Skip to Content

Gañadores do concurso SuperReto Digicraft

salial

PINBALL DO COLE DO FUTURO

Estamos moi felices porque o noso proxecto do Cole do Futuro resultou gañador no 

                 Concurso O SuperReto DigiCraft.

Equipo gañador SuperReto DigiCraftO alumnado de 6º realizou esta divertida e tecnolóxica aventura con gran entusiamo: deseñaron e crearon, con materiais de reciclaxe, un PINBALL interactivo con diferentes PINs que mostraban as propostas para o cole do futuro. Logo programaron en Scratch e coa Placa Makey Makey o xogo.

 

Estas son as ideas e propostas que queren no cole do futuro:

1 Un centro autosuficiente enerxéticamente

2  Dispoñer de  gafas de Realidade Virtual e hologramas para poder comprender conceptos, viaxar ao espazo, mergullarse polo mar,  ver museos...

3  Empregar a robótica, a maquetación, o deseño e a impresión en 3D para prepararnos para as profesións do futuro

4 Dispor de equipos informáticos eficientes e cunha boa conectividade nas aulas.

5 Un cole no que poder divertirse e compartir xogos.

No Pinball tamén incluímos 2 códigos QR: Que se priorice a experimentación sobre a instrución e a memorización e, que se poña en valor a nosa lingua,  cultura e tradicións

Neste vídeo mostramos todo o proceso

Entrega de premios SuperReto Digicraft 2021 - A partir do minuto 48 

22/06 Entrega de premios en Santiago

Comentarios

Noelia

Que ben!!!! moitos parabéns para ese alumnado e para a profe! A seguir traballando con ese gran entusiasmo!!!



page | by Dr. Radut