Actividade interdisciplinar Lingua Inglesa, música, plástica e robótica
Todo comenzou con Greta Thunberg, a moza sueca de 16 años, símbolo das protestas polo clima. "Non deberiamos ter que faltar a clase por loitar contra o cambio climático"
O xoves, 11 de abril, acudimos á chamada do CEIP O Couto, para unirnos a unha manifestación pola defensa do planeta e contra o cambio climático.
Na Praza Maior compartimos os nosos cantos e peticións cos colexios de O Couto, Irmáns Villar, Curros Enríquez, As Mercedes e Mestre Vide. Uns 500 rapaces e rapazas coas súas pancartas en prol dun desenvolvemento sostible e sobre todo cantando coa ilusión de axudar a reverter a situación do planeta.
QUE PODEMOS FACER NÓS PARA PREVIR OU REVERTER O CAMBIO CLIMÁTICO?
Moitos slogans, escritos en galego e inglés, con boas prácticas para conseguir un desenvolvemento sostible. Todas e todos podemos:
Reducir a cantidade de lixo, reusar e reciclar.
Evitar o uso de bolsas de plástico e produtos sobreenvasados.
Usar a bici e camiñar máis.
Consumir produtos locais e de tempada...
Todo comeza cunha canción: “CANTA POLO CLIMA” coa música de "Bella ciao" manifestamos a nosa preocupación polo quentamento global e polo destino do planeta.
Sing for the Climate from Ceip Vistafermosa on Vimeo.
Outras das actividades foi a gravación deste podcast que trata sobre medio ambiente e cambio climático