Síguenos nas redes sociais!
AVISO IMPORANTE DE OBRAS NO CENTRO
Estimadas familias:
A partir do luns 17 de Febreiro van empezar os arranxos na cuberta de Educación Infantil.
Mentres duren as obras, o acceso ao edificio de Educación Infantil farase pola porta branca que se atopa no patio grande de Educación Primaria. Faremos unha fila única (3 e 4 anos xuntos).
Esta fila estará pegada ao edificio de Educación Infantil; xa dentro do edificio as mestras distribuirán ao alumnado para as súas aulas correspondentes.
As entradas e saídas serán por esa porta ata novo aviso. Desculpade as molestias que poidan ocasionarse e aproveitamos para mandarlles un saúdo.
As mestras de Educación Infantil