Skip to Content

Articles

OBRADOIRO DE ROBÓTICA E TECNOLOXÍA

Que é o primeiro que che ven a mente cando pensas nun robot?

Son máquinas, pódense programar, teñen sensores, poden ter mando, poden realizar diferentes traballos, poden ter forma humana, pódese xogar con eles...

Ás rapazas e rapaces de educación primaria desfrutaron deste obradoiro de robótica programando diferentes robots, algúns desde a botoneira e outros cunha linguaxe de programación por bloques.

Cos robots desenvolvemos as competencias STEAM: a resolución de problemas, o pensamento lóxico computacional, a creatividade e tamén contribúen ao desenrolo emocional como é  o caso do robot Codey Rocky.

cultura maker

Actividade impartida por Dreams to Space

Flores en 3D con versos de Xela Arias

Comezamos deseñando e  imprimindo 160 unidades de flores en 3D 

flores en 3D Tinkercad Flores en 3D

Cada flor serviu de anel/soporte dun rolo de papel con versos de Xela Arias

flores e versos

As flores foron entregadas ao alumnado de cada clase por repartidores e repartidoras que empregaron os mBots con remolques feitos con distinto material de reciclaxe

 remolque mbot  remolques
 Rubén e Luís en plena construción  Nadia, Aitana, Carla e Martina dando os útlimos retoques

O alumnado de 6º foi o encargado das entregas, para iso tiña que cubrir un recibo de entrega e a súa vez a clase tiña que asinar a conformidade co produto entregado.

 Tamén imprimimos as letras do nome de Xela Arias en 3D que luciron cos retratos expostos nos corredores do centro.

letras

 Actividade realizada polo equipo Biblioteca creativa, ENDL e AAEE

"Xeografías Lectoras na Biblioteca Escolar"

Actividade interdisciplinar de lectura e investigación, ciencia, cartografía e robótica.

1. Co fin de recoñecer o papel que desenvolveron as mulleres na ciencia e promover as vocacións científicas entre as nenas, publicouse no Blog da Biblioteca escolar esta presentación con vídeos sobre referentes científicos femininos.

2. Xogo  xeográfico e científico con escornabots. Tras ver a presentación, cada xogadora ou xogador ten que programar o escornabot ata o país de orixe de cada investigadora. Material necesario: un planisferio, taboleiro, 4 escornabots situados nos puntos cardinais e tarxetas de científicas.

 

Para ler máis: A sombra do érbedo, Blog da Biblioteca escolar

Biblioteca Creativa

Imos de ruada cos escornabots 

Durante a semana de Entroido,  estivemos percorrendo a provincia cos escornabots e cos personaxes típicos de cada vila.

Co libro guía  "Os Bolechas, o Entroido ourensán 2021" e con este xogo aprendemos a recoñecer cada máscara, traxe e tradición á vez que mantemos vivo o espírito desta entrañable festa nestas datas tan excepcionais. 

Material para xogar: un taboleiro co mapa de ourense, máscaras, escornabots e o libro dos Bolechas.

Biblioteca creativa

Rosalía de Castro. Teus doces cantares

O 24 de febreiro é o aniversario de Rosalía de Castro e queremos homenaxeala realizando a seguinte actividade: 

Gravade e achegade un vídeo curto con música a partir dun poema de Rosalía. Podedes cantar, movervos libremente cunha das cancións, ler con ritmo un poema, facer a vosa propia versión, crear un Stop-Motion, unha presentación de diapositivas… Debido á situación que estamos a vivir, propoñémosvos realizala nesta semana dende os fogares e animámosvos a que participedes todas/os.  Esperamos os vosos vídeos!

Rosalía

Proposta da Asociación de Escritores de Lingua Galega

Podedes achegar as gravacións picando no seguinte enlace:

 Rosalía Desconfinada

  1. Accede a través dunha conta de correo 

  2. Grava o vídeo pulsando Record a response 

  3. Ao picar na frecha verde subirá automáticamente.

  4. Se usas o móbil, descarga a APP Flipgrid e escribe o código da actividade: https://flipgrid.com/4af3942e

#rdc_2021 #TeusDocesCantares   #CoaForzadeRosalía

Deseño e impresión de símbolos da paz en 3D

Con motivo da celebración do "Día Internacional da Paz e Non Violencia", dende o Equipo de Biblioteca e AAEE propuxéronse diversas actividades coa mensaxe de A PAZ É A SOLUCIÓN

- Exposición na entrada do centro das Pombas mensaxeiras da paz.

- Concurso de Banda deseñada e Escape Book dirixido a todo o alumnado.

- Bailando pola Paz:  Cancións e bailes que preparamos nas aulas de música, EF e psicomotricidade. 

- Deseño e impresión en 3D de símbolos de Paz. Na seguinte presentación podedes ver as pezas que imprimimos durante este mes.

 

Coa Guía rápida para pasar unha imaxe 2D a 3D, empregando os programas InkScape e FreeCAD, ambos software libre,  transformamos debuxos en pezas en 3D. 

Recursos: Tinkercad, FreeCad, InkScape, Thingiverse, Impresión 3D+Makers

Bibliotecas creativas e Escornabots

Durante o 2º trimestre o alumnado de 6º de EP participou activamente na cadea de montaxe de 3 escornabots. 

Organizamos a clase en 3 grupos para ir rotando por 3 obradoiros que se estaban desenvolvendo de xeito simultáneo:

Obradoiro 1. Ensamblaxe dos escornabots e conexións eléctricas. En grupos de 8 alumnas/os e de xeito colaborativo foron montando e conectando os robots seguindo as instrucións. Un/nha alumno/a de cada grupo encargábase de facer as fotos das distintas fases da cadea de montaxe coas que se editou o seguinte vídeo.

Obradoiro 2. Debuxos para novos taboleiros e redacción da dinámica de xogos.

Obradoiro 3. Xogo con escornabots: taboleiros de ciencias, medio ambiente "Quiz eco-sostible", entroido escornabótico, ...

 

Instrucións para a montaxe e conexións dos Escornabots 



by Dr. Radut