Skip to Content

"SI NOS NECESITAS, CUENTA CON NOSOTROS" DA POLICÍA NACIONAL

Como moitos sabedes o noso centro participa no proxecto da Policía Nacional "Plan Director".

Neste momento tan especial que tócanos vivir, dende a súa Delegación de Participación Cidadá, contactan con nós para recordarnos que trala aprovación da medida que permite as nenas e nenos dar un paseo durante unha hora ao día, nas proximidades do seu domicilio, aliviouse dalgún xeito, unha situación non exenta de moito esforzo. Un esforzo que ten que manterse e que se fundamenta na solidaridade.

Para seguir contribuíndo na labor formativa, para que o colectivo infantil teñan unha imaxe fiel da labor que está levando a cabo a Policía Nacional, así como que o alumnado poda coñecer o seu traballo e algunhas nocións preventivas que é importante lembrar, particularmente no referido a rede,  envíannos este vídeo: 

 



page | by Dr. Radut