Skip to Content

Actividade concello

FOOTGOLF

Onte as nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria foron a experimentar FOOTGOLF ao campo do Pit&Putt Ourense, ubicado no Fonsillón.

Trátase dunha modalidade deportiva que mestura o golf e o fútbol. As normas e o campo son de golf pero xógase cun balón de fútbol embocándoo en ocos grandes de 53cm de diámetro. O encargado da explicación foi Roberto López Nogueiras, xogador seleccionado con España para disputar o Mundial de Orlando 2023.

Unha actividade novidosa e entretida que deu a coñecer ao noso alumnado un novo deporte.

Grazas ao Concello de Ourense por darlle a oportunidade ao noso colexio

CONTACONTOS IGUALDADE

Esta mañá, para rematar a nosa semana da muller, o alumnado de Educación Infantil e 1º de Primaria disfrutou do contacontos "A pequena gran inventora".

Actividade ofertada polo Concello de Ourense e realizada pola agrupación Trémola Teatro

ECONTROS CO AUTOR

Os alumnos/as de 5º de primaria, xunto con outros colexios, participaron no programa de animación á lectura: Encontro co Autor, "A Gruta da Torre" de Lois Pérez.

 Organiza o concello de Ourense.

Os nenos/as fixeron traballos e interpretacións e agora encóntranse co escritor.

Educación vial

As nenas e nenos de 1º de Primaria desfrutaron dunha actividade de educación vial orgranizada polo Concello de Ourense.

Entre outras cousas realizaron un contacontos, circularon pola aula como vehículos e peóns, xogaron, completaron un crebacabezas con sinais de tráfico e recibiron como agasallo unha lámina para colorear.

ENCONTRO INTERXERACIONAL NA RESIDENCIA DE O VISO

O alumnado de 6º de EP comparte actividades e xogos cos maiores da Residencia As Salinas de O Viso. 

Fixemos entre todos uns gorros de Cheff para adiantar os disfraces de Entroido, tamén participamos nunha sesión de ximnasia nun obradoiro de música cantamos todos xuntos varias cancións  acompañando con instrumentos tradicionais galegos.

Tamén tocamos a Oda a Alegría de Beethoven coa frauta e bailamos Terra de Tanxugueiras. Unha xornada chea de emocións onde o que primaba era acompañar aprender xuntos e pasalo ben.

 

Actividade promovida polo Concello de Ourense.

A TVG emitindo a noticia

Galería de imaxes 

Carreira de San Martiño 2022.

O pasado domingo desenvolveuse a XLV CARREIRA PEDESTRE POPULAR DO SAN MARTIÑO  e por suposto as nenas e nenos do colexio estiveron presentes.

O Concello premiou a todos os participantes cunha medalla.

Aquí están algúns dos nosos campións e campionas, aínda que houbo moitos máis aos que o catarro non lles deixou asisitir.

 

Publicado o listado definitivo de axudas para libros de texto, material escolar e comedores escolares curso 2021/2022.

https://ourense.gal/gl/actualidad/listado-definitivo-de-cualificacion-dos-expedientes-de-axudas-para-libros-e-comedores-escolares

Este martes 3 de xuño o alumnado de terceiro acudiu á Aula da Natureza de Oira para participar na actividade “Caderno de campo”, da man de Stella Estrada, da Concellaría de educación de Ourense.

O primeiro que fixeron foi aprender a distinguir entre ver e mirar, co obxectivo de facer un estudio polo miúdo dunha árbore autóctona: o carballo ou Quercus robur, como di a comunidade científica.

Descubriron que era aquilo das familias das árbores, analizaron as súas particulariedades e puxeron en acción todo o aprendido no propio bosque forestal de Oira.

Foi unha xornada moi motivante  que os deixou con gañas de seguir investigando! Aula da natureza

saúde bucodentalO martes 9 de abril tivemos no cole un obradoiro de hixiene bucodental, organizado polo Concello de Ourense.
O nutricionista Joel Campelo deulle ao alumnado numerosos consellos para seguir cando limpamos os dentes. Rompeu certos falsos mitos e recalcou a importancia de limpar os dentes como prevención de futuras enfermidades bucodentais.

O 27 de marzo tivemos no cole a actividade TI CONTAS, organizada polo Concello de Ourense, sobre a prevención de incendios forestais.

Ti contas

Inma Soto achegou ao alumnado a este tema tan relevante a través de tres interesantes actividades. Comezou contando un conto, no que o corzo Xuri tiña que fuxir do lume en compañía dos seus amigos. Despois, os nenos e nenas convertéronse en auténticos xornalistas escribindo unha noticia sobre un incendio no bosque. Por último, saímos ao patio e gozamos dun xogo na natureza onde tiñamos que ter atentos os cinco sentidos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut