Skip to Content

Comunicación sobre a recomendación do uso de máscaras nos patios

Estimadas familias:

A Consellería de Educación, xunto coa Consellería de Sanidade, vén de publicar no portal educativo que "deixa de recomendar o uso das máscara nos espazos ao aire libre nos centros educativos" dende o luns 21 de marzo de 2022.

É por iso que, dende o noso centro, solicitamos que aquelas familias que queiran seguir a recomendación da Consellería de Educación traian ao colexio unha funda identificada co nome e curso do alumno/a para que poidan gardar a máscara durante o recreo, para evitar así o deterioro ou perda da mesma ou a súa manipulación por parte doutro/a alumno/a.

O alumnado poderá retirar as máscaras e gardala na funda no momento en que estean no patio do colexio e deberánpoñela no intre de colocarse nas filas para subir ás aulas.

Atentamente,

A dirección

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/36524



page | by Dr. Radut