Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
Procedemento corrector de condutas
No marco da Estratexia galega de convivencia escolar 2015-2020, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria proporciona aos centros docentes unha ferramenta para desenvolver o procedemento corrector de condutas contrarias ás normas de convivencia, que guía a actuación do profesorado nestes casos. Esta ferramenta consta dunhas orientacións que pretenden dar resposta ás cuestións máis frecuentes que se formulan os centros cando se enfrontan a unha situación desta índole, e uns modelos normalizados que recollen o procedemento que cómpre seguir para a súa tramitación. Acompáñanse estes dous documentos cun mapa gráfico que ilustra todo o proceso.
Asimesmo, ponse a disposición dos centros educativos unha versión actualizada do protocolo xeral de prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar. Tanto o documento como os anexos que o acompañan, pretenden facilitar e axilizar a súa posta en práctica, recollendo estratexias de prevención e de actuación, así como a lexislación relativa a todo o procedemento.
-
Aclaración
Respecto das dúbidas xeradas pola recente entrada en vigor da "Ley 39/2015 del procedimiento administrativo común de las administraciones públicas", que establece no seu artigo 90.3 sobre especialidades na resolución dos procedementos sancionadores que:
"3. La resolución que ponga fin al procedimiento será ejecutiva cuando no quepa contra ella ningún recurso ordinario en vía administrativa [...]"
e o seu encaixe co previsto no artigo 25.8 da Lei 4/2011, de 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa:
"8. A resolución da persoa titular da dirección do centro pon fin á vía administrativa e será inmediatamente executiva. Contra a resolución da persoa titular da dirección do centro cabe instar a revisión ante o Consello Escolar no prazo de dez días lectivos nos termos previstos na alínea f) do artigo 127 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación."
sinálase que, tal e como se especifica na exposición de motivos da Lei 4/2011:
"É no procedemento de aplicación das medidas correctoras onde máis profunda é a reforma que esta lei leva a cabo. Nela combínase o principio de que estas medidas teñen un carácter educativo que se frustra se non existe inmediatez entre a súa aplicación e a conduta que se pretende corrixir co imprescindible respecto dos dereitos e garantías de defensa do alumnado."
Polo tanto non procede entender o procedemento de corrección de condutas contrarias á convivencia como un procedemento sancionador da administración pública senón como un proceso re-educativo e corrector no que, non obstante, por asimilación, se adoptan medidas similares pero non idénticas ás establecidas no procedemento administrativo común, cunha vontade garantista. Non se pode perder de vista a necesidade de inmediatez das correccións, que, dilatadas no tempo perden a súa efectividade no proceso educativo.
Así, ao carecer desta natureza sancionadora, tratandose dun proceso propiamente educativo, as medidas correctoras impostas, de conformidade coa Lei 4/2011, son inmediatamente executivas.
-
Procedemento corrector de condutas contrarias ás normas de convivencia, adaptado ás Leis 39/2015 e 40/2015
-
Protocolo educativo para a prevención, detección e tratamento do acoso escolar e ciberacoso (pdf)
Protocolo de Urxencias Sanitarias
As actuacións en urxencias sanitarias e a atención nos procesos e condicións de saúde que afectan ao alumnado por un tempo prolongado ou ao longo de toda a súa vida, son claves na construción dun clima escolar pacífico, positivo e respectuoso coa diversidade. No marco da Estratexia Galega para a Convivencia Escolar, ponse a disposición da comunidade educativa galega un Protocolo básico que será paulatinamente complementado por diferentes Addendas.
- Protocolo de Urxencias Sanitarias e enfermidade crónica (pdf)
- Protocolo de Urgencias sanitarias y enfermedad crónica (castellano) (pdf)
- Addenda de diabete (pdf)
- Adenda de diabetes (pdf) (castellano)
- Addenda de enfermidade inflamatoria intestinal (pdf)
Protocolo de Atención educativa domiciliaria
Co obxecto de mellorar a atención a Conselleria impulsa, dentro da Estratexia Galega de Convivencia 2015-2020 un protocolo para a atención educativa do alumnado que deba permanecer convalecente no domicilio por lesión, doenza prolongada ou enfermidade crónica sempre a criterio médico. Neste protocolo determínanse os procesos de solicitude, tramitación, elaboración, coordinación e seguimento do programa individualizado, e a participación e apoio das familias. Así mesmo, facilítanse modelos dos principais documentos necesarios.
- Protocolo de prevención detección e atención educativa domiciliaria no ámbito educativo (pdf)
- Protocolo de prevención detección y atención educativa domiciliaria en el ámbito educativo (castellano) (pdf)
Orientacións sobre Plan de Convivencia
Achéganse orientacións para facilitar e acompañar os procesos de elaboración, revisión e actualización dos Plans de Convivencia dos Centros, no marco da normativa vixente.
- Orientacións sobre o plan de convivencia do centro educativo
- Orientaciones sobre el plan de convivencia del centro educativo (castellano)
Protocolo de identidade de xénero
- Protocolo educativo para garantir a igualdade, a non discriminación e a liberdade de identidade de xénero (pdf)
- Protocolo educativo para garantizar la igualdad, la no discriminación y la libertad de identidad de género (castellano) (pdf)
Protocolo de prevención e actuación nos ámbitos sanitario e educativo ante o risco suicida infanto-xuvenil
Este Protocolo enmárcase dentro das liñas estratéxicas da Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025, o Plan de Prevención do Suicidio en Galicia xunto co Plan de Saúde Mental de Galicia 2020-2024, e en cuxa elaboración participou activamente a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Elabórase este protocolo desde unha visión global multidisciplinar e interinstitucional desta problemática, sendo un modelo de actuación que pretende ser un marco global orientativo que cada centro educativo poderá adaptar e contextualizar á súa realidade e características concretas e formará parte do Plan de Convivencia.
Protocolo de actuación contra a violencia na infancia e na adolescencia no ámbito educativo
Achégase o Protocolo de actuación contra a violencia na infancia e na adolescencia no ámbito educativo co fin de que toda a comunidade educativa teña a información necesaria para proceder a este respecto.
I Plan de actuacións para a Igualdade nos centros educativos de Galicia 2016-2020
A Comunidade Autónoma de Galicia e a Administración educativa amosa, coa publicación deste I Plan de actuacións para a Igualdade nos centros educativos de Galicia, o seu compromiso coa igualdade de oportunidades e de xénero coa finalidade de promover a construción dun novo modelo formativo capaz de abranguer por igual o feminino e o masculino. O camiño para avanzar cara á igualdade é a educación. O respecto, a liberdade e a igualdade son tres dos piares básicos.
- I Plan de actuacións para a Igualdade nos centros educativos de Galicia 2016-2020
- I Plan de actuaciones para la Igualdad en los centros educativos de Galicia 2016-2020 (castellano)
Guía de actuación ante casos de violencia de xénero no ámbito educativo
Achéganse orientacións para facilitar e acompañar as situacións de violencia de xénero que se produzan dentro do contexto escolar. A Guía ofrece un procedemento de actuación, estratexias de comunicación, recursos de apoio específicos e modelos de documentos tipo para documentar o proceso.
Protocolo de Protección de datos
Protocolo que recompila e aclara as cuestións normativas máis relevantes ao respecto da Protección de Datos de carácter persoal. Trátase dun documento vivo porque irá incorporando os diferentes cambios normativos europeos, estatais e autonómicos, así como os diferentes e progresivos ditames da Axencia Española de Protección de Datos, a medida que xurdan. Para facilitar o seguimento destes cambios, o documento incorpora unha táboa coa mención á versión de que se trata. Por todo iso recoméndase a súa consulta en formato electrónico.
Protocolo educativo para a prevención e o control do absentismo escolar en Galicia
Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020. Informe de diagnose
Documento que recolle os principais resultados agregados da diagnose elaborada no marco da Estratexia Galega de Convivencia (educonvives.gal). Todos os centros teñen, desde o mes de decembro, os seus informes personalizados, elaborados de modo automatizado e totalmente anónimo.
Este informe de diagnose supón unha visión global da nosa comunidade que sirva para tomar decisións de mellora baseadas en evidencias.
Enquisa de diagnose da convivencia 2025
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional pon en marcha este curso académico a V macroenquisa de diagnose da convivencia escolar, dirixida ao conxunto da comunidade educativa galega (alumnado a partir de 5º de educación primaria, profesorado, persoal non docente e familias).
Esta iniciativa enmárcase dentro da actual Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 e o prazo de participación estará aberto desde o 5 ata o 26 de maio, ambos os dous incluídos.
Os centros educativos establecerán as medidas necesarias para o acceso do alumnado ás aulas de informática para cubrir os cuestionarios. Do mesmo xeito, facilitarán a participación do profesorado e do persoal de administración e servizos.
En canto ás familias, a dirección do centro facilitaralles as claves de acceso coas indicacións precisas sobre como actuar.
Esta recollida de datos faise mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo, a través da aplicación convivenciaxestion (https://www.edu.xunta.gal/convivenciaxestion/).
Documentos de interese:
Identidade dixital
Que é unha conexión segura?
Como podemos exercer unha cidadanía activa e participativa en Internet?/p>
Que é o sexting? É certo que en Internet non hai fronteiras?
... así máis de 50 preguntas respondidas con rigor pero cunha linguaxe clara e cercana en forma de pequenas pílulas de vídeo e co apoio dunha guía de referencia. Porque todos podemos e debemos ser quen de ter unha identidade dixital coa que nos sintamos a gusto.
Contrato de vida dixital
