Skip to Content

blogue desalial

AGORA QUE SE ACHEGA O #25N

O día 25 de Novembro celébramos o día contra a violencia de xénero.

Compartimos algunhas actividades que fixemos.

Educación Plástica e Visual- Mural colaborativo co alumnado de 6º EP

cartel 25N

Música e E. Física Erre zenituzten-Danza. Homenaxe a todas as persoas adiantadas á súa época que sufriron a persecución, a violencia e a discriminación. 

danza 25N

Aula de música: Titorial para facer unhas auténticas vasoiras de bruxa:

titorial vasoiras

Charlas e presentacións a cargo do equipo de benestar e convivencia. Enlace

CREAMOS CON CARTÓN E MATERIAL DE REFUGALLO

ESCOBAS DE BRUXAS NO 25N

Para homenaxear o día contra a violencia de xénero preparamos unha danza éuscara "Erre Zenituzten" que é un canto á liberdade e un himno á diversidade. As bruxas da nosa danza representan a todas as mulleres libres que foron perseguidas e maltratadas por ser valientes, bravas e únicas.

Para a danza precisabamos unha vasoira e construímos unha. Aquí vos deixamos os pasos para facer unhas auténticas vasoiras de bruxa:

titorial vasoiras

CESTIÑOS DE CASTAÑAS

O Magosto é unha festa de xogos, lume e castañas.  

Despois dunha sesión de xogos tradicionais, chegaron os bolos preñados e un castañeiro asou as castañas no patio.

Para comelas quentiñas e deixar ben limpo o polideportivo, tiñamos preparados uns cestiños portacastañas. O noso deseño tiña dous lados, un para as castañas e o  outro para as cascas.

Festa si, pero con conciencia ecolóxica! 

porta castañas

 

A CONTAR NO SAMAÍN

1, 2, 3... A contar no Samaín

Esta actividade plástica e visual, intégrase no PDI do centro "Un, dous, tres... a contar outra vez". O alumnado de 6º EP, elixiu un personaxe dos recursos documentais da biblioteca escolar (libros, vídeos, revistas, xogos ...) e converteuno nun ser tenebroso do Samaín

A Carapuchiña Vermella, o Gato de Chesire de Alicia, O Gato con Botas, Vítor Van Dort... personaxes fantásticos vestidos e maquillados para dar moito medo.

Os debuxos están feitos sobre cartón e colgámolos dunha gran tea de araña.

 a contar no samaín

OBRADOIRO DE BOOKTRAILERS

Lectura e creación audiovisual

Roi Guitián, guiou ao alumnado de 5º neste reto: gravar e editar o trailer dun libro.

Os pasos que seguimos foron os seguintes:

-A rapazada, en grupos de 3 ou 4 escolleron un libro e fixeron un storyboard (debuxando e/ou escribindo o que querían gravar).  

A continuación fixeron a gravación coa tablet en diferentes escenarios do centro e logo editaron o vídeo coa aplicación CapCut. Se fas click nos elementos interactivos iconos interactivos poderás visualizar os 6 booktrailers.

Estes son os primeiros booktrailers pero seguro que virán moitos máis!

MENÚ ESCOLAR DO CURSO 2023-2024

Fai clic en cada menú para ver a imaxe ampliada

 SETEMBRO E OUTUBRO

setembro vegetables outubro menu                         

OBRADOIRO STEAM CON PAOLA GUIMERÁNS

Obradoiros con Paola Guimeráns, experta en Deseño, Téxtiles intelixentes e ensinanzas STEAM.

Desenvólveronse 3 talleres nos que as rapazas e rapaces crearon circuítos, camisetas intelixentes e cómics interactivos  partindo do proceso de "deseñar facendo".

1- Comezamos con Circuitos en papel, o alumnado de 4º fixo circuítos eléctricos con papel condutor e un LED,  co que iluminou unha casiña construída con papiroflexia. 

2- Placa Make Makey. En 5º programaron con scratch e deseñaron un cómic interactivo.

3- Microbit e Make Code neste  obradoiro  a rapazada de 6º deseñou unha camiseta con luces, música, detectores de temperatura... traballando en equipo,  creou programas sinxelos descubrindo as posibilidades da placa microbit. 
 

Este obradoiro enmárcanse no proxecto Biblioteca Creativa 

LETRAS GALEGAS 2023

Francisco F. del Riego. Escritor, xornalista, editor, profesor e político

O alumnado de 6º ilustrou estes cartaces na conmemoración desta data resaltando a faceta de Don Paco como gran escritor, editor, xornalista, divulgador, colaborador da BBC e como gran defensor da lingua galega.

Sulamita e Dani Marco, Mateo, Dacosta e Benja
Carla, Carlota e Saray Ezequiel, Sergio, Pablo e Pedro
Candela, Helena, Sofía, Xiana e Yosué

A SEDA E OS SEDEIROS DE GALICIA

Clase de historia e ciencias - A seda, orixe, historia e fabricación. 

Pepe Vieito achegouse ao cole a falarnos da seda. Comezou cun breve percorrido pola historia da seda, a ruta da seda, a chegada da seda á península, do gremio da sedaría en Monforte, do ciclo vital dos vermes e da fibra que se obtén.

Contounos que a industria da seda foi introducida en Galicia, polos monxes beneditinos na Ribeira Sacra no s. XIV e que os condes de Lemos impulsaron esta arte de luxo. 

Dos vermes de seda tamén aprendemos moitas cousas, a súa vida curiosa e breve, a súa fame voraz e selectiva (só follas de moreira), a obtención da seda... 

Algo  que nos sorprendeu a todas/os foi saber que os vermes xa non son quen de sobrevivir en liberdade, ao levar tantos séculos sendo alimentados e coidados, esqueceron o seu instinto de supervivencia.

Seda e sedeiros de Galicia

Para saber máis lede este artigo de Pepe publicado na Revista Raigame núm XVIII "O cultivo da seda en Galicia"

 

Os Maios

Durante esta semana o alumnado de 6º  trouxo flores, fiuncho, xestas e fento  e decoraron o Maio. Tamén escribiron coplas.

Os Maios

Música: Maios- Habelas Hainas

COPLAS DOS MAIOS 2023

 

As árbores alimentan en LSE

Poesía en Lingua de signos

O alumnado de 3º signa e recita o poema "As árbores alimentan" en Lingua de Signos, un poema saboroso do libro "Poemas con piruleta" de Carlos Fontes.   

As árbores dannos madeira, combustible, alimento, fermosura, menciñas, son o fogar de moitos animais... e tamén nos dán os versos deste poema co que aprendemos a signar as árbores froiteiras e os seus froitos en lingua de signos.

Voces: Alicia, Jimena, Saúl, Rubén, Bryan, David, Bruno e Anna.

Música: O camiño dos paxaros de Magín Blanco. Álbum Camiños

Distribuir contido


by Dr. Radut