Skip to Content

REUNIÓNS DE INICIO DE CURSO 20/21

REUNIÓNS DE TITORES NO MES DE SETEMBRO

As reunións de titorías con pais/nais/titores/as legais de principio de curso tiveron que ser modificadas con respecto ao planificado en xuño, para adaptarnos as recomendacións sanitarias.

Serán nas aulas de cada curso nas seguintes datas, aínda que as horas son xerais para todo o grupo. Cada titora/titor contactará con vós (vía abalarmóbil ou teléfono) para concretarvos a quenda que vos corresponde. 

Lembrade que só poderá acudir un adulto por familia, non poderán acudir alumnos, e precisarase máscara. 

 

  • 4º Educación Infantil: Día 4 de setembro, ás 10.00 h

  • 5º Educación Infantil Día 4 de setembro, ás 11.15 h

  • 6º Educación Infantil Día 4 de setembro, ás 10.00 h

  • 1º Educación Primaria Día 4 de setembro, ás 11.15 h

  • 2º Educación Primaria Día 4 de setembro, ás 12.30 h

  • 3º Educación Primaria Día 4 de setembro, ás 10.00 h

  • 4º Educación Primaria Día 3 de setembro, ás 10.00 h

  • 5º Educación Primaria Día 3 de setembro, ás 11.15 h

  • 6º Educación Primaria Día 3 de setembro, ás 12.30 h

 

Moitas grazas pola vosa colaboración. 

 



page | by Dr. Radut