Necesitas
* Necesitarás unha pila 1,5 AA
* Un motor dun xoguete
*Un interruptor
* Uns cables
*Rotuladores para as patas
*Unha hélice para o contrapeso, nós empregamos un trozo de barra de cola termofusible.
Mans á obra pequenas enxeñeiras e enxeñeiros
1º Solda a pila o cable e o motor.
2º Termina o circuíto engadindo un interruptor
3º Pega con cola o circuíto na parte superior dun vaso, caixa de plástico, vaso de iogur... Utiliza a imaxinación
4º Toca agora colocarlle as patas-rotuladores, decide o número marca e pégaos coa cola termofusible.
5º Decora o teu robot. Tunéao e faino único!
Robot garabateador from Ceip Vistafermosa on Vimeo.