Skip to Content

Laboratorio TIC e Robótica

Polos Camiños da Paz.

Proxecto: mBotrato

Para conmemorar este día baixamos aos nosos pequenos mBots á entrada do cole para que de xeito incansable percorreran os camiños da paz. Déronnos moi bo exemplo, aínda que algún desorientábase por momentos e había que axudarlle un chisquiño. Como a vida mesma!!

 

Reto: Programar o mBot para que  seguise unha liña  branca, entoase o Himno da  Alegría de Beethoven e mostrase na patalla de LED diversos textos e/ou expresións.

Construímos o circuíto sobre un fondo negro con cinta illante branca.

mBotrato from Ceip Vistafermosa on Vimeo.

Curso de Robótica e Programación: Aula Virtual do CEIP VISTAHERMOSA

Nadal mBótico

           Boas Festas e Venturoso 2018

          

Nadal mBotico from Ceip Vistafermosa on Vimeo.

Un Nadal robótico

Comezamos co Proxecto Nadal robótico

Comunicación co LED do mBot, escribindo unha palabra ou pequena frase de felicitación de Nadal na cariña do Robot.

Matriz de LEDs do mBot from Ceip Vistafermosa on Vimeo.

mBot semáforo

Obxectivo do día: Programación da placa do mBot para que os LEDs funcionen coma un semáforo

 

mBot semaforo from Ceip Vistafermosa on Vimeo.

Obradoiro de Robótica

Guía de montaxe dun robot mBot en pdf

Guia montaxe mbot pasos 1-41º Comezamos desembalando as pezas e identificamos os elementos que o compoñen:

  • Unha placa base chamada MCore  con conectores e portos, leds, sensores, un zumbador, interruptor, etc, que é o cerebro do robot.
  • Un chasis
  • 2 Motores
  • 2 Rodas con cadanseus zapatiños
  • 1 Mini roda auxiliar
  • Un sensor segue liñas e un de ultra sons
  • 1 Módulo Bluetooth
  • Batería de litio e caixa porta baterías
  • Cables
  • Parafusos, porcas e 1 desaparafusador.

2º Montamos os motores, para iso precisamos 4 parafusos longos e as porcas.

Mentres, poñémoslle os zapatiños ás rodas. 

Cando estean os motores aparafusados, colocamos as rodas con parafusos autoperforantes M2x9

3º Xiramos o chasis e na parte frontal colocamos o sensor seguidor de liña e a mini roda auxiliar centrado nos buratos do medio. Empregamos 2 parafusos M4X8, cambiamos o desaparafusador ao modo Allen

 4º De seguido aparafusaos o sensor de ultrason na parte dianteira con 2  parafusos de cabeza allen m4x8

montaxe mbot pasos 5-8

5º Colocamos os cables nos conectores e sacamos os cables polo oco do chasis á espera de montar a placa.

6º Collemos a MCore, abrímola e colocamos con moito coidadiño o módulo Bluetooth. Ollo ao encaixar os pins! Volvemos a encaixar a cuberta. 

7º Agora introducimos a batería de litio no soporte, sacando o cable pola fendedura lateral da caixiña e volvemos a pechala.

8º Encaixámola na parte inferior da placa.

9º Aparafusamos a MCore ao chasis,  cos 4 parafusos M4x8

10º E por último conectamos os cables e xa estaría montado o robot:

  • Conectar motores e batería.
  • Conectar o sensor de Ultrasons ao porto 3
  • Conectar o segueliñas no porto 2
  • Conectar a matriz LEDs no porto 1

Agora só temos que probalo ;-)

Música robótica

Este foi o noso primeiro proxecto programando con mblock.

Programamos o mBot para que interpretase dúas cancións. O arrolo "a, e, i, o, u" de M. Rico Verea e a melodía popular galega "Eu non sei que pasou no muíño"

O buzzer ou zumbador do robot, permítelle emitir sons bastante decentes (nós non somos moi esixentes)

Eu non sei. Partitura frauta

Así o fixemos:

- Dende os nosos sitios e cun rato inalámbrico iamos colocando os bloques coas distintas notas, xa que aínda non contamos con tablets.

programando en mblock

- No programa mblock, seleccionamos o grupo Robots  e o bloque  play tone on note ….. beat ……juegosrobotica.es

- O único que tes que ter en conta son as equivalencias entre as notas anglosaxonas e as latinas e seleccionar unha escala das 5 do piano.

- Tamén hai que seleccionar a duración das notas.

equivalencias notas

 

 

play tone

 

- O programa con mBlock 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

 

 

ESTE FOI O RESULTADO

Música robótica from Ceip Vistafermosa on Vimeo.

Fontes consultadas: https://juegosrobotica.es/musica-con-mbot/

Hoxe fálase de nós no Faro de Vigo

Invasión robótica nas aulas de Primaria

S. De La Fuente/ Ourense 20.11.2017 | 15:52

invasión robotica. Faro de Vigo

"No CEIP Vistahermosa de Ourense os venres hai obradoiro de robótica. O proxecto "Ola mundo!", co que o centro está a implantar este programa impulsado pola Consellería de Educación para introducir a robótica nas aulas de Primaria, extende as utilidades desta tecnoloxía ás matemáticas, as ciencias naturais, a plástica e incluso a música."

Le todo o artigo publicado no Faro de Vigo.

 Alumnos do CEIP Vistahermosa de Ourense na hora de Ciencias e Robótica. // Jesús Regal

Ola Mundo!

Imos convertir a nosa aula nun Espazo 'maker'. O obxectivo será fomentar  a creatividade a innovacion e aprender facendo.

Así de contentos estabamos tras recibir os nosos robots!mBots en Vistafermosa

PROXECTO OLA MUNDO! 

Robótica, deseño e creatividade

A quen non lle gustaría falar coas máquinas e que estas o entendesen? Este vai ser un dos retos do proxecto de robótica deste curso.

Co proxecto Ola Mundo! achegarémonos ao mundo da tecnoloxía, da programación e da ciencia con propostas que combinen aprendizaxe e xogo.

O BeeBot, foi o primeiro robot que se presentou no centro, trátase dun pequeno robot con apariencia de abella que se programa dende unha botoneira. Os alumnos/as de 6º crearon dous taboleiros na aula de plástica para poder interactuar con el.

Os taboleiros que se van creando están a disposición de todo o centro na biblioteca. 

1.- QUE EMOCIÓN XA ESTÁ AQUÍ O SAMAÍN!

taboleiro emocions beebot

Os alumnos/as de 6º presentan o taboleiro

beebot emocions e samain

Alumnos/as de 1º interactuando co robot

Dinámica de xogo

Tamén creamos un segundo taboleiro para traballar as árbores e froitos do outono:

2.- OS TESOUROS DO OUTONO

Os rapaces de 5º e 6º debuxaron distintos froitos desta época do ano como actividade en plástica, traballando distintas técnicas de coloreado e en lingua galega escribimos as descricións dos mesmos para crear unhas cartas que forman parte do xogo.

taboleiro beebot tesouros outono

Cartas e dinámica do xogo

Distribuir contido


by Dr. Radut