 2019-20 desexen que os seus fillos cursen os estudos no referido instituto deberán presentar no noso Centro, entre os días 1 e 15 de febreiro, o modelo de solicitude debidamente cuberto que se xunta a este escrito (anexo I da Orde do 12 de marzo de 2013). O alumnado deberá entregar as solicitudes, debidamente cumprimentadas, ao titor/a.

           Se vostedes o prefiren, tamén poden realizar a reserva directamente na aplicación admisionalumnado, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

4. A reserva ten carácter vinculante e será incompatible coa presentación da solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo ordinario de presentación de solicitudes de admisión. A presentación de solicitude noutro centro dará lugar a perda de prioridade.

5. O alumnado deberá formalizar a matrícula no IES entre o 25 de xuño e o 10 de xullo.

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR: RELACIÓN DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS NO SECTOR DE PAIS E NAIS DO ALUMNADO

Adxuntamos a circular informativa do 19 de Novembro do 2018, na que se presentan a relación de candidaturas ao Consello Escolar para a elección de pais/nais ou representantes legais do alumnado. 

CONTOS NA LAREIRA

Coincidindo coa Semana da Literatura da Tradición Oral o equipo de Biblioteca propón comezar coa actividade: "Contos na Lareira".

Para levala a cabo precisamos da colaboración das familias (pais, nais, avós, tíos, veciños...), para achegarse ao cole para ler, contar, cantar... contos, cantos, lendas, romances, regueifas, refráns..

Se vos apetece participar podedes contactar co equipo a través do correo do centro ceip.wenceslao.corunha@edu.xunta.es ou chamando ao cole no seguinte horario: martes, mercores e venres 10:40-11.30 ou xoves 9:50-10:40 horas. 

Animádevos!!

DÍA NON LECTIVO

Comunicámosvos que o venres, 2 de novembro de 2018, non haberá clases por dicisión do Consello Escolar do centro, atribución que lle dá a Xunta de Galicia a todos os centros que teñan un ou dous días de festas locais coincidentes con días non lectivos.

Distribuir contido


by Dr. Radut